Barreiros, 10 de outubro de 2020. A alcaldesa de Barreiros, Ana Ermida, lémbralle ao concelleiro do Partido Popular en Barreiros, José Manuel Gómez Puente, que foi concelleiro de goberno na área de medio ambiente durante catorce anos que “non é o momento de facer política coa necesidade de depuración de augas residuais; se non de aportar as solucións que non executaron mentres gobernaron.”
Ante as declaración vertidas no día de onte polo concelleiro popular, Ana Ermida lémbralle que o Concello de Barreiros ten un orzamento total de pouco máis de 3,5 millóns de euros. E que a día de hoxe continúa a pagarse unha débeda que se xerou durante os seus anos de goberno, o que afoga a economía municipal.
“Se a construción da depuradora fose unha cuestión de mera colaboración, entendemos que o que ata hai pouco máis dun ano era responsable de medio ambiente en Barreiros xa a tería construído. E máis cando de 14 anos de goberno, coincidiron 10 de goberno popular na Xunta”, afirma a alcaldesa.
Ermida pídelle ao Partido Popular que deixe de tentar embarrar a política municipal e que xa que non fixeron nada en 14 anos “que, cando menos, deixen traballar a quen o está a facer”.
A alcaldesa explicou que teñen contactos con Augas de Galicia e coa Consellería e que están tratando de solucionar unha cuestión de suma importancia que o Partido Popular mentres gobernou Barreiros non tivo ningún interese en atallar. “Sendo conscientes da importancia do investimento, ademais, estamos analizando alternativas que poidan ser viables economicamente, á vista da posición da Xunta sobre o finanzamento.”
Segundo informou a alcaldesa, ten tamén solicitada tanto telefonicamente como por escrito, unha entrevista co novo delegado da Xunta en Lugo coa intención de trasladarlle as necesidades do municipio, ao igual que xa fixera co anterior delegado no momento da chegada á alcaldía.
“Se Gómez Puente está tan preocupado por este tema, que contribúa a implicar á Xunta de Galicia gobernada polo seu partido, explicándolles a situación na que se atopa o municipio e a imposibilidade real de asumir un custo de máis dun millón de euros para Barreiros, e máis tras a súa xestión, para que a súa implicación sexa maior, coma noutros concellos como Abegondo, onde financian o 83% do orzamento”, conclúe Ermida.




















Este lume iniciouse ás 14.51 horas do luns e para a súa extinción mobilizáronse, de xeito acumulado, 2 técnicos, 14 axentes, 20 brigadas, 21 motobombas, 1 pa, 5 helicópteros e 7 avións.
José Luis Teso Celis é o vendedor da ONCE que repartiu estes cartos na localidade mariñá, desde o seu punto de venda situado na Avenida da Mariña, número 46.
Durante a xornada realizarase un mural inspirado na obra Diálogo (1946) de Luís Seoane, que Maruja Seoane levou a tapiz ese mesmo ano. A organización convida a toda a veciñanza a participar con lecturas, conversas, cantos, bailes e un xantar compartido.
O xoves haberá unha gran sardiñada no Campo da Pascua e o venres dedicarase ao Día do Neno con atraccións a prezos populares. A organización corre a cargo da Comisión de Festas de San Xoán de Covas coa colaboración das administracións locais e autonómicas.
Os subcampións foron Benja e Álvaro. O torneo reuniu no Real Club Náutico arredor dun centenar de xogadores procedentes de Galicia, Asturias e Castela e León, consolidándose como unha das citas máis destacadas do calendario musístico da costa lucense. Desde LuMus agradecen “el apoyo del Concello de Ribadeo, del Real Club Náutico de Ribadeo, de Mapfre y del resto de colaboradores y patrocinadores que hicieron posible esta cita, que dio comienzo a primera hora de la mañana y se prolongó durante toda la jornada del sábado”.
O festival De Cabo a Cabo, organizado por Fanto Fantini cunha achega provincial de 20.000 €, puxo en valor a diversidade cultural de Burela, onde o 10% da poboación é de orixe caboverdiana. A programación espallouse por varios espazos da vila con música, intervencións artísticas e torneos deportivos, e contou coa presenza de artistas como Baiuca, DJ Danifox, DJ Kandole, Batuko Tabanka, Lilaina ou Saya. A contribución da Deputación permitiu cubrir a infraestrutura técnica e loxística, así como os custos de organización e contratación das actividades.
O Concello destaca que este novo éxito é froito do compromiso, do esforzo e da dedicación constante do deportista, cualidades que lle permiten seguir acadando resultados destacados a nivel estatal. Desde a entidade municipal transmítense os parabéns a González Villares por este subcampionato de España.



