Lugo, a 25 de outubro de 2020. O grupo provincial popular dá un paso máis no seu intento de que a delegación de Vías e Obras da Deputación funcione axeitadamente, para que manteña en boas condicións as estradas provinciais, esenciais para a adecuada vertebración da provincia. Despois da crítica feita ao presidente da Deputación, José Tomé, porque, no seu papel como responsable directo de Vías e Obras, non é capaz de manter as estradas en bo estado e de pedirlle que renuncie a desempeñar esta delegación, agora o PP propón a quen considera a persoa idónea, dentro do equipo de José Tomé, para asumir esa importante delegación. O portavoz provincial dos populares, Javier Castiñeira, sinala: “Dende o grupo provincial do PP entendemos que a persoa máis axeitada para levar a delegación de Vías e Obras, que actualmente está abandonada polo alcalde de Monforte e presidente da Deputación, José Tomé, é o señor Roberto Fernández Rico, alcalde de Ribeira de Piquín”.
Castiñeira explica o porque da súa proposta: “Entendemos que esta persoa é a adecuada por varios motivos: por un lado, porque leva unha delegación menor (Recursos Sostibles), que é moi pouca delegación para alguén xove que podería dedicarse moito máis á Deputación de Lugo. Por outro lado, porque a día de hoxe esa delegación está absolutamente abandonada polo propio presidente da Deputación, que prefire atender, como é lóxico, á presidencia da Deputación e tamén á alcaldía de Monforte, a costa de abandonar a rede viaria máis extensa das provincias de España; isto último non o dicimos nós, senón o propio presidente Tomé”.
O portavoz popular destaca: “Para unha rede viaria tan extensa necesítase un delegado ao 100%. Cremos que este alcalde, xove e que está nunha delegación provincial menor, podería facer un traballo moitísimo mellor que o señor Tomé. Poderíase dedicar a coñecer o estado das estradas e a velar polo seu mantemento. Pero, por riba de todo, podería escoitar a todos aqueles alcaldes que están pedindo melloras en estradas provinciais que pasan polos seus concellos, que vertebran a provincia e que a día de hoxe non están ben atendidas. Por todo iso, esta é a nosa proposta”.
Castiñeira fai un chamamento a José Tomé: “O presidente da Deputación é un veterano e sabe que é de sabios rectificar a tempo e neste caso é unha rectificación necesaria; a persoa adecuada para esa delegación é, dentro do equipo do presidente na Deputación, o alcalde de Ribeira de Piquín, Roberto Fernández Rico”.
























A restrición de circulación manterase durante a xornada mentres se desenvolvan os labores, que teñen como obxectivo garantir a seguridade viaria e facilitar a execución dos traballos. Durante este tempo, as persoas que necesiten acceder ás zonas de Santo Albites, Pénjamo ou San Lázaro deberán facelo polo acceso de Río dos Foles. O Concello de Viveiro agradece a comprensión da veciñanza e recomenda extremar a precaución e seguir a sinalización habilitada mentres duren os traballos.
Félix Jorquera pasará polos micrófonos de RadioVoz ao concelleiro de Mar, Ramiro Fernández; á presidenta de Ledicia (entidade organizadora), Rocío Rivera; ao presidente da Fedaración estatal de confraría de pescadores, Basilio Otero; ao xerente de Expomar, José Manuel González; ao membro de Fanto Fantini (entidade organizadora do Festival Osa do Mar), Diego Campo; á pregoeira Paula Jorge Hora; ao cociñeiro Bruno Pena e á alcaldesa e Presidenta da Deputación, Carmela López.
Comezou o mércores ás 13,35 horas e para a súa extinción mobilizáronse, ata o de agora, 2 técnicos, 10 axentes, 20 brigadas, 17 motobombas, 3 pas, 3 helicópteros e 2 avións.
O obxectivo deste aviso é que a cidadanía coñeza esta circunstancia con antelación e, especialmente, que as persoas con sensibilidade aos ruídos, así como as persoas propietarias de animais de compañía, poidan adoptar as medidas que consideren oportunas. O Concello agradece a comprensión e a colaboración durante estes días de celebración.
A obra, dirixida por Pepablo Patinho e preparada por rapaces de 10 a 14 anos ao longo do curso, servirá de antesala ao certame e permitirá visibilizar o labor formativo da Escola e o compromiso de Cariño co teatro desde idades temperás. O Concello anima á veciñanza e visitantes a asistir a esta cita que marca o inicio dunha nova edición na que o teatro volverá situar a vila como referente cultural galego.
O acto terá lugar ás 18:30 no paseo da Dársena, onde se instalará un hito que lembra a súa distinción como Fillo Predilecto de Navia. Tamén se descubrirá a placa dos gañadores absolutos da LXVII edición do Descenso, celebrada en 2025. “Moreno”, falecido en 2023, dedicou máis de seis décadas a impulsar esta cita deportiva, converténdoa nun referente nacional e internacional. A alcaldesa, Ana Isabel Fernández, destacou que foi “a alma máter do Descenso” e convidou á veciñanza e participantes a asistir ao acto de recoñecemento.
Autoridades autonómicas, municipais e representantes da Apehl acompañaron o anuncio. O estand da marca estará na zona VIP da saída de cada etapa, onde se ofrecerán petiscos con produtos lucenses e material promocional, incluída a guía turístico-gastronómica. Cheché Real destacou a continuidade do proxecto e agradeceu o apoio institucional. A acción conta coa colaboración de numerosos consellos reguladores, entidades agroalimentarias e empresas da provincia.



