A lexislación estatal e autonómica sanitaria e, na Galicia, a lexislación de emerxencias promulgada polo goberno de coalición BNG-PSdeG no 2007, fornece de case todos os principais instrumentos para que as Autoridades sanitarias galegas poidan adoptar medidas efectivas nesta crise pandémica, entre elas o incautamento de productos e medicamentos, racionamentos, restricións de aforos e imposición de prestacións personais obrigatorias ás persoas vencelladas cunha relación especial de suxeición coas Administración Públicas (empregados, contratistas e concesionarios públicos).
Mesmo a Lei Orgánica 3/1986, de medidas especiais no eido da saúde pública, permítelle ás Autoridades Sanitarias galegas a adopción de medidas de hospitalización, control e tratamento de persoas cando exsita perigo para a saúde pública pola situación sanitaria concreta dalgunhas persoas. Esta caste de medidas precisa da aprobación xudicial e só se refiren a esa situación sanitaria de persoas doentes ou, cando menos, positivas .
Cál é, pois, a deficiencia normativa a respecto das competencias da Xunta de Galicia? A posibilidade de adoptar medidas de restrición xeral de mobilidade, quer nun concreto tempo, quer para sair ou entrar nun territorio (confinamento), cando as persoas destinatarias non teñan vencello ningún coa doenza pandémica por mor dunha previa diagnose.
O estado de “alarma” (alerta, na nosa lingua galega) decidido o 25-Ou por Pedro Sánchez trabúcase outravolta na imposición duns marcos xerais de restrición da mobilidade nocturna para todo o Estado (23.00 ás 06.00 , que os Gobernos autonómicos poden aquelar até fixar unha restrición mínima de cinco horas, entre 0.00 e 05.00 am e máxima de nove horas, dende as 22.00 até as 07.00 ). Se confiamos á Autoridade Delegada nos Gobernos Autonómicos éstes haberían ter a competencia toda para decidir, baixo esta cobertura xurídica, se activan ou non estas restricións e, se o fan, en que franxa horaria e en que territorios dentro da súa xurisdición. Outravolta abrolla algo moi característico da tradición xurídica e da gobernanza do Estado español: o medo ás solucións territoriais e locais, que son as máis acaídas, neste suposto, a cadansúas realidades epidemiolóxicas dos distintos territorios.
Por outra banda, a suposta proscrición do Mando Único ven moi limitada polo intervencionismo do (incompetente e inexistente, na praxe) Ministerio de Sanidade a medio da Comisión Interterritorial do Sistema de Saúde, que actúa como órgano de suposta cogobernanza. Mais cumpriria definir de vez que este órgano só pode actuar como instancia plurilateral a xeito de acordo unánime ( a Lei estatal de cohesión e calidade do sistema sanitario de 2003 fala de “consenso”). De non se acadar éste cumpriría recoñecer a plena capacidade normativa e executiva dos Gobernos autonómicos nos marcos deseñados polo estado de “alarma” arestora vixente,
O chamado estado de “alerta” era preciso para que os Gobernos autonómicos puidesen ditar restricións xerais da mobilidade para persoas non doentes nin positivas.. Mais só se require como paraugas xeral, nunca como marco de mínimos. Porque na Galicia só o Goberno e Administración galegas, baixo o estrito control do Parlamento, teñen o coñecemento e a lexitimidade para decidir neste eido.
Galicia precisa de moitas medidas, mais non de que o Estado lle impoña con carácter xeral unha restrición da mobilidade nocturna que só a Xunta habería adoptar para as datas, horas e lugares epidemiolóxicamente precisos.
























A restrición de circulación manterase durante a xornada mentres se desenvolvan os labores, que teñen como obxectivo garantir a seguridade viaria e facilitar a execución dos traballos. Durante este tempo, as persoas que necesiten acceder ás zonas de Santo Albites, Pénjamo ou San Lázaro deberán facelo polo acceso de Río dos Foles. O Concello de Viveiro agradece a comprensión da veciñanza e recomenda extremar a precaución e seguir a sinalización habilitada mentres duren os traballos.
Félix Jorquera pasará polos micrófonos de RadioVoz ao concelleiro de Mar, Ramiro Fernández; á presidenta de Ledicia (entidade organizadora), Rocío Rivera; ao presidente da Fedaración estatal de confraría de pescadores, Basilio Otero; ao xerente de Expomar, José Manuel González; ao membro de Fanto Fantini (entidade organizadora do Festival Osa do Mar), Diego Campo; á pregoeira Paula Jorge Hora; ao cociñeiro Bruno Pena e á alcaldesa e Presidenta da Deputación, Carmela López.
Comezou o mércores ás 13,35 horas e para a súa extinción mobilizáronse, ata o de agora, 2 técnicos, 10 axentes, 20 brigadas, 17 motobombas, 3 pas, 3 helicópteros e 2 avións.
O obxectivo deste aviso é que a cidadanía coñeza esta circunstancia con antelación e, especialmente, que as persoas con sensibilidade aos ruídos, así como as persoas propietarias de animais de compañía, poidan adoptar as medidas que consideren oportunas. O Concello agradece a comprensión e a colaboración durante estes días de celebración.
A obra, dirixida por Pepablo Patinho e preparada por rapaces de 10 a 14 anos ao longo do curso, servirá de antesala ao certame e permitirá visibilizar o labor formativo da Escola e o compromiso de Cariño co teatro desde idades temperás. O Concello anima á veciñanza e visitantes a asistir a esta cita que marca o inicio dunha nova edición na que o teatro volverá situar a vila como referente cultural galego.
O acto terá lugar ás 18:30 no paseo da Dársena, onde se instalará un hito que lembra a súa distinción como Fillo Predilecto de Navia. Tamén se descubrirá a placa dos gañadores absolutos da LXVII edición do Descenso, celebrada en 2025. “Moreno”, falecido en 2023, dedicou máis de seis décadas a impulsar esta cita deportiva, converténdoa nun referente nacional e internacional. A alcaldesa, Ana Isabel Fernández, destacou que foi “a alma máter do Descenso” e convidou á veciñanza e participantes a asistir ao acto de recoñecemento.
Autoridades autonómicas, municipais e representantes da Apehl acompañaron o anuncio. O estand da marca estará na zona VIP da saída de cada etapa, onde se ofrecerán petiscos con produtos lucenses e material promocional, incluída a guía turístico-gastronómica. Cheché Real destacou a continuidade do proxecto e agradeceu o apoio institucional. A acción conta coa colaboración de numerosos consellos reguladores, entidades agroalimentarias e empresas da provincia.



