Lugo, a 26 de outubro de 2020. O grupo popular defenderá na sesión plenaria que celebrará mañá a Deputación unha moción que, de ser aprobada, xunto á manifestación do firme compromiso do organismo provincial en defensa da propiedade privada, se instará ao goberno provincial a dirixirse ao Goberno de España para que inicie os trámites que permitan mellorar o marco normativo que regula o delito de usurpación de inmobles, o que se vén denominando okupación.
O deputado provincial Óscar Poy sinala: “Á okupación podémonos achegar desde tres perspectivas: a do propietario, que ve violentados os seus dereitos; a dos veciños, que sofren o quebranto da convivencia social, e a das persoas que se atopan en situación de emerxencia social, de vulnerabilidade por motivos de vivenda; no PP temos claro que o apoio e a protección destas persoas e compatible co apoio aos propietarios afectados e aos seus veciños”. Engade: “Non existe conflito de dereitos entre propiedade e acceso á vivenda, pero o certo é que o exercicio do dereito a unha vivenda non pode ser entendido como a violación dos dereitos doutros”.
Poy tamén declarou: “Dereito á vivenda non é sinónimo de vivenda gratis nin de escoller a que queiras. A okupación xera, no lexítimo propietario e nos seus veciños, ansiedade e alarma; ten custes económicos. Os recursos normativos actuais resultan insuficientes para facer fronte aos okupas, limitando a actuación das Forzas e Corpos de Seguridade do Estado e alongando no tempo os procesos xudiciais”.
Os populares explican: “Polos motivos expostos e porque o fenómeno da okupación lonxe de reducirse aumenta, presentamos unha moción no pleno provincial, para instar ao goberno bipartito a que apoie unha iniciativa que responde a unha ampla demanda social, que é prudente e beneficiosa para o conxunto da cidadanía. Por unha vez non adiemos o traballo e aportemos solucións aos problemas reais. Agardamos que polo menos os deputados socialistas sexan quen de poñerse a carón da veciñanza e non sexan reféns da ideoloxía ultra dos seus socios”.
Na moción popular proponse a modificación do artigo 245 do Código Penal co fin de reorientar e adaptar o tipo penal de usurpación á situación actual. Demándase a previsión dun procedemento ou xuízo rápido ou inmediato que recorte o tempo de duración dos litixios derivados das okupacións, de modo que se poida efectuar en menos de 48 horas. Outra das propostas incluídas na moción é a de establecer a prohibición de que persoas que ocupen ilegalmente un edificio poidan empadroarse no mesmo. Igualmente, con esta iniciativa perséguense as modificacións lexislativas tendentes a reforzar e facilitar a adopción de medidas para o desaloxo de inmobles dende o primeiro momento en que se aprecien indicios de infracción penal; deste modo, as corpos e forzas de seguridade, en doce horas despois de denunciada a okupación, poderían desaloxar o inmoble.

















Este luns, 14 de setembro, visitaron Mondoñedo, a Praia das Catedrais e Santa Cruz. A viaxe evocou as lecturas de Cunqueiro e as súas Crónicas do sochantre, nun percorrido que incluíu a catedral mindoniense e o barrio dos Muíños, ademais da emblemática praia de Augas Santas. Pola tarde participaron nunha exhibición de billarda grazas á estimable colaboración dos billardeiros da comarca. O martes partirán de regreso a Loktudi.
A conselleira do Medio Rural, María José Gómez, acompañada pola directora xeral de Relacións Institucionais e Parlamentarias, Sandra Vázquez, e a directora xeral de Urbanismo, Encarnación Rivas, asistiu á ofrenda da Virxe dos Remedios en Mondoñedo.
Era o único ocupante do turismo e os Bombeiros de Vilalba tiveron que excarceralo. Ao fío das 13:30 horas, un particular informou ao 112 Galicia dun coche que se saíra da vía e acabara batendo contra unha árbore no quilómetro 75 da N-640, en Ludrio (Castro de Rei). O propio alertador sinalou que o accidente semellaba grave polo estado no que quedara o vehículo. Cando chegaron ao lugar, os servizos de emerxencias confirmaron que só había unha persoa implicada,un home que resultou falecido e foi excarcerado polos bombeiros. No operativo participaron Urxencias Sanitarias de Galicia-061, a Garda Civil de Tráfico, os Bombeiros de Vilalba e os servizos de mantemento da estrada.
O director xeral agradeceu aos membros e traballadores da entidade todo o seu labor na defensa dos dereitos dos máis novos. Deste xeito, puxo en valor a súa traxectoria e o compromiso cun modelo integrador e inclusivo no que os menores do sistema de protección vivan nunha contorna totalmente familiar. Neste sentido, Jacobo Rey fixo fincapé na importancia da colaboración entre a Xunta e o tecido social para seguir fortalecendo un sistema que garanta o benestar dos nenos e adolescentes, con centros como San Aníbal que conforman un auténtico fogar.
Na IV Festa dos Ovos Rotos con Chourizo e Feira de Artesanía, María José Gómez puxo en valor a importancia económica e social deste produto e o papel da artesanía alimentaria, con sete operadores presentes. Subliñou que o evento consolídase como unha cita que promove a gastronomía galega e recupera oficios tradicionais, dinamizando a vida económica e social de Castro de Rei.
Este luns, 14 de setembro, deu comezo un novo curso de español dirixido a persoas estranxeiras da man de Ecos do Sur, que se desenvolverá ata o 9 de outubro. A formación será dun total de 80 horas e as clases terán lugar de luns a venres, de 9:30 a 13:30 horas no Centro de Formación Ocupacional. O concelleiro de Inmigración, Mario Pillado, destacou o valor destas propostas para “facilitar ferramentas útiles ás persoas estranxeiras residentes no municipio e favorecer a súa integración, tanto social como administrativa”.
A programación arrancará de 13:00 a 15:00 horas cos pinchos de benvida e unha sesión vermú a cargo do DJ Peabody. A continuación, de 15:00 a 17:00 horas, terá lugar a comida na Finca San Antonio, cun menú composto por salpicón de rape e langostinos, codillo con patacas, pan, postre, café, chupito e bebida incluída. Os tickets teñen un prezo de 40 euros e poden adquirirse en O Rincón, Confitería Alianza, Comercial Anjor e Perruquería Oriola; os menores de 5 anos asistirán de balde e os de 6 a 10 anos contan cun desconto do 50 %. Xa a partires das 18.30 horas haberá sesión de música con Toxo Guayaba.



