A persoa vicepresidenta dos USA ten, constitucionalmente, moi poucas funcións. Só as de substituiren á persoa presidenta no caso de incapacidade, demisión ou morte e presidiren o Senado con voto cualificado no suposto de empate. Cando un partido ten, polo menos, 51 senadores sobre os 100 totais os vicepresidentes non adoitan concorrer ao Senado e delegan a súa función. Velaí que a elección da primeira muller vicepresidenta ( filla de persoas pertencentes ás minorías raciais) non lle garanta exercicio do Poder no curto prazo á electa Kamala Harris. Se o presidente non cesa a vicepresidenta non ten máis funcións que as que lle poida encargar o presidente.
Mais desta volta é difícil que este conto vaia ser o mesmo. Biden cumpre 78 o 20-N, o que incrementa (tampouco tanto) o risco de substitución a prol de Harris na presidencia. O que si abre substancialmente é a probabilidade que non repita como candidato, o que incrementará as posibilidades da californiana de ser a candidata demócrata no 2024.
Este feito esixirá da vicepresidenta unha ampla presenza política que a faga presente en todos os recunchos dos USA. Mais, a carón desta esixencia, Karmala Harris haberá desenvolver dende o minuto un “in office” unha axenda de reivindicación feminista e dos dereitos das minorías con propostas concretas que diminúan as radicais divisorias de renda e oportunidades da poboación branca coas minorías de cor. Propostas de radical defensa dos dereitos humanos diante da brutalidade policial. E de reivindicación dunha sanidade pública para todos, no ronsel da Obamacare.
Fronte desta axenda Harris terá boa parte das elites do Partido Demócrata-PD- (os Clinton, a presidenta da Cámara Baixa Nancy Pelosi ou o propio Presidente eleito Biden), mais a vicepresidenta é a única ponte viábel entre a Casa Branca e a á esquerda do partido, representada polos socialdemócratas de Sanders e por boa parte dos membros dos Socialistas Democráticos Americanos -SDA- (onde partillan as deputadas federais da Cámara Baixa Alexandra Ocasio-Cortez e Rashida Tlaib) e os movementos sociais, entre eles o Black lives matter. Unha á esquerda que non vai ficar parada en canto decorran meses sen enfrontar solucións dende Washington a respecto dos fondos problemas de racismo e inxustiza social da América de 2020.
É verdade que Karmala Harris non é, porén, unha revolucionaria, senón unha progresista pragmática que non dubidou en desenvolver un relato de law and order cando foi fiscala en San Francisco (2004-2011). Mais como senadora e candidata defendeu propostas que, sen chegar ás de Sanders, Ocasio-Cortez e Tlaib debullan unha axenda vencellada ao progreso das minorías e das persoas en risco de exclusión.
Porén, cómpre lembrar que USA é un sistema federal onde a Administración de Washington ten amplos poderes nas políticas de defensa e exterior e capacidades moito máis curtas na política interior, só vencelladas á lexislación de dereitos civís, mercantil e laboral, as grandes infraestruturas comúns e ao financiamento de determinados programas de axuda sanitaria e social que poidan executar as Administracións estatais e locais.



















Durante esas xornadas realizaranse estudos xeotécnicos imprescindibles para planificar correctamente as actuacións previstas, o que require que a maquinaria e o persoal traballen directamente sobre a infraestrutura, impedindo o paso de vehículos. Recoméndase ás persoas usuarias empregar rutas alternativas durante o corte, que só permitirá o acceso ás dúas vivendas situadas na Barxa. O Concello pide desculpas polas molestias e agradece a colaboración da veciñanza.
Afirman que os accesos ao Campo da Festa resultan moi dificultosos, especialmente para persoas con carriños de nenos ou cadeiras de rodas. Critican que a obra se trasladase a esta zona xusto antes das festas, deixando outros tramos a medio facer e sen ter en conta as necesidades dun barrio que consideran “marxinado”. Sinalan tamén á alcaldesa como responsable de evitar esta situación. A veciñanza esixe un arranxo inmediato do acceso, aínda que sexa provisional, e a instalación dunha sinal luminosa na alambrada situada ao final da obra.
Estivo arroupado nun salón de actos repleto de xente.
A actividade, dirixida pola especialista Nuria Torrado, ofreceu ás crianzas un espazo para desfrutar, moverse, xogar e aprender a conectar co seu corpo e coa respiración mediante exercicios e dinámicas adaptadas ás súas idades. No último día, a rexedora Dolores García Caramés achegouse para compartir un anaco cos participantes, escoitar as súas impresións e agradecer o traballo da monitora, incluso sumándose a algunhas das actividades. A proposta pecha cun moi bo sabor de boca, como unha experiencia para aprender, divertirse e medrar en movemento.
Ao longo destas semanas, arredor de 20 nenos e nenas iniciáronse e melloraron as súas habilidades neste deporte, desfrutando do exercicio, aprendendo e pasándoo en grande. O Concello agradece a participación da rapazada e o apoio das familias, e reafirma a súa aposta polo deporte e por ofrecer alternativas de ocio activo para os máis pequenos. A actividade estivo organizada polas Concellerías de Xuventude e Deporte e pola Oficina de Información Xuvenil.
A actuación estará a cargo da Coral Polifónica de Ribadeo coa colaboración do Coro Sagrado Corazón. A entrada solidaria ten un prezo de 6 euros e poderá adquirirse na billeteira do teatro o mesmo día, en horario de 12:00 a 13:30 e desde as 19:00 horas. O evento conta coa colaboración da AECC Lugo, o Concello de Ribadeo e o espazo cultural Castillo San Damian.
Trátase dun espazo seguro, educativo e dinámico, no que os máis pequenos poden comezar o día antes da entrada ás aulas. As solicitudes poden presentarse no Concello de Cervo ou na Casa da Cultura, e o servizo comezará o 9 de setembro. Cervo Madruga, un programa pensado para seguir apoiando ás familias do municipio.



