Remato de ver a estatística. Un pouco antes das oito da mañá somos no mundo 7 822 868 455 persoas. Volvo mirar. Xa non, o contador xa vai en 7 822 868 570 persoas. Cando vexas isto, seguro que os números son moi diferentes, mesmo incluídas as deceas de millón. Os datos son, naturalmente, aproximados (neste caso, obtidos de https://www.worldometers.info/). Impresionan pola velocidade de cambio. Este ano achegarémonos ós 140 000 000 nacementos e 60 000 000 mortos. Entre outras cousas, iso indica que tanto duns, dos que chegan, como dos outros, dos que se van, cada segundo se producen varios a nivel mundial. Ou que este ano, en plena pandemia, a poboación mundial aumentará uns oitenta millóns de persoas. Cousas da demografía, si, pero con consecuencias de vida.
Noutro momento podemos comentar outras cousas, que da para moito, mais quedome con isto: a nivel mundial, está claro que por moita primacía que a pandemia teña nas novas e nas cabezas neste momento, hai que considerala un tema de segundo orde. Non é capaz, nin moito menos, de dobregar o medre en número da humanidade. E mentres, máis do 10 % das persoas están desnutridas e a estas horas da mañá xa ten morto de fame más xente que a censada en Ribadeo. Cousa dun quinto do total de mortes a nivel global. Abondo máis que as mortes por coronavirus. E segue aumentando a terra desertificada: no que vai de ano, unha superficie maior que tres veces Galicia, co que iso implica de máis fame para a xente dos lugares afectados e máis vulnerable. Mentres, os milleiros de toneladas de dióxido de carbono vertidas á atmosfera aumenta máis rápido que os segundos que pasan (atención, que un milleiro de toneladas é un millón de kg!). E con eles, o medrar da temperatura, a desaparición do entorno polar, o aumento da seca ou do nivel do mar…
Non esquezamos tampouco que se hai moita xente desnutrida no mundo, a cifra de xente con sobrepeso é máis ou menos o dobre: só o número de obesos, o estadio superior en canto ó peso, iguala ó de xente que non ten abondo para nutrirse. Iso da unha idea da desigualdade. Desigualdade que se manifesta en casos concretos, en persoas, e nas súas posibilidades de afrontar unha enfermidade (a covid19 é unha máis) ou os efectos do cambio climático no entorno, sobrelevar a calor ou a seca…
Si, certo, temos que loitar contra o coronavirus, convertido en pandemia por acción e deixación humana. E temos que loitar xuntos e cada un. É un problema de todos e de vida ou morte. Mais é sabido que a loita polo momento é paliativa e preventiva. Nos mesmos termos que a loita contra o cambio climático, ou a desigualdade, pero a nivel moito máis pequeno aínda, de xeito que estes desafíos quedan eclipsados nas portadas, e mesmo cun contraditorio trato desigual a desigualdade. Coido que quedanos como materia pendente o aprender a loitar xuntos e aprender a vivir. Tamén, a vivir xuntos, non só cadaquén a súa vida.



















Ás 16 horas deste mércores, o 112 Galicia tivo constancia dunha saída de vía a través do sistema de aviso e-Call do vehículo accidentado. Ocorreu no quilómetro 6 da LU-861, á altura de Santaballa. O propio implicado explicou nese momento que precisaba axuda para saír do vehículo. Nada máis ter constancia, os xestores do 112 Galicia solicitaron a acción de Urxencias Sanitarias de Galicia-061, Garda Civil de Tráfico, Bombeiros de Vilalba e servizos de mantemento da estrada. Os bombeiros axudaron a retirar á persoa do vehículo, mais non foi necesario excarcerar.
O centro conta con espazos para forza, cardio, adestramento funcional e alta intensidade, ademais de propostas acuáticas, ciclo indoor, pilates e programas Les Mills. Dispón tamén dunha área de relax con baño de vapor, duchas especiais e hidromasaxe. O director, Javier Canel, destaca que o obxectivo é ofrecer alternativas para que cada persoa atope o tipo de exercicio que mellor se adapte ás súas necesidades. En setembro, o centro ofrece unha proba gratuíta de tres días e matrícula de balde para novas inscricións.
A partir das 12:00 horas poranse á venda 10.000 abonos ao prezo mínimo garantido, dispoñibles exclusivamente na web oficial do festival. Os prezos serán de 195 € para o abono normal e 295 € para o Pandemonium, con opción de incluír camiseta. A organización recomenda acceder puntualmente á cola virtual e lembra que as entradas deben adquirirse só por canles oficiais para evitar falsificacións. O Resurrection Fest volverá reunir miles de asistentes en Viveiro nunha das grandes citas musicais do verán.
O programa inclúe unha actuación vermú de A Requinta de Lampai ás 14:00, un obradoiro de baile tradicional ás 17:30, os cantos de taberna polos bares a partir das 20:00, pinchos para os grupos participantes ás 22:30 e unha foliada aberta ás 23:30. Os grupos interesados poden inscribirse no 605582624.
A xornada incluirá feira de artesanía desde as 11:30, inauguración ás 12:30 e xantar popular ás 14:45, con tickets dispoñibles ata o 9 de setembro. Haberá showcookings, degustacións, pasarrúas, xogos tradicionais, concentración de Vespas e demostracións de oficios. A organización espera repetir o éxito da última edición, na que se serviron uns 800 pratos.
O delegado territorial da Xunta en Lugo participou este martes nos actos programados con motivo da festividade da Patroa de Ribadeo, Santa María do Campo.
Destacou o apoio da Deputación ao sector primario a través da Granxa Gayoso Castro, centro de referencia en recría, formación e innovación. O evento, organizado pola Asociación Pura Raza Cabalo Galego, incluíu o concurso morfolóxico de distintas categorías —ponis, cabalos do país, cruzados, percheróns, Pura Raza Galega e andadura serrada e chapeada— e unha exhibición de doma de alta escola con eguas de pura raza galega.



