Viveiro, 16 de novembro de 2020. A Policía Local de Viveiro, dentro dos dispositivos de vixiancia e control das medidas de prevención específicas pola situación epidemiolóxica derivada da COVID-19, continúa a facer controis a fin de que se cumplan as medidas e de informa á poboación.
A Policía Local destaca a tónica xeral do cumprimento das medidas e de responsabilidade por parte da poboación e dos sectores afectados, aínda que tivo que intervir en diversas situacións durante a fin de semana, formulando un total de 14 actas de propostas de sanción.
O uso da máscara respiratoria, os desprazamentos non permitidos polas restricción de mobilidade, a práctica de actividad física de maneira colectiva e non federada en instalacións deportivas ó aire libre, e irregularidades no servizo de hostalería son algunhas das infraccións que os axentes percibiron, nalgúns casos grazas á colaboración cidadanía a través de queixas ou avisos telefónicos.
Con respecto á mobilidade, detectáronse tres casos nos que os desprazamentos non estaban incluidos dentro dos permitidos.
Un establecemento de hostalaria e restauración foi proposto pa sanción por permitir que os seus clientes efectuaran as consumicións dos pedidos na porta de entrada o local. Tamén un grupo de xóvenes, maiores de idade, foi denunciado por xogar ó futbol sala nunha pista deportiva dun centro educativo, sen ser unha práctica federada.
Neste senso, a Policía Local quere recordar as obrigas que estipula a Orde do 4 de novembro da Consellería de Sanidade, pola que se establecen medidas de prevención específicas como consecuencia da evolución da situación epidemiolóxica derivada do COVID-19 na Comunidade Autónoma de Galicia.
No caso dos establecementos de restauración di que: “os establecementos de restauración permanecerán pechados ao público e poderán prestar exclusivamente servizos de entrega a domicilio ou para a súa recollida no local e consumo a domicilio. A permanencia nestes establecementos deberá ser a estritamente necesaria. En todo caso, evitaranse aglomeracións e controlarase que consumidores e empregados manteñan a distancia de seguridade establecida co fin de evitar posibles contaxios”.
“E no caso da actividade física, e deportiva non federada, ao aire libre, poderá realizarse de forma individual ou colectiva, sen contacto físico, sempre que, neste último caso, todas as persoas do grupo sexan conviventes, sen contar, se é o caso, o monitor. Nas instalacións e centros deportivos poderase realizar actividade deportiva de forma individual, sen contar, se é o caso, o monitor, sen contacto físico, e sempre que non se supere o cincuenta por cento da capacidade máxima permitida. Deberanse establecer as medidas necesarias para procurar a distancia de seguridade interpersoal durante o desenvolvemento da actividade”, recolle a orde.
A Policía Local remata agradecendo de novo boa colaboración e predisposición que está a ofrecer tanto a poboación como os sectores afectados, demostrando un exercicio de responsabilidade pese a complexidade da situación.





















Finalizado o encontro, de carácter privado, o Cónsul asinou no Libro de Ouro da Deputación e a Presidenta fíxolle entrega dun agasallo institucional. Trala xuntanza Carmela López manifestou a súa satisfacción porque “traballamos para avanzar en novas vías de colaboración, e en posibles proxectos que serven para reforzar a relación entre a Deputación e o veciño país de Portugal”.
Este venres visitaron Ferrol e As Pontes, e o sábado serán os actos institucionais de benvida no concello de Ribadeo. Pola mañá será inaugurada unha placa conmemorativa da visita, e despois a recepción oficial na Casa do Concello.
Villares detallou algunhas destas accións no encontro empresarial organizado en Vilalba pola organización profesional BNI LOU VCR Breogán, un grupo de networking integrado por unha trintena de empresarios e profesionais da provincia. Entre outras, referiuse ás axudas para favorecer o establecemento dos traballadores autónomos ou para o fomento da contratación; os plans do Igape para a expansión e innovación do tecido produtivo, ou as iniciativas de formación. “Apoiar as empresas, as pemes e aos autónomos é apoiar o futuro do territorio”, afirmou.
A principal será o regreso das carrozas dos pobos o domingo 27, recuperando unha tradición histórica. O venres abrirase coa charanga e verbena; o sábado haberá sesión vermú, verbena e fogos; o domingo, música dos sesenta e setenta, desfile de carrozas e festa dos oitenta; o luns, actividades para a infancia e reparto do bollo; e o martes, misa solemne, procesión e verbena final. O Concello de El Franco destaca o labor da Sociedade de Fiestas e o valor de recuperar tradicións e avanzar cara a unhas festas máis inclusivas.
Será o sábado 26 de setembro de 20:00–22:30 no Palacio Santa Emilia de Mondoñedo. Entrada: 34,90 €, inclúe viño seleccionado e aperitivo.
O centro conta con espazos para forza, cardio, adestramento funcional e alta intensidade, ademais de propostas acuáticas, ciclo indoor, pilates e programas Les Mills. Dispón tamén dunha área de relax con baño de vapor, duchas especiais e hidromasaxe. O director, Javier Canel, destaca que o obxectivo é ofrecer alternativas para que cada persoa atope o tipo de exercicio que mellor se adapte ás súas necesidades. En setembro, o centro ofrece unha proba gratuíta de tres días e matrícula de balde para novas inscricións.
O programa inclúe unha actuación vermú de A Requinta de Lampai ás 14:00, un obradoiro de baile tradicional ás 17:30, os cantos de taberna polos bares a partir das 20:00, pinchos para os grupos participantes ás 22:30 e unha foliada aberta ás 23:30. Os grupos interesados poden inscribirse no 605582624.



