Lugo, a 23 de novembro de 2020. O grupo provincial do PP preguntará mañá, no pleno ordinario da Deputación, que responsable autorizou á empresa Tragsa ao uso da maquinaria de Suplusa sen o permiso desta sociedade. O portavoz popular, Javier Castiñeira, sinala: “O grupo popular dispón de numerosas fotos, testemuñas e papeis que acreditan que Tragsa estivo usando durante este ano a abundante maquinaria de Suplusa sen a autorización desta sociedade”.
Castiñeira recorda que o PP xa fixo unha pregunta sobre este mesmo asunto “nun pleno pasado, no que a voceira do Partido Socialista non foi capaz de responder con concreción; deu largas a este asunto”. Aclara: “Tamén preguntamos en varias reunións da comisión liquidadora e tampouco se aclarou, e queremos que se clarifique antes do pleno de disolución de Suplusa. Por iso imos facer esta pregunta no pleno de mañá, porque son moitos cartos, é maquinaria de todo tipo, incluída maquinaria pesada: camións, tractores, desbrozadoras. Estamos a a falar de centos de miles de euros. Suplusa pagou os seus seguros e sigue pagando”.
O portavoz popular di: “Pediremos tamén ao goberno da Deputación que cuantifique o valor de todo ese uso de máquinas e equipos. O PP está disposto a chegar a calquera instancia se non se aclara isto antes do pleno. Non se pode pechar Suplusa en falso e con estas cousas pendentes. No día de mañá faremos esas preguntas e esperamos que o goberno da Deputación nos aclare que responsable político deu esa orde sen autorización de Suplusa”.























Foz será o protagonista do programa Voces de Lugo, de RadioVoz, que se emitirá en directo de 12 a 14 horas desde a cafetería Marexada para toda a provincia. Félix Jorquera charlará co alcalde, Fran Cajoto; coa concelleira de Cultura e Facenda, Inés López; con Pura García, que é directiva de Acia Foz-CCA; con Carmen Alonso, presidenta do Celtas de Foz; e coa dona da cafetería Marexada, Palmira Andrade. Con eles fará un balance do verán, analizará os proxectos para os vindeiros meses e tamén o momento polo que atravesa o deporte local.
Trátase dunha viaxe para dúas persoas con estancia de catro noites nun hotel de catro estrelas en réxime de todo incluído, voos e equipaxe. O sorteo tivo lugar o pasado mes de xuño.
A cita previa pode solicitarse a través do teléfono 981.928.080 ou da web
En concreto, o sinistro ocorreu na N-634, en Vilaframil. Neste caso, un dos vehículos implicados envorcou e o único ocupante quedou atrapado, polo que necesitou axuda dos Bombeiros de Barreiros para poder saír do coche. Cando foi liberada, a persoa recibiu os primeiros coidados dun equipo de Urxencias Sanitarias de Galicia-061 desprazado no lugar dos feitos. En relación ao outro condutor implicado no accidente, cómpre destacar que tamén era o único ocupante, resultou ileso e estaba liberado e accesible.
A medida tamén fai que as familias perdan a gratuidad do comedor escolar, asumindo un gasto novo. O Concello reclama recuperar a parada mentres non exista unha alternativa segura e manter tanto o transporte como o comedor gratuíto, pedindo unha solución urxente que non prexudique ás familias de Mántaras.
Un total de 32 participantes déronse encontro nesta segunda edición, demostrando o seu nivel e desfrutando dunha mañá de competición e compañeirismo. Os gañadores das diferentes categorías foron: Antón Pernas (Sub 8), David Bustabad (Sub 10), Xulio Pernas (Sub 12), Deivid Pérez (Sub 14), Manuel Castro (Sub 16) e Breixo Alvite (Sub 18). A alcaldesa de Cervo, Dolores García Caramés, entregou os trofeos e medallas aos vencedores. O Concello felicita a todas as persoas participantes polo seu esforzo e por contribuír ao crecemento do xadrez no municipio, reafirmando a súa aposta polo deporte, pola participación e por ofrecer novas oportunidades para gozar e aprender.
A proba , organizada polo Club Ciclista Viveiro, reuniu máis de 130 ciclistas e coroou as campioas galegas de todas as categorías femininas -desde infantil ata master-, e aos campions galegos de infantil e cadete. A Praza da Galeguidade acolleu a saída e meta da competición, que se desenvolveu nun circuíto estático de 18,9 quilómetros pasando polo Porto da Gañidoira, a 699 metros de altura.



