Burela contará cun punto de información tecnolóxico que proporcionará información municipal e de cultura, rutas, prais, deporte, festas, hostelería, entre outras, “en definitiva, todo o que ten que ver co turismo, a cultura e o lecer, dispoñendo tamén dun apartado para o cidadán” indicou o responsble da area José González Legaspi. Esta iniciativa presentaraselle os empresarios o luns.
Nota de prensa
O CONCELLO PRESENTARÁ O VINDEIRO LUNS A EMPRESARIOS, COMERCIANTES E HOSTALEIROS A INTEGRACIÓN DE BURELA NA PLATAFORMA CIDADES DIXITAIS.
Burela, 27 de xuño de 2008. A delegación de Industria, Comercio e Turismo de Burela presentará o vindeiro luns 30 de xuño a empresarios, comerciantes e hostaleiros da vila a integración de Burela na plataforma Cidades Dixitais. José González Legazpi dixo que <conscentes de que dende os Concellos se debe apostar por mellorar as tecnoloxías ao servizo das necesidades dos cidadáns, Burela estará integrada en dita plataforma>.
Legapzi engadiu na presentación ante os medios esta mañá que <si dende a Delegación de Industria, Comercio e Turismo do Concello de Burela, da que eu son responsable, no pasado mes de febreiro se informaba da intención de traballar para conseguir que o noso municipio formara parte deste programa, hoxe compre decir que se atopa amplamente desenvolvido, e que por tanto en vindeiras datas Burela contará cun punto de información tecnolóxico que nos permitirá proporcionar información de interés aos cidadáns, mediante un programa personalizado para Burela, no que haberá espazo para a cultura, as rutas, as prais, o deporte, as festas, a hostelería, etc… en definitiva, todo o que ten que ver co turismo, a cultura e o lecer, dispoñendo tamén dun apartado para o cidadán, no que poderá atopar toda a información sobre a administración municipal>.
O edil nacionalista asegurou que <formar parte das Cidades Dixitais, permitiranos intercambiar información turística con outras cidades que xa contan con este programa…de xeito que o impacto publicitario e a expansión turística de cada vila se vexa multiplicada. Neste senso o vindeiro luns dia 30 de Xuño presentaremos este proxecto a todos os sectores empresarias e comerciais de Burela, no Salón de Plenos do Concello, ás 17 horas para o sector de hostalería e ás 21 horas para os demais sectores , dado o grande interese que representa como digo, estas integración nas Cidades Dixitais para os sectores economicos do Concello>.






















A mostra sobre Mimina, que repasa a súa traxectoria vital e artística e o seu papel esencial na creación de Sargadelos como empresa cultural, amplía o seu período de apertura até o 12 de agosto grazas á cesión das instalacións por parte do Concello de Cervo. A exposición poderá visitarse todos os días de 12:00 a 14:00 e de 17:00 a 20:00, e tamén se poden concertar visitas noutros horarios ou para grupos chamando ao 636020514 (Lucía).
Durante tres días desfrutan dun programa intenso de actividades na natureza: montaxe e desmontaxe do campamento, surf en Esteiro, tiro con arco, xincana e diversos xogos. A iniciativa está promovida polas Concellerías de Xuventude e Deporte xunto coa Oficina de Información Xuvenil.
Olimpia López, supervisou hoxe en Cospeito un control da campaña de velocidade da DGT, que busca previr sinistros nun verán de maior tráfico. Lembrou que a velocidade inadecuada está presente no 22 % dos accidentes mortais e apelou á responsabilidade dos condutores: cada km/h conta para salvar vidas.
No Campo de Fútbol de As Valgas poderanse ver desde as 21.30 horas as actuacións de Netos de Bandim, chegados desde Guinea Bissau; da Philippine Performing Arts Company, das Filipinas; e do grupo anfitrión O Arco da Vella. Un encontro único de culturas, ritmos e emocións que promete unha noite inesquecible.
Estiveron acompañados polas técnicas de xuventude Mónica López Sanjurjo e Silvia Rodríguez Barreiro, para gozar das diferentes piscinas e tobogáns deste parque acuático. A viaxe estivo organizada polas Concellerías de Xuventude e Deporte e pola Oficina de Información Xuvenil dentro do programa Verán a Tope en Xove 2026.
O prólogo é da profesora de Debuxo Camino Casabella Pumares, artista con raíces no Alfoz do Castrodouro, que participará na presentación xunto ao presidente do colectivo. Cinco dos pintores estarán presentes no acto, xa que Alaxe faleceu hai tres anos. A portada do caderno é obra do ilustrador Xosé Blanco. O evento celebrarase o sábado 8 de agosto ás 20:00 horas no castelo do Castrodouro, en Alfoz do Castrodouro.
O evento, organizado pola Asociación Cultural Xuvenil O Castelo reuniu a numerosos veciños e visitantes e celebrouse durante catro días. A programación incluíu actuacións musicais, actos relixiosos, xogos tradicionais e unha comitiva da camións, coches e motocicletas que percorreron todas as parroquias deste concello mariñán.



