O Vicedo, 16 de decembro de 2020. A Xunta de Galicia entregou hoxe os diplomas ás 20 persoas alumnas-traballadoras que participaron durante o último ano no obradoiro de emprego Terras do Sor III, impulsado polo Concello do Vicedo agrupado con Ourol e Muras.
A Consellería de Emprego e Igualdade destinou 460.300 euros a financiar este taller, que ampliou a súa duración algo máis de tres meses como consecuencia da pandemia. O delegado territorial da Administración autonómica, Javier Arias, asistiu á clausura xunto cos alcaldes dos tres municipios asociados -entre outras persoas-, e apuntou que os participantes “finalizan esta etapa con máis oportunidades de atopar un emprego ou de iniciar algún proxecto propio, xa que se formaron en campos que teñen demanda no mercado laboral e poden acreditar esa preparación cun certificado oficial válido en toda España”.
As dúas especialidades impartidas foron atención sociosanitaria a domicilio e traballos de carpintería de moble. Algunhas das obras proxectadas no Vicedo foron unha caseta para información e turismo, marquesiñas, carteis indicativos de topónimos e bancos de madeira. En Ourol actuaron no centro social de Bravos; acometeron o valado do parque infantil e fixeron mobiliario urbano. Pola súa banda, a programación en Muras incluíu melloras no centro cívico e a execución de dúas pasarelas para rutas peonís. Ademais, o alumnado do módulo de atención sociosanitaria desenvolveu as súas tarefas na residencia de maiores Betania de Viveiro.
Arias anunciou que mañá está previsto que comece a cuarta edición desta iniciativa laboral, promovida polos mesmos concellos e financiada pola Xunta con 356.000 euros, incluídos os incentivos á contratación de seis participantes en empresas da zona por un mínimo de tres meses cando remate o tempo de formación.
No novo obradoiro dual formaranse outras 20 persoas desempregadas nas mesmas especialidades que no actual -no módulo de atención sociosanitaria, neste caso é en institución sociais- . “Ademais de apostar pola formación, os talleres realizan actuacións de interese xeral para os concellos, polo que esta nova edición servirá para dar continuidade a proxectos iniciados e para realizar outros novos”, concluíu Arias.























Varios grupos participan en obradoiros de cestería na Devesa e de manualidades en Rinlo, Cinxe e As Anzas. A Área de Benestar Social, Saúde e Familia quere “potenciar deste xeito a convivencia e encher de propostas os locais sociais do noso concello e de entretemento ás persoas que viven nas parroquias de Ribadeo”.
A programación inclúe propostas variadas como cociña, manualidades, cestería, risoterapia, baile e poda, pensadas para ofrecer alternativas de lecer e fomentar un envellecemento activo entre a veciñanza. Desde o Concello destacan que as actividades “están a ter unha resposta moi positiva por parte dos veciños e veciñas”, o que demostra o interese por este tupo de propostas. Neste sentido, poñen en valor a importancia de promover este tipo de iniciativas, xa que “contribúen a promover un envellecemento activo e melloran a calidade de vida das persoas, xa que fomentan a participación social e serven como punto de encontro”.
O tráfico estará regulado por semáforos e está previsto que este venres rematen as obras.
O xurado profesional outorgou o primeiro premio ao Restaurante Ca Vitoriano por “El susurro del llagar”, seguido do Blanco Hotel Spa e de Los Olivos. No xurado popular, o triunfo foi para Los Olivos, acompañados no podio polo Novak Café e A Mar de Fondo. O Concello de Navia destacou o impacto do evento no dinamismo da vila e o papel clave da hostalaría como motor económico e turístico.
Fixoo no marco do Campionato Galego de Coctelería celebrado no Hostal dos Reis Católicos.
O presidente, José Manuel Gómez Puente, destacou o bo tempo e o reencontro do grupo nun percorrido de 22 km entre Pedrafita e Triacastela. A próxima etapa será o 1 de maio, entre Triacastela e Sarria, e xa está aberta a inscrición no teléfono 623 22 68 25.
Ás doce en punto, tres foguetes —un por cada palabra do nome oficial— foron lanzados desde O Castrodouro, capital histórica do termo municipal e orixe da localidade, pois alí, hai 806 anos, Afonso IX concedeu o título de vila e todo un distrito que administrar; episodio histórico do que deriva o nome do concello. Os veciños reunidos mostraron a súa satisfacción pola recuperación da denominación histórica, afirmando moitos deles que nunca deixaran de empregar o nome completo. Do mesmo xeito, os maiores agradeceron aos impulsores da iniciativa a restitución do topónimo que a historia legou ao municipio alfocés.



