Lugo, 18 de decembro de 2020. A subdelegada do Goberno, Isabel Rodríguez, celebrou a anulación do ERE de Alcoa polo Tribunal Superior de Xustiza de Galicia na súa intervención durante a inauguración do II Congreso de UGT, Lugo, Lemos e Costa lucense, que se celebra hoxe, coa asistencia do secretario xeral de UGT Galicia, José Antonio Gómez, e no será reelexido secretario xeral Ángel Tomé..
Isabel Rodríguez felicitouse por unha sentenza moi importante para a provincia e para a comarca da Mariña, que concorda co que defenderon os traballadores e a Avogacía do Estado e que “debe obrigar a Alcoa a virar a súa estratexia e retomar de boa fe a negociación para a venda da factoría”.
Na súa intervención, a subdelegada tamén se referiu a crise sanitaria e aos problemas económicos e laborais producidos pola pandemia, Rodríguez explicou que “dese o primeiro momento no que se desatou esta grave crise sanitaria, o Goberno traballa para facerlle fronte a un problema sanitario inédito e, tamén, en evitar a toda costa o afundimento das persoas que quedaron nunha situación precaria”.
A subdelegada destacou que “nunca antes un Goberno puxera en marcha semellante batería de medidas como as que despregou o Executivo de Pedro Sánchez, con iniciativas como os ERTES, aos que estaban acollidos en novembro na provincia 44.655 traballadores e aos que dedicou 16,4 millóns de euros o SEPE, ou a creación do Ingreso Mínimo Vital, que este mes cobran máis de 3.500 lucenses”.
“A pandemia cambiou as prioridades inmediatas que tiñamos a principios do ano, porque tivemos que centrarnos na salvación de vidas, pero non poderá con nós nin nos fará esquecer os nos obxectivos”, asegurou a subdelegada, quen remarcou que “a axenda sociolaboral deste Goberno segue en pé, e para desenvolvela contamos coa imprescindible colaboración dos sindicatos”.
Rodríguez concluíu a súa intervención apelando ao diálogo porque, dixo, “desde a unidade é como avanzan as comunidades, máis aínda en momentos de crise como o actual no que estamos nunha situación dunha gravidade extraordinaria na que só os irresponsables apostan pola confrontación”.





















Xunto coa alcaldesa e a concelleira de Infancia, confirmouse tamén a renovación, por terceiro ano, da colaboración co Grupo Entrepinares, que patrocinará estas xornadas e apoiará actividades do Samaín e do Nadal. As dúas xornadas incluirán actividades gratuítas en horario de mañá e tarde, con inchables, xogos, propostas acuáticas e catro funcións do espectáculo do Mago Antón. Entrepinares ofrecerá ademais merendas gratuítas para todos os nenos e nenas. O Concello destaca que esta alianza permite reforzar unha programación infantil de referencia e ampliar as propostas de lecer para as familias ao longo do ano.
No encontro mantido na sede da delegación territorial da Xunta en Lugo, no que tamén estivo o director territorial da Consellería, Marco Antonio Fernández Piñeiro. abordáronse liñas de cooperación para a mellora de Infraestruturas e de seguridade viaria, de interese para este municipio. O departamento que dirixe M. Allegue segue prestando apoio aos municipios para executar actuacións que contribúan a mellorar a calidade de vida da veciñanza e a reforzar a competitividade económica.
Xa se poden ver auténticas "artistadas", todas coas serea como protagonista, enchendo o ambiente desa creatividade tan propia da celebración.
O corte estará vixente entre as 00:00 e as 05:00 horas da madrugada do venres 7 ao sábado 8 de agosto, co obxectivo de garantir a seguridade das persoas asistentes e o correcto desenvolvemento do evento, que terá lugar nos Xardíns Noriega Varela. Desde o Concello de Viveiro solicítase a colaboración da veciñanza e das persoas condutoras, recomendando planificar os desprazamentos con antelación e utilizar itinerarios alternativos durante o tempo que permaneza vixente esta restrición.
Os deslizadores acuáticos enchen de diversión a praia dos Bloques. Onte, martes, estiveron operativos pola tarde e hoxe, mañá e o venres estarán dispoñibles de 11:30 a 14:00 horas e de 16:00 a 19:30 horas. O concelleiro de Deportes, Francisco José Silvent, anima á rapazada “a achegarse á praia dos Bloques a gozar das actividades de verán que deseñamos desde o Concello. Hóuboas para todos os gustos e idades tanto na pista multideporte como na praia dos Bloques. Agardamos que disfruten estes días cos deslizadores acuáticos, xogando e pasando un mes de agosto o máis divertido posible”.
A mostra sobre Mimina, que repasa a súa traxectoria vital e artística e o seu papel esencial na creación de Sargadelos como empresa cultural, amplía o seu período de apertura até o 12 de agosto grazas á cesión das instalacións por parte do Concello de Cervo. A exposición poderá visitarse todos os días de 12:00 a 14:00 e de 17:00 a 20:00, e tamén se poden concertar visitas noutros horarios ou para grupos chamando ao 636020514 (Lucía).
No Campo de Fútbol de As Valgas poderanse ver desde as 21.30 horas as actuacións de Netos de Bandim, chegados desde Guinea Bissau; da Philippine Performing Arts Company, das Filipinas; e do grupo anfitrión O Arco da Vella. Un encontro único de culturas, ritmos e emocións que promete unha noite inesquecible.



