Intervirán os nenos de:-Música e movemento cun tema da película do Rey león titulado The lion sleeps tonight.-Formación básica interpretarán Jingle Bells.-Grupos de percusión: dous temas populares Jingle bell rock e Believer.-Orquestra infantil tres panxoliñas: Ya viene la vieja, Adeste fideles, La marimorena.-Ensemble da banda: Banda Ammerland de Jacob de haan, Yorkshire ballad de James Barnes.-Coro Mestre Pacheco tres panxoliñas: Going home, tema da Sinfonía do novo mundo de Dvorak, Soan campás, panxoliña ucraína, O meniño mariñeiro, de rey Rivero. A reserva de localidades para todos aquelas persoas que desexen asistir, farase na Oficina de Turismo de Mondoñedo a través do teléfono 982 50 71 77, en horario de 10h a 14h e de 16h a 19h –luns 21 pechado-.
























No encontro mantido na sede da delegación territorial da Xunta en Lugo, no que tamén estivo o director territorial da Consellería, Marco Antonio Fernández Piñeiro. abordáronse liñas de cooperación para a mellora de Infraestruturas e de seguridade viaria, de interese para este municipio. O departamento que dirixe M. Allegue segue prestando apoio aos municipios para executar actuacións que contribúan a mellorar a calidade de vida da veciñanza e a reforzar a competitividade económica.
Xa se poden ver auténticas "artistadas", todas coas serea como protagonista, enchendo o ambiente desa creatividade tan propia da celebración.
O corte estará vixente entre as 00:00 e as 05:00 horas da madrugada do venres 7 ao sábado 8 de agosto, co obxectivo de garantir a seguridade das persoas asistentes e o correcto desenvolvemento do evento, que terá lugar nos Xardíns Noriega Varela. Desde o Concello de Viveiro solicítase a colaboración da veciñanza e das persoas condutoras, recomendando planificar os desprazamentos con antelación e utilizar itinerarios alternativos durante o tempo que permaneza vixente esta restrición.
No Campo de Fútbol de As Valgas poderanse ver desde as 21.30 horas as actuacións de Netos de Bandim, chegados desde Guinea Bissau; da Philippine Performing Arts Company, das Filipinas; e do grupo anfitrión O Arco da Vella. Un encontro único de culturas, ritmos e emocións que promete unha noite inesquecible.



