Lugo, 21 de decembro, 2020. A Deputación de Lugo DESMONTA, UNHA POR UNHA, AS ACUSACIÓNS VERTIDAS POLO PARTIDO POPULAR SOBRE O PROCESO SELECTIVO PARA A CREACIÓN DUNHA LISTAXE DE EMPREGO TEMPORAL para a prestación de servizos na institución provincial como funcionario interino no posto de veterinario/a.
– MÁXIMA TRANSPARENCIA: A Deputación de Lugo publica todos os procesos de selección de persoal no Boletín Oficial da Provincia (BOP) e na páxina web da institución provincial.
– ESTE PROCESO SELECTIVO CONVOUCOUSE E DESENVOLVEUSE DE XEITO PARALELO CON OUTROS DOUS, correspondentes a listaxes para emprego temporal de administrativo e de enxeñeiro técnico agrícola.
– A CONVOCATORIA DESTES PROCESOS TIVO UNHA MAIOR PUBLICIDADE, precisamente debido á declaración do primeiro Estado de Alarma. Publicouse dúas veces: a primeira, na web provincial e no BOP o día 6 de abril e a segunda, na web da Deputación o día 16 de xuño, unha vez finalizado o Estado de Alarma. Foi nese momento, cando acabou o Estado de Alarma, cando se abriu o prazo de 10 días naturais para a presentación das solicitudes, desenvolvéndose entre o día 15 e o 25 de xuño.
– DOS TRIBUNAIS DE VALORACIÓN FORMAN PARTE, POR REGRA XERAL, OS XEFES DE SERVIZO DA ÁREA CORRESPONDENTE, seguindo o principio de especialización. O director da Granxa Gayoso Castro é xefe de servizo e, ademais, é veterinario.
– A CORRECCIÓN DAS PROBAS DE SELECCIÓN FAISE SEMPRE BAIXO ANONIMATO.
– A PUNTUACIÓN NA ENTREVISTA PERSOAL NON INFLUÍU NESTE CASO NO RESULTADO FINAL DO PROCESO NIN NA ORDE DOS SELECCIONADOS, dada a puntuación obtida na fase previa de oposición. Deste xeito, aínda que as outras persoas aspirantes que aprobaron as probas recibiran a máxima puntuación na fase de entrevista persoal e as dúas persoas que quedaron nos primeiros postos recibiran cero puntos, o resultado final do proceso selectivo sería exactamente o mesmo.
Polo tanto, o proceso selectivo para a creación dunha listaxe de emprego temporal para o posto de veterinario na Deputación cumpriu con todos e cada un dos principios esixidos pola Lei para os procesos de acceso á Administración pública: publicidade, mérito e capacidade.
A Deputación de Lugo esixe ao Partido Popular que retire e que rectifique publicamente as súas FALSIDADES, ao danar gravemente a honorabilidade dos traballadores e traballadoras públicas da institución provincial.
Así mesmo, o Goberno da Deputación de Lugo cre que sinalar a persoas pola súa traxectoria política e tratar de coartarlles a liberdade de presentarse a procesos selectivos de acceso á Administración pública é propio de réximes superados hai 40 anos e de prácticas da ultradereita, a compañeira de viaxe política que elixiu o Partido Popular. O PP debe saber que na Deputación de Lugo, dende que hai gobernos de progreso, existe a igualdade de oportunidades, e que se acabaron os tempos nos que se herdaban os postos de traballo e só uns cantos privilexiados chegaban a estar nos primeiros postos.




















López agradeceu á Academia Galega do Audiovisual por escoller Lugo e destacou a importancia do evento para visibilizar o talento local e o apoio provincial ao sector. A gala contou cunha ampla representación lucense: Nuno Pico e Xaime Miranda polo videoclip Antes fun moi malo; Fran Fórneas e Sergio Marey por Ferido do Xoán; Sabela Ramil e Andrea Mesa por Non cho podo dar; o dúo Fillas de Cassandra; e o burelés Breixo Llano, do equipo de Cos pés na terra. Ademais, a película Sirāt, do naviego Oliver Laxe, foi unha das grandes favoritas con 14
A proposta combina imaxes e historias, con contidos novos e outros xa coñecidos, sempre cun humor moi persoal. A función está recomendada para maiores de 14 anos. As entradas, cun prezo de 5 euros, poderán adquirirse no despacho de billetes desde unha hora antes do inicio. O evento conta coa colaboración do Concello de Burela, a Xunta de Galicia, a Agadic e a Rede Galega de Teatros e Auditorios.
O acto institucional, celebrado este venres, contou coa participación da directora xeral de Igualdade do Principado e coa música de Clandestías.
Habilitarase o Rego das Flores. Desde o Concello recoméndase á cidadanía ter en conta esta incidencia nos seus desprazamentos mentres se manteña a restrición.
A cita celebrarase en Burela entre os días 4 e 6 de setembro, e xa están confirmadas preto dunha ducia de actuacións, entre elas as de Arume, Depedro, Éxtasis, Gara Durán, Juventude o La Milagrosa. O Goberno galego vén cooperando cos organizadores do festival, “que alcanza a súa duodécima edición consolidado como un motor de dinamización económica y cultural para a localidade”, afirmou Arias.
O presidente, José Luis Sáez, agradeceu o apoio da empresa, clave para reforzar os equipos nesta segunda volta e garantir a continuidade da entidade, que segue loitando pola permanencia en Primeira División Iberdrola e Segunda División.
Será un concerto acústico e intimista, pensado para gozar da súa música nun formato próximo. Entrada libre ata completar aforo.



