Burela, 26 de decembro, 2020. A Fundación Imdecum despedirá 2020 cun cartel de luxo para o Memorial Heroes do Orzán 2020. Baixo o lema da base á elite, un seminario web reunirá o vindeiro martes, 29 de decembro, ás 16.15 horas, a 10 xogadores de Primeira e Segunda División de Fútbol Sala que disfrutaron do torneo mariñán nas categorías de base.
Podes inscribirte xa, a través de Zoom, LIGAZÓN
A Primeira División estará representada por Renato Lopes, Nito e Pitero, do Pescados Rubén Burela FS, Hélder, do Parrulo Ferrol FS, Raúl Jiménez, de Levante UD FS, J. Mínguez, de Aspil Jumpers Ribera Navarra, e Alvarito, de Besoccer CD UMA Antequera. Chicho e Guille, de Leganés FS, e Manu Cebrián, de Soliss Fútbol Sala Talavera, falarán da súa experiencia en Segunda.
A cita, que contará co xornalista deportivo Iván Díaz Rolle como moderador, lembrará o Memorial na honra do policía burelao Rodrigo Maseda Lozano, xunto aos seus compañeiros Javier López López e José Antonio Villamor Vázquez, a través de dúas escolas habituais na historia do torneo. Nas categorías de base de Pescados Rubén Burela FS medraron Renato, Nito, Pitero e Hélder. Defendendo a elástica de UD Las Rozas Boadilla gozaron do memorial e da Mariña Raúl Jiménez, J. Mínguez, Alvarito, Chicho, Guille e Manu Cebrián.
Datas para 2021
A pandemia non permitiu que A Mariña e os centos de pequenas promesas do fútbol sala que se achegan ata a bisbarra dende 2012 disfrutaran no mes de xuño da novena edición do Memorial. No entanto, a organización xa está traballando para retomar o IX Memorial Heroes do Orzán, co seu formato en estado puro, entre o 23 e o 27 de xuño de 2021. O mellor fútbol sala base volverá dar espectáculo ao longo da Mariña, nun evento que se converteu en toda unha referencia nas axendas de escolas e clubs de toda España. A Deputación de Lugo e os concellos de Burela, Foz, Cervo, Xove e Viveiro colaboran na iniciativa da Fundacion, que supón un revulsivo para o turismo da campaña no inicio da campaña estival.























O acto celebrarase este venres 4 de setembro ás 20:30 horas na sala de exposicións. Servirase un viño e un pequeno petisco. A mostra permanecerá aberta ao público ata o 4 de novembro.
Unha iniciativa destinada "a expresar apoio, afecto e solidariedade con Ceuta". A concentración terá lugar diante da Casa do Concello.
O Concello destacou que esta primeira edición nace para impulsar a creación literaria e manter vivo o legado de Manuel García-Galano. A obra gañadora, definida pola autora como unha historia de suspense psicolóxico sobre amizade, lealdade e segredos, engádese á programación cultural da XXXIII Feira Campomar. Con este premio, o concello inicia unha traxectoria destinada a honrar a figura do escritor a través da literatura.
Villares felicitou á entidade lucense polos éxitos acadados na última tempada e puxo en valor “o traballo e dedicación dos nadadores e nadadoras e o esforzo do equipo técnico” do club. Recalcou en especial o impulso ao deporte base dende idades moi temperás, en liña coa aposta da Xunta por fomentar a actividade física entre os nenos e nenas con accións como o programa de deporte escolar Xogade, que no curso pasado chegou case ao 60% do alumnado galego.
A convocatoria enmárcase na iniciativa promovida pola FEMP para trasladar desde as entidades locais o seu apoio e solidariedade coa Cidade Autónoma de Ceuta. Deste xeito, Viveiro únese á convocatoria xunto con concellos de todo o territorio, amosando o seu respaldo institucional á Cidade Autónoma.
A obra premiada aborda a emigración galega desde unha voz feminina, e o pregón destacou o traballo colectivo e a transmisión entre xeracións dentro da Banda. Con este acto, o Concello dá inicio a unha programación festiva que nos próximos días combinará tradición, cultura, deporte e música para todos os públicos.
Durante esas xornadas realizaranse estudos xeotécnicos imprescindibles para planificar correctamente as actuacións previstas, o que require que a maquinaria e o persoal traballen directamente sobre a infraestrutura, impedindo o paso de vehículos. Recoméndase ás persoas usuarias empregar rutas alternativas durante o corte, que só permitirá o acceso ás dúas vivendas situadas na Barxa. O Concello pide desculpas polas molestias e agradece a colaboración da veciñanza.
