Lugo, 14 de xaneiro de 2021. O grupo provincial do PP asiste con preocupación á resistencia do presidente da Deputación, o socialista José Tomé, a fomentar o teletraballo en momentos tan complicados como os actuais a causa da pandemia provocada pola covid-19. O portavoz popular, Javier Castiñeira, sinala: “Co aumento de casos coincidindo coa terceira ola, dende o grupo do PP pedimos ao presidente provincial, José Tomé, que retome a confianza no persoal da Deputación e facilite o teletraballo. Sabemos o desconfiado que é neste caso o presidente Tomé; proba disto e que tanto en Monforte como na Deputación cando puido eliminar esta posibilidade o fixo e está demostrado que non foi unha boa idea”.
Castiñeira manifesta: “Este formato de teletraballo é especialmente útil, por un lado para evitar contaxios internos, e, por outro, para facilitar a conciliación da vida laboral e familiar dos traballadores da Deputación. Por iso pedimos que, cando menos, se estableza a posibilidade de teletraballar o 50% da xornada a aqueles traballadores e traballadoras con fillos en idade escolar e persoas dependentes ao cargo, polo menos ata que se normalice a situación”.
Á vista de experiencia, os populares ven “que na actual situación da pandemia non foi unha boa idea volver atrás en canto ao teletraballo e debemos dar esa posibilidade polo menos ata que estea vacinada a maior parte da poboación e especialmente os traballadores da Deputación”.






















O espectáculo participativo A verbena de antes -con O Xeito e Airiños da Freba-, ao mediodía, e unha mostra etnográfica e as actuacións de Amado Lar e A Volta do Agro, pola tarde, protagonizaron o último día das Xornadas, pensadas como un punto de encontro da cultural tradicional galega,e especialmente da comarca da Mariña.
Tamén puxo en valor o labor de Fonmiñá e a importancia dunha cita cultural que cumpre 48 edicións. Para Vilalba, a incorporación da actriz ao Paseo do Cine é un recoñecemento que a vila sente como propio.
A actividade permitiu aos nenos e nenas gozar dun espectáculo de maxia pensado para transmitir, dun xeito ameno e divertido, valores relacionados coa igualdade, o respecto, a convivencia e a eliminación de estereotipos. Con iniciativas como “Abrazando a igualdade”, o Concello de Xove continúa apostando por achegar aos máis pequenos actividades educativas diferentes, propostas culturais e de lecer nas que a cultura, a diversión e a transmisión de valores van da man.
Félix Jorquera conversou co alcalde, Fran Cajoto; coa concelleira de Cultura e Facenda, Inés López; con Pura García, que é directiva de Acia Foz-CCA; con Carmen Alonso, presidenta do Celtas de Foz; e coa dona da cafetería Marexada, Palmira Andrade. Con eles fixo balance do verán, que todos valoraron de xeito positivo, e analizou os proxectos para os vindeiros meses.
Trátase dunha viaxe para dúas persoas con estancia de catro noites nun hotel de catro estrelas en réxime de todo incluído, voos e equipaxe. O sorteo tivo lugar o pasado mes de xuño.
A cita previa pode solicitarse a través do teléfono 981.928.080 ou da web
A medida tamén fai que as familias perdan a gratuidad do comedor escolar, asumindo un gasto novo. O Concello reclama recuperar a parada mentres non exista unha alternativa segura e manter tanto o transporte como o comedor gratuíto, pedindo unha solución urxente que non prexudique ás familias de Mántaras.



