Lugo, 18 de xaneiro de 2021. Á vista do que ocorre na Deputación Provincial cos contaxios da covid-19, o grupo provincial do PP pide ao presidente da institución, o socialista José Tomé, “que tome en serio esta pandemia e que intente resolver os problemas do persoal e tamén dos membros da corporación provincial, tratando de velar pola súa saúde”. Os populares cren que, de novo, o presidente, José Tomé, “chega tarde e mal en todo o que ten que ver coa pandemia”.
O portavoz do PP, Javier Castiñeira, recorda os máis recentes intentos do seu grupo de evitar situacións na Deputación que poden crear risco. Castiñeira sinala: “O 17 de decembro o grupo provincial do PP enviou unha comunicación á Presidencia da Deputación queixándose, en relación as medidas para previr os contaxios da covid-19, de que as reunión das comisións no mes de novembro se realizaron nunha sala na que o espazo era insuficiente para o número de persoas que alí se xuntaban. Coincidía neses días co positivo dun membro do equipo de goberno. A proposta do PP era celebrar as reunións das comisións no salón de plenos, que é moito máis amplo, para diminuír o risco de contaxios. Catro días despois, o goberno provincial asegurounos que o local si se adapta as medidas para evitar contaxios, polo que decidiron non actuar e deixar á responsabilidade persoal de cada deputado e deputada a asistencia ou non as reunións das comisións”.
O portavoz do grupo popular di: “Vistos os acontecementos (dous contaxios en poucos días en membros do equipo de goberno) e coas novas reunións das comisións ás portas, o PP de Lugo volveu suxerir ao presidente que tome algunha medida neste sentido. Non sabemos se dende o goberno provincial comunicaron ao servizo de prevención a nosa queixa de novembro, pero o é certo é que seguimos pensando que non é oportuno manter as reunións de comisións no mesmo salón”.
Castiñeira critica a falta de capacidade de reacción do socialista Tomé: “O goberno provincial chega tarde a todo dende que se decretou o estado de alarma en marzo de 2020 e desoe o que unha gran parte da corporación provincial leva propoñendo para loitar contra os efectos da pandemia. Custoulle ao señor Tomé convocar os plenos telemáticos despois de tres avisos do PP; cústalle tomar medidas para contrarrestar os efectos sanitarios e económicos da pandemia e velar pola integridade dos traballadores da deputación e tamén dos deputados”.
Os populares esperan que “desta volta si accedan a tempo á petición do grupo popular”. Sinalan: “Sabemos que hai máis casos nos que moitas persoas traballan en pouco espazo, o cal tamén nos preocupa. Un dos casos máis chamativos é o de Recadación, onde traballan aproximadamente 37 persoas nun baixo. O grave é que esta xente, pola falta de dilixencia do goberno provincial, non está nas novas instalacións en Santa María, obras que levan anos de retraso”.


















A cantante e instrumentista asturiana Mónica Acevedo actuará en formato solista, mentres que o equipo do local ofrecerá un menú especial con pratos como o tartar de xarda, gañador do “Ribadeo Sabe”, gazpachuelo de tempada, lomo de sardiña con berenxena afumada, cóctel de lagostinos, bonito de Burela con melocotón asado e sopa de cebola, e solombo de porco celta con xudías tenras. A cita comeza ás 21:15, con prazas limitadas e reserva imprescindible.
A xornada incluíu tamén o IV Torneo de Pádel, que continuará durante a fin de semana. O evento, organizado polo Concello xunto con ASAPA e Miño Vivo e coa colaboración da Xunta, recupera unha iniciativa nacida hai catro anos a petición da mocidade, coa intención de consolidala no tempo. O tenente de alcalde, Marcos García Lombardero, destacou a alta participación —catro veces maior ca na primeira edición— e agradeceu a implicación de entidades, colaboradores e asistentes, así como a presenza de representantes da Xunta, do Parlamento e da Deputación.
Adultos, nenos, familias, grupos de amizades fixeron o percorrido nun día espectacular de sol e cunha temperatura de 26º á hora da saída. Acudiron á cita o presidente provincial da AECC, José Manuel Rozas, o alcalde de Ribadeo, Dani Vega, as concelleiras e concelleiro ribadenses, Marta Saiz, Begoña Sanjurjo, Elena Sierra e Francisco José Silvent, a presidenta e o xerente de Acisa, Carmen Cruzado e Jesús Pérez, así como representantes da AECC de Ribadeo coa súa presidenta, Tea Martínez, á cabeza. A II Andaina Ribadeo en marcha contra o cancro contou co patrocinio de Solán e Acisa Ribadeo e coa colaboración do Concello de Ribadeo, Eroski e 2M.
A partir das 19:45 horas abrirán a xornada o Cuarteto Illa Pancha e Tradigalu, mentres que desde as 20:00 horas se poderán degustar hamburguesas á parrilla, bocadillos de panceta e chourizos asados. Xa pola noite, ás 21:30, tomarán o relevo Mi Rollo es el Rock, antes da tradicional fogueira de San Xoán, prevista para as 00:00 horas. A celebración, organizada por A Rebolaxe coa colaboración do Concello de Cervo e a Deputación de Lugo, inclúe tamén o sorteo dunha paleta de cocho e contará con aparcamento habilitado no Estanco da Praia do Torno.
Pasada a medianoite, un vehículo saíuse da vía na N-634. Como consecuencia do impacto, tres persoas resultaron feridas. Da asistencia sanitaria ocupáronse os profesionais de Urxencias Sanitarias de Galicia-061 e os axentes da Garda Civil de Tráfico da seguridade na vía. Os Bombeiros de Barreiros tamén acudiron, sen embargo, ningún dos feridos estaba atrapado.
Baixo o título “A guerra en Oriente Medio. Do xenocidio en Palestina á agresión a Irán”, o analista internacional Duarte Correa ofrecerá unha intervención centrada na evolución do conflito, o impacto humanitario e as implicacións xeopolíticas da escalada bélica na rexión.
A proba, organizada polo CP Altrúan, reunirá 137palistas dos seis clubs lucenses de augas tranquilas que participan na competición: o propio Altruán, o CD San Ciprián, o Club Kayak Foz, o CP Viveiro Urban Hotel, o Cidade de Lugo e o Club Fluvial de Lugo. O deputado de Mocidade Daniel García achegouse esta tarde a Ribadeo para presentar a proba, que comezará ás 15.30 coa saída dos prebenxamíns e benxamíns. A continuación e de forma escalonada, desenvolveranse as probas das categorías infantil, alevín e cadete e xuvenil.



