Lourenzá, a 17 de febreiro de 2021. O voceiro do Grupo Municipal do PP de Lourenzá, Javier Rodríguez, pide ao goberno local, como medida preventiva, a retirada inmediata dos paneis que quedan revestindo o edificio municipal da Casa da Xuventude e o Punto de Atención á Infancia (PAI) tralo recente desprendemento dunha das chapas do lateral que rematou por caer na beirarrúa, un problema que se repite periodicamente. “Garantir a seguridade dos veciños, peóns que circulen pola zona e usuarios do PAI é o prioritario; mentres non se chegue a realizar a obra de mellora que tanto tempo leva anunciando o goberno local”, expón.
O popular critica a actitude “totalmente pasiva” do goberno local ante este asunto porque “levamos dous anos advertindo do perigo e incluso no pleno de setembro do ano pasado preguntamos de novo ao equipo de goberno se agardaban a que houbese danos a terceiros para arranxar este problema; pero a alcaldesa escusouse dicindo que se se quitaban as chapas, se producirían filtracións de auga. A realidade é que se producen filtracións igualmente debido á falta de paneis e ao estado lamentable dos que quedan no lateral do edificio”. Aínda así, “dende o goberno local non actuaron para evitar posibles riscos ás persoas”, lamenta.
Rodríguez explica que “estes desprendementos se producen cando fai moito vento”. Por iso incide en que “é necesario retirar os elementos que supoñen un perigo para as persoas porque o lugar onde caeu a chapa este martes é moi concorrida polos pais e nais que levan e recollen aos seus fillos no PAI. Houbo sorte de que non causou danos materiais nin persoais”. O voceiro do PP engade tamén que “é unha irresponsabilidade por parte do goberno local non ter actuado con máis rapidez para dar solución a este problema”.





















Con motivo desta conmemoración, o Concello anima á veciñanza a participar no Certame do Día do Libro, unha iniciativa pensada para fomentar a creatividade en todas as idades. Categorías do certame: Infantil (3-6 anos): creación dun marcapáxinas orixinal. Primaria (7-11 anos): continuación dunha historia proposta. Adultos (12+ anos): relato, anécdota familiar ou continuación da historia proposta. Data límite: 30 de abril. Envío por correo: prensa@concellodecervo.com. Envío por WhatsApp: 683 315 939
A directora, Ana Traseira, e o brand manager, Carlos García, representaron ao centro lucense, que presentou a experiencia “A comunicación: unha nova ponte cara Lugo”, recoñecida co Accésit do Consello Social da UNED 2025. O proxecto destaca pola súa aposta pola innovación, a proximidade e a mellora continua na relación coa contorna. A UNED de Lugo agradeceu a oportunidade de participar nun espazo que reforza a colaboración e contribúe a construír unha universidade máis conectada, accesible e comprometida.
O curso, impulsado polo Principado de Asturias, desenvolverase en modalidade semipresencial con sete sesións presenciais na Sala El Pajar de As Quintas (A Caridá), en horario de 16:00 a 19:00 horas. A formación é de nivel básico e está aberta tanto a persoas sen experiencia previa como a quen queira iniciarse na fala. As inscricións poden realizarse a través da plataforma da Federación Asturiana de Concejos. O Concello destaca que esta iniciativa contribúe á preservación do patrimonio lingüístico e cultural do territorio.
Varios grupos participan en obradoiros de cestería na Devesa e de manualidades en Rinlo, Cinxe e As Anzas. A Área de Benestar Social, Saúde e Familia quere “potenciar deste xeito a convivencia e encher de propostas os locais sociais do noso concello e de entretemento ás persoas que viven nas parroquias de Ribadeo”.
A programación inclúe propostas variadas como cociña, manualidades, cestería, risoterapia, baile e poda, pensadas para ofrecer alternativas de lecer e fomentar un envellecemento activo entre a veciñanza. Desde o Concello destacan que as actividades “están a ter unha resposta moi positiva por parte dos veciños e veciñas”, o que demostra o interese por este tupo de propostas. Neste sentido, poñen en valor a importancia de promover este tipo de iniciativas, xa que “contribúen a promover un envellecemento activo e melloran a calidade de vida das persoas, xa que fomentan a participación social e serven como punto de encontro”.
Fixoo no marco do Campionato Galego de Coctelería celebrado no Hostal dos Reis Católicos.
O tráfico estará regulado por semáforos e está previsto que este venres rematen as obras.



