Ribadeo, 15 de marzo de 2021. O Concello de Ribadeo está a realizar traballos de reparación no paseo das Aceas, onde se produciron uns desprendementos. O concelleiro de Medio Ambiente, Jorge Díaz, dixo que, tras conseguir os permisos pertinentes, se está a actuar nesa zona repoñendo a varanda de madeira que se viu afectada. Díaz Freije agarda que esta semana quede lista a actuación.
O edil explicou que “fai uns días que se produciron uns desprendementos no entorno das Aceas, no paseo que vai ao Muíño de mareas. Despois de solicitar os permisos pertinentes, estase a restituír a vaia ou aproveitando nalgún treito. Houbo partes que se aproveitaron e outras que se restituíron”.
Jorge Díaz manifestou que “a varanda xa está posta, pero estamos a traballar no ancho do paseo, para darlle un pouquiño máis de amplitude. Esta tarde procederemos a seguir con eses traballos e durante estes días creo que vai quedar xa todo como estaba”.
Po outra banda, a Concellaría de Medio Ambiente está remantando os traballos de poda no entorno da praia e do paseo dos Bloques co obxectivo de evitar posibles derrubes. As tarefas realízanse con recursos propios.
O concelleiro de Medio Ambiente, Jorge Díaz, lembrou que “en xaneiro desde a Área de Medio Ambiente empezamos unha poda exhaustiva de restos vexetais, tanto secos como árbores perigosas, no entorno da praia dos Bloques, tanto no areal como no paseo, pola perigosidade de posibles derrubes, porque xa o ano pasado tivemos un desprendemento aí detrás dunhas casas. Para que isto non volva suceder recomendáronnos que fixéramos unha poda o máis exhaustiva posible e niso levamos traballando estes dous meses, cando as condicións climatolóxicas así nolo permitiron”.
O edil ribadense engadiu que “a vindeira semana agardamos que todas esas tarefas rematen e que esa zona dos Bloques quede o máis segura e o máis limpa posible. Ademais gañouse en visibilidade, porque desde as beirarrúas da Vilavella se pode apreciar, sen arbustos e sen maleza, a beleza da ría e dese areal co que contamos na vila de Ribadeo”.





















Para participar, só é preciso realizar unha compra igual ou superior a 10 euros e rexistrar o tícket na web
Trátasde dunha adaptación da novela de Neira Vilas no décimo aniversario da súa morte, dirixida por Cándido Pazó. 20.30 horas.
Ao remate creouse un pequeno xardín de plantas de tempada de cor rosa na contorna do parque Reina Sofía, como símbolo da loita e da visibilidade desta causa. O Concello agradeceu a participación de todas as persoas asistentes e destacou especialmente o labor da Asociación de Mulleres de San Ciprián, que decorou a cafetaría da Casa do Mar en tons rosas para acoller a merenda final, contribuíndo a crear un espazo cálido e significativo para pechar a xornada.
A alcaldesa de Lourenzá, Rocío López, explica que foi “un encontro para compartir, aprender e lembrar a importancia da prevención, a detección precoz e a investigación. E, como símbolo de apoio, un lazo rosa ilumina a fachada da Casa do Concello e os donativos recollidos destinaranse integramente á AECC”.
Ribagorda visitou Ribadeo acompañado polo director xeral de Comercio, Gabriel Alén, nun percorrido polas principais rúas comerciais da vila, xunto ao xerente de ACISA, Jesús Pérez, e a concelleira de Comercio, Marta Saiz. Na Pontenova, o presidente da Asociación de Comerciantes, José Luis Balseiro, reuniuse tamén con Alén e Ribagorda. A campaña “De compras pola Mariña”, promovida pola FCAM e financiada por Comercio Galego e a Xunta de Galicia, difundirá varios vídeos nas redes sociais e na plataforma De las cosas del comer. Ribagorda percorreu estes días Foz, Lourenzá, Viveiro, Burela, Ribadeo e A Pontenova, achegándose ao comercio local e ao patrimonio natural e cultural da comarca.
O encontro principal terá lugar no comedor da carta o mércores 28 de outubro, ás 14:30 h. Ese mesmo día, ás 09:00 h, Jesús Manuel Blanco García, presidente da asociación micolóxica Os Bolouros, ofrecerá unha charla introdutoria para abrir a xornada.
Recoñecéronse as ganderías con máis participación na baixada tradicional e na feira, así como os mellores exemplares das distintas razas e categorías equinas. García destacou o valor das San Lucas como espazo de recoñecemento ao gando cabalar e ao labor dos gandeiros, fundamental para o coidado dos montes e a preservación das paisaxes tradicionais. A xornada incluíu unha homenaxe a Luciano García, falecido en xullo, impulsor da baixada dos cabalos e fundador de Puraga.



