Ribadeo, 30 de marzo de 2021. Apaga (Asociación de Profesores de Automoción de Galicia) recibiu 43 solicitudes para o curso de interpretación de planos no sector naval que organiza coa colaboración de Estaleiros Gondán. Este mércores, serán seleccionados os 15 alumnos que, a partir do 5 de abril e durante dous ou tres semanas, recibirán esa formación en Ribadeo. O curso, que será impartido por un técnico do estaleiro de Castropol, ten unha duración de trinta horas. O presidente de Apaga, Álvaro Doural, confía en que se celebre unha nova edición para poder satisfacer á gran demanda de inscricións realizadas.
Doural cre que “las cosas han salido realmente muy bien. Es un balance muy positivo. Se han presentado 43 solicitudes. Mañana se realizarán las entrevistas con los candidatos y el día 5, de dos a cinco de la tarde, se iniciará el curso. Está por ver si se va a hacer algún curso más, ante el importante número de personas que lo han solicitado, pero eso está aún por valorar”.
O presidente de Apaga sinala que “15 personas son las que en principio van a iniciar esta formación. Yo espero que se pueda formar más gente porque el número de interesados es importante. Entre los que lo han solicitado hay un importante número de personas que están sin trabajo y después hay otro grupo de gente que lo solicita para cambiar de trabajo porque en este momento está en otro sector. Yo espero que todo vaya muy bien y que esta experiencia sea positiva para todos, tanto para la empresa como para los candidatos que han hecho la solicitud y para nosotros”.
Álvaro Doural destaca que “se inicia un ciclo creo que importante de colaboración con esta empresa, con Astilleros Gondán. Pienso que era necesario responder a su demanda y colaborar con un sector tan pujante en la zona, que muchas veces yo creo que la gente no valora suficientemente esta serie de empresas que tenemos y nos centramos demasiado en otro tipo de actividades como en el turismo, que es importante también, pero este tipo de empresas, de las que desgraciadamente no hay muchas, pienso que deben tener el respaldo de determinadas instituciones como la nuestra”.






















A conselleira do Medio Rural, María José Gómez, acompañada pola directora xeral de Relacións Institucionais e Parlamentarias, Sandra Vázquez, e a directora xeral de Urbanismo, Encarnación Rivas, asistiu á ofrenda da Virxe dos Remedios en Mondoñedo.
Era o único ocupante do turismo e os Bombeiros de Vilalba tiveron que excarceralo. Ao fío das 13:30 horas, un particular informou ao 112 Galicia dun coche que se saíra da vía e acabara batendo contra unha árbore no quilómetro 75 da N-640, en Ludrio (Castro de Rei). O propio alertador sinalou que o accidente semellaba grave polo estado no que quedara o vehículo. Cando chegaron ao lugar, os servizos de emerxencias confirmaron que só había unha persoa implicada,un home que resultou falecido e foi excarcerado polos bombeiros. No operativo participaron Urxencias Sanitarias de Galicia-061, a Garda Civil de Tráfico, os Bombeiros de Vilalba e os servizos de mantemento da estrada.
O director xeral agradeceu aos membros e traballadores da entidade todo o seu labor na defensa dos dereitos dos máis novos. Deste xeito, puxo en valor a súa traxectoria e o compromiso cun modelo integrador e inclusivo no que os menores do sistema de protección vivan nunha contorna totalmente familiar. Neste sentido, Jacobo Rey fixo fincapé na importancia da colaboración entre a Xunta e o tecido social para seguir fortalecendo un sistema que garanta o benestar dos nenos e adolescentes, con centros como San Aníbal que conforman un auténtico fogar.
Na IV Festa dos Ovos Rotos con Chourizo e Feira de Artesanía, María José Gómez puxo en valor a importancia económica e social deste produto e o papel da artesanía alimentaria, con sete operadores presentes. Subliñou que o evento consolídase como unha cita que promove a gastronomía galega e recupera oficios tradicionais, dinamizando a vida económica e social de Castro de Rei.
Este luns, 14 de setembro, deu comezo un novo curso de español dirixido a persoas estranxeiras da man de Ecos do Sur, que se desenvolverá ata o 9 de outubro. A formación será dun total de 80 horas e as clases terán lugar de luns a venres, de 9:30 a 13:30 horas no Centro de Formación Ocupacional. O concelleiro de Inmigración, Mario Pillado, destacou o valor destas propostas para “facilitar ferramentas útiles ás persoas estranxeiras residentes no municipio e favorecer a súa integración, tanto social como administrativa”.
A programación arrancará de 13:00 a 15:00 horas cos pinchos de benvida e unha sesión vermú a cargo do DJ Peabody. A continuación, de 15:00 a 17:00 horas, terá lugar a comida na Finca San Antonio, cun menú composto por salpicón de rape e langostinos, codillo con patacas, pan, postre, café, chupito e bebida incluída. Os tickets teñen un prezo de 40 euros e poden adquirirse en O Rincón, Confitería Alianza, Comercial Anjor e Perruquería Oriola; os menores de 5 anos asistirán de balde e os de 6 a 10 anos contan cun desconto do 50 %. Xa a partires das 18.30 horas haberá sesión de música con Toxo Guayaba.



