Nota de Prensa
O GMS PIDE AO CONSELLEIRO QUE ATENDA POR IGUAL AS NECESIDADES DOS DOUS COLEXIOS EN CERVO
O GMS ENTREGOU AO CONCELLEIRO DE EDUCACIÓN UN LISTADO COAS DEMANDAS DOS PAIS E PIDE QUE SEXAN ATENDIDAS PORQUE CERVO MERECE UN TRATO PREFERENTE EN MATERIA EDUCATIVA
CERVO, 04 DE XUÑO. O GMS de Cervo acudiu á visita do Conselleiro de Educación ao CEIP de Cervo Nº 1 e reclamou as necesidades transmitidas polos pais dos CEIP do Concello. Iso a pesar de que o alcalde de Cervo intentou esquivar aos concelleiros da oposición na visita ao CEIP de San Ciprián, citándoos na casa consistorial á 1 da tarde. Chegamos tarde, pero chegamos a pesar dos atrancos.
Mensaxe da comunidade educativa do Rivera Casás
Dende o GMS puidemos transmitir ao conselleiro o malestar dos pais da comunidade educativa do Rivera Casás pola forma e o trato recibido no proceso de unificación, onde non se lles escoitou a eles e si aos políticos. Piden respecto para as decisións semellantes que o conselleiro vaia a tomar con outros centros e que este modelo de “comunicación de peche” non se empregue noutros casos semellantes en Galicia, polo ben dos nenos e as familias.
Infraestruturas nos centros
Dende o GMS puidemos tamén entregar un resumen das necesidades dos dous centros ao conselleiro:
1. Que a Xunta de Galicia asuma a xestión do comedor do CEIP de Cervo Nº 1, coma así o demandou a comunidade educativa dese centro.
2. Creación dunha sala multiusos no CEIP de Cervo Nº 1, coas dimensións adecuadas para que os nenos e o profesorado podan desenrolar as actividades que o centro propoña (festas Nadal, letras galegas, fin de curso, etc) e que os pais teñan cabida nela.
3. Colocación de columpios para nenos de infantil no CEIP de Cervo Nº 1.
4. Asegurar que todos os autobuses escolares empregados para o transporte escolar en Cervo, teñan dispositivos de sujección tendo en conta que nenos de apenas tres anos fan uso deste servizo.
5. Substitución da cuberta intermedia no patio cuberto do CEIP de Cervo
6. Supresión de barreiras arquitectónicas nas escaleiras de entrada ao centro e na baixada ao campo de xogos no CEIP de Cervo.
7. Cubrir o corredor que une o colexio co pavillón deportivo en ámbolos dous colexios.
8. Cambio de tódolos baños no CEIP de Cervo
9. Cambio de ventanais no CEIP de Cervo por outros de dobre cristal para aforro enerxético.
En Cervo, o mundo ao revés
Por último seguimos sen entender a falsa austeridade do goberno de Feijóo e do Concello de Cervo, que parece que van ao revés do mundo. Páganse dous autobuses de transporte escolar para a maioría dos nenos que vivían ao pe dun colexio, tírase un pavillón no centro do pobo que vai costar unha millonada e gástanse outro tanto para ampliar outro. Sería mais urxente reducir as contías aportadas polos pais para o comedor nestes tempos de crise ou dotar dunha sala multiusos o CEIP de San Ciprián; e no caso do CEIP de Cervo, cubrir o patio e cambiar baños e ventanais para aforro enerxético. Lamentablemente parece que en Cervo, todo é do revés, e estamos convencidos que ista forma de actuar non beneficia aos cidadáns.


















Ocorreu minutos antes das 15 horas e o vehículo obstaculizaba a circulación. O 112 Galicia tivo constancia deste accidente a través dun particular: un camión acababa de envorcar no quilómetro 10 da LU-541, en Ladra (Vilalba). Nun primeiro momento pensouse que o condutor podía estar atrapado, mais conseguiu saír polo seus propios medios. No operativo participaron Urxencias Sanitarias de Galicia-061, os Bombeiros de Vilalba, a Garda Civil de Tráfico e os servizos de mantemento da estrada. O vehículo perdeu algo de combustible como consecuencia do impacto, pero os bombeiros resolveron rapidamente a situación.
No marco desta iniciativa, a asociación realizará o 6 de maio unha viaxe a Monforte, que incluirá visitas ao Museo do Ferrocarril ou ao Pazo de Tor, ao conxunto monumental de San Vicente do Pino, ao Centro do Viño da Ribeira Sacra e unha explicación exterior do Colexio de Nosa Señora da Antiga. As persoas interesadas en participar poden inscribirse entre o 10 de marzo e o 10 de abril chamando ao 660 47 72 30 ou escribindo ao correo vencelloburela@gmail.com.
Esta iluminación comezará acendendo en días sinalados, nos que se celebre ou queira darlle visibilidade a algún acontecemento. “Pareceunos un bo día este 8 de marzo, no que conmemoramos o Día da Muller, comezar o uso desta instalación”, explica a concelleiro de alumeado, Ángel Fernández Neira. “As letras de Foz son un signo de identidade do noso pobo e esta iluminación dálles unha nova vida”, explica o alcalde, Fran Cajoto.
Durante a visita, as representantes municipais fixéronlle entrega dun ramo de flores e compartiron con ela un momento moi agradable, celebrando xuntas esta data significativa. Con este xesto, o Concello quixo recoñecer e poñer en valor ás persoas maiores de Burela, que forman parte fundamental da comunidade e son depositarias da memoria, da experiencia e dos valores do municipio.
O 14 inaugúrase o Rincón da Poesía, con música de gaitas e concerto de Xuaco Amieva, ademais da presentación de Viaxe a Dacondo I. O 21 terá lugar un recital poético-musical na Casa de Cultura, con música en directo, participación de autores locais, presentación do libro Tu voz en mi voz e homenaxe a Luis Pérez del Súcaro.
Este domingo, 8M, celebrouse un xantar no restaurante O Noso Lar no que participaron máis de 100 mulleres con posterior baile na Casa do Mar.
Reuniu na xornada deste sábado no pavillón de deportes a 700 ximnastas procedentes de diferentes puntos da provincia de Lugo e tamén dun club convidado de Pontevedra. Foi un día intenso de deporte e de convivencia, que tivo unha importante repercusión na hostalería local. Desde o Concello felicitan a todas as participantes, subliñan o traballo da organización (Escola Porta Norte) e agradecen o apoio das entidades colaboradoras.



