Viveiro, 5 de abril de 2021. O orzamento anual é o documento máis importante que aproba o pleno municipal en cada exercicio. Unha vez máis, o goberno local, presidido pola socialista María Loureiro, chega tarde e mal no que as grandes contas se refire, o mesmo que pasa noutros moitos asuntos municipais. Chega tarde, explica o portavoz popular, Óscar Rodríguez, porque o orzamento municipal debeu ser aprobado en decembro, para que entrara en vigor nas primeiros días de xaneiro. E non é así. E chega mal, porque, en opinión dos populares, son unhas grandes contas nas que se aprecia falta de traballo, de imaxinación e de proxecto para Viveiro. Co proxecto orzamentario que maña aprobará o goberno, sen contar co apoio do PP, non hai partidas que permitan impulsar as intervencións urbanísticas que precisa a cidade, nin apoio á xeración de emprego e moito menos capacidade para o desenvolvemento de políticas sociais activas, tan necesarias nun tempo de crise como o actual.
O portavoz popular, Óscar Rodríguez, indica que o proxecto de orzamento xeral do concello baixa, con respecto ao do ano pasado, en case un millón, de maneira que pasa de 14 a pouco máis de 13 millóns, dos que só 241.808 euros corresponden a inversións reais. “Mal empezamos xa no total, porque é evidente que a crise económica xerada pola pandemia de covid-19 esixe unha implicación municipal con todos os recursos dispoñibles”, di Rodríguez. E engade: “Cando os recursos esperados quedan moi por debaixo das necesidades reais, os gobernos teñen que moverse e xestionar maior apoio das demais administracións. E se non o fan, como ocorre en Viveiro, non merecen a confianza dos administrados”.
Da pobreza das grandes contas deseñadas por Loureiro e o seu equipo para o presente exercicio económico dan idea algúns datos: para apoio aos migrantes, en 2019 había 87.000 euros; no proxecto para este ano, 3.000 euros. Para “outros servizos complementarios” de Educación, no 2019, consignáronse 115.000 euros, mentres que para o ano en curso non hai nada; para orientación laboral, no 2019, o Concello de Viveiro reservou 38.000 euros, que se quedan en 100 euros para este ano. En Igualdade pasouse de 65.600 euros no 2019 a 11.150 neste proxecto orzamentario. Para axudas ao pequeno comercio, aos autónomos, etcétera, no 2020 había 400.000 euros; no actual, só 200.000. Rodríguez di que “o goberno de María Loureiro vai ter moi difícil explicar aos cidadáns o porque dunhas grandes contas que chegan tarde e tan mal”.
Os concelleiros populares lamentan que a falta de interese do goberno local por xerar investimentos no municipio quede tan patente neste proxecto de grandes contas. Óscar Rodríguez destaca así a falta de partidas suficientes para estimular, xunto con outras administracións, a rehabilitación dos casco histórico, que debería de ser a xoia máis prezada do Concello. Sinala: “A desidia do goberno municipal, ben reflectida neste proxecto orzamentario, propicia que cada día sexan máis os edificios en estado deplorable no casco histórico, e consecuentemente, que cada día estea menos habitado”. En resumo, di Rodríguez, “o proxecto orzamentario chega tarde, é pobre, inadecuado para a realidade de Viveiro e pon de manifesto a falta de xestión do goberno municipal”.
.





















Varios grupos participan en obradoiros de cestería na Devesa e de manualidades en Rinlo, Cinxe e As Anzas. A Área de Benestar Social, Saúde e Familia quere “potenciar deste xeito a convivencia e encher de propostas os locais sociais do noso concello e de entretemento ás persoas que viven nas parroquias de Ribadeo”.
A programación inclúe propostas variadas como cociña, manualidades, cestería, risoterapia, baile e poda, pensadas para ofrecer alternativas de lecer e fomentar un envellecemento activo entre a veciñanza. Desde o Concello destacan que as actividades “están a ter unha resposta moi positiva por parte dos veciños e veciñas”, o que demostra o interese por este tupo de propostas. Neste sentido, poñen en valor a importancia de promover este tipo de iniciativas, xa que “contribúen a promover un envellecemento activo e melloran a calidade de vida das persoas, xa que fomentan a participación social e serven como punto de encontro”.
O xurado profesional outorgou o primeiro premio ao Restaurante Ca Vitoriano por “El susurro del llagar”, seguido do Blanco Hotel Spa e de Los Olivos. No xurado popular, o triunfo foi para Los Olivos, acompañados no podio polo Novak Café e A Mar de Fondo. O Concello de Navia destacou o impacto do evento no dinamismo da vila e o papel clave da hostalaría como motor económico e turístico.
Fixoo no marco do Campionato Galego de Coctelería celebrado no Hostal dos Reis Católicos.
Ocorreu pasadas as 15:30 horas. Un traballador tivo que ser evacuado ao hospital logo de caerlle o tronco dunha árbore enriba mentres realizaba tarefas no monte en Cervo. Aínda que estaba liberado e consciente, precisaba asistencia sanitaria. Os profesionais de Urxencias Sanitarias de Galicia-061 trasladárono finalmente ao Hospital de Burela. Neste operativo tamén participaron a Garda Civil e a Policía Local de Cervo.
O presidente, José Manuel Gómez Puente, destacou o bo tempo e o reencontro do grupo nun percorrido de 22 km entre Pedrafita e Triacastela. A próxima etapa será o 1 de maio, entre Triacastela e Sarria, e xa está aberta a inscrición no teléfono 623 22 68 25.
Ás doce en punto, tres foguetes —un por cada palabra do nome oficial— foron lanzados desde O Castrodouro, capital histórica do termo municipal e orixe da localidade, pois alí, hai 806 anos, Afonso IX concedeu o título de vila e todo un distrito que administrar; episodio histórico do que deriva o nome do concello. Os veciños reunidos mostraron a súa satisfacción pola recuperación da denominación histórica, afirmando moitos deles que nunca deixaran de empregar o nome completo. Do mesmo xeito, os maiores agradeceron aos impulsores da iniciativa a restitución do topónimo que a historia legou ao municipio alfocés.



