Santiago de Compostela, 4 de maio, 2021. A viceportavoz do BNG, Olalla Rodil avanzou que na Xunta de portavoces, para elaborar a orde do día da vindeira sesión plenaria, o BNG solicitou incluír a comparecencia do presidente da Xunta co fin de explicar a evolución da pandemia, a campaña de vacinación e as medidas da Xunta de Galiza cara a desescalada e ante o remate da vixencia do estado de alarma previsto para o 9 de maio.
Sobre a solicitude, a nacionalista explicou que a proposta do PP foi substituír a sesión de control pola comparecencia de Feijóo, proposta que foi rexeitada polo BNG. Feijóo, recalcou Rodil “debe responder ás preguntas de control, algo compatible coa comparecencia si houbese vontade por parte do Presidente da Xunta. O PP non quixo que comparecera presidente e no seu lugar será o conselleiro de sanidade. Dende o BNG insistimos en que debe ser o presidente o “que dea a cara”. A sesión de control e as comparecencias “non son un intercambio de cromos”, recalcou
Por outra parte, engadiu que a pregunta da portavoz nacional do BNG, Ana Pontón ao presidente de Xunta estará centrada na crise industrial que a afecta gravemente a Galiza de Norte a Sur e de Leste a Este. Esta crise, dixo, non se produciu durante a pandemia e está a producir a perda de centos de postos de traballo e ameaza de perda de emprego de miles de traballadores.
A mocidade vive unha “dupla crise”
O BNG interpelará ao goberno sobre a situación laboral da mocidade, unha xeración cunha “dupla crise”, a do 2008 e agora novamente golpeada pola crise da pandemia. A mocidade é un dos segmentos de poboación máis castigados polas consecuencias da CODIV19 e xa partía de menos dereitos e peores condición laborais. Ese “cóctel de precariedade e pandemia” como reflicte a última EPA confirma que en Galiza temos máis traballadores e traballadoras de máis de 55 anos que de menos de 35. Rodil sumou a esta situación, a emigración padecida por Galiza dende hai décadas e as que urxe poñer freo.
A lingua galega será outro dos asuntos que levará a pleno cunha proposición non de lei promovida pola Mesa pola Normalización lingüística para crear unha canle “Xabarín 24hs” na TVG e impulsar os contidos xuvenís e infantís en galego nos medios públicos e plataformas.
Ademais, solicitamos, avanzou Rodil, a comparecencia do conselleiro de Educación para dar conta a situación da lingua galega e ao fío dos últimos informes a este respecto, tanto o informe do Consello de Europa como o publicado pola RAG. O Partido popular, criticou Rodil, tamén “vetou esta comparecencia”. Aínda así, desde o BNG interpelaremos ao goberno galego sobre esta cuestión.
O BNG pide á Xunta que impida o espolio dos bens do Pazo de Meirás
Entre as propostas que serán debatidas á iniciativa do BNG, figuran: unha pregunta oral en pleno sobre as previsións da Xunta de Galiza a respecto dos bens que se atopan no Pazo de Meirás, despois do auto ditado pola Audiencia Provincial da Coruña. A Xunta, afirmou Rodil, debe utilizar todos os instrumentos ao seu alcance para defender os intereses públicos da cidadanía fronte aos “herdeiros do ditador”. É urxente que o goberno galego incoe un expediente para incluír no BIC de Meirás todos os bens mobles que pola súa vinculación co “sitio histórico” deben formar unha unidade.
Finalmente, Rodil tamén fixo alusión á petición do BNG para iniciar o proceso de renovación do Consello de Administración da CRTVG, cuxo mandato caducou “hai catro meses”.





















Baixo o título Memoria de mariñáns. Unha crónica da emigración da Mariña, o xornalista e investigador Martín Fernández Vizoso ofrecerá unha intervención centrada nas historias e vivencias dos emigrantes da comarca, ilustrando o fenómeno migratorio que marcou a vida de moitas familias ao longo do século XX. O evento inclúe tamén unha imaxe histórica de mariñáns retornados de América nos anos 30, que serve de fío visual para contextualizar esta realidade.
O prólogo é da profesora de Debuxo Camino Casabella Pumares, artista con raíces no Alfoz do Castrodouro, que participará na presentación xunto ao presidente do colectivo. Cinco dos pintores estarán presentes no acto, xa que Alaxe faleceu hai tres anos. A portada do caderno é obra do ilustrador Xosé Blanco. O evento celebrarase o sábado 8 de agosto ás 20:00 horas no castelo do Castrodouro, en Alfoz do Castrodouro.
En total foron ofertadas preto de 80 prazas de surf, piragüismo e vela, destinadas a nenas e nenos con idades comprendidas entre os 9 e os 15 anos. As escolas desenvolvéronse en diferentes quendas nos meses de xuño e xullo. O concelleiro de Deportes, Francisco José Silvent, subliñou “a importante participación da rapazada ribadense nas escolas deportivas de verán, que organizamos desde o Concello de Ribadeo coa axuda dos clubs que as impartiron. Queremos agradecer ás familias a confianza depositada nas nosas actividades, que lles serviron aos asistentes para practicar deporte na auga e para pasar uns días aprendendo e perfeccionando técnicas”.
No encontro mantido na sede da delegación territorial da Xunta en Lugo, no que tamén estivo o director territorial da Consellería, Marco Antonio Fernández Piñeiro. abordáronse liñas de cooperación para a mellora de Infraestruturas e de seguridade viaria, de interese para este municipio. O departamento que dirixe M. Allegue segue prestando apoio aos municipios para executar actuacións que contribúan a mellorar a calidade de vida da veciñanza e a reforzar a competitividade económica.
Xa se poden ver auténticas "artistadas", todas coas serea como protagonista, enchendo o ambiente desa creatividade tan propia da celebración.
O corte estará vixente entre as 00:00 e as 05:00 horas da madrugada do venres 7 ao sábado 8 de agosto, co obxectivo de garantir a seguridade das persoas asistentes e o correcto desenvolvemento do evento, que terá lugar nos Xardíns Noriega Varela. Desde o Concello de Viveiro solicítase a colaboración da veciñanza e das persoas condutoras, recomendando planificar os desprazamentos con antelación e utilizar itinerarios alternativos durante o tempo que permaneza vixente esta restrición.
No Campo de Fútbol de As Valgas poderanse ver desde as 21.30 horas as actuacións de Netos de Bandim, chegados desde Guinea Bissau; da Philippine Performing Arts Company, das Filipinas; e do grupo anfitrión O Arco da Vella. Un encontro único de culturas, ritmos e emocións que promete unha noite inesquecible.



