Madrid, 19 de maio de 2021. O delegado territorial da Xunta en Lugo, Javier Arias, sinalou hoxe que Fitur “debe ser, este ano máis que nunca, o foro que sirva para relanzar o Xacobeo 21-22 e apuntalar a nosa posición como destino turístico seguro”.
Arias participará entre hoxe e o venres en diversos actos de promoción da provincia no marco da 41º Feira Internacional de Turismo de Madrid, unha das máis importantes do mundo e a primeira que se celebra de xeito presencial dende a irrupción da pandemia. Neste contexto, asegurou, “queremos rendibilizar o esforzo de adaptación realizado nos últimos meses, as medidas incorporadas na hostalería, e as características dunha oferta turística baseada na cultura e na natureza coa que invitamos á desconexión”.
O delegado asistirá hoxe ao acto inaugural “Xacobeo 2021-2022. Camiña a Galicia”, co que arranca a actividade no stand da Xunta de Galicia. Entre os actos nos que participará mañá figuran a presentación do II Congreso gastronómico e cultural “… E para comer, Lugo no Camiño”, organizado pola Asociación Provincial de Hostalería e Turismo de Lugo, ou eventos de difusión dos xeodestinos dos Ancares e a Mariña lucense. Tamén asistirá o venres á presentación da oferta do Consorcio de Turismo Ribeira Sacra ou da iniciativa “A paisaxe de Galicia dende a bicicleta”, da Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda, entre outros.
O stand de Galicia
Toda a actividade promocional de Galicia ten lugar nun stand de mil metros cadrados que a Xunta pon a disposición das administracións locais e as entidades que desexan presentar a súa oferta turística.
O recinto divídese en dez espazos expositivos dedicados a diferentes produtos e destinos turísticos e prevese a celebración de máis de 40 presentacións, ademais dunha zona dedicada aos profesionais que amplía a súa capacidade e incorpora un set virtual para reunións en liña. A área de Galicia na feira complétase con obradoiros de artesanía en vivo, actuacións musicais na fin de semana e un espazo de degustación atendido polos alumnos do Centro Superior de Hostalería de Galicia.




















Este lume iniciouse ás 14.51 horas do luns e para a súa extinción mobilizáronse, de xeito acumulado, 2 técnicos, 14 axentes, 20 brigadas, 21 motobombas, 1 pa, 5 helicópteros e 7 avións.
José Luis Teso Celis é o vendedor da ONCE que repartiu estes cartos na localidade mariñá, desde o seu punto de venda situado na Avenida da Mariña, número 46.
Durante a xornada realizarase un mural inspirado na obra Diálogo (1946) de Luís Seoane, que Maruja Seoane levou a tapiz ese mesmo ano. A organización convida a toda a veciñanza a participar con lecturas, conversas, cantos, bailes e un xantar compartido.
O xoves haberá unha gran sardiñada no Campo da Pascua e o venres dedicarase ao Día do Neno con atraccións a prezos populares. A organización corre a cargo da Comisión de Festas de San Xoán de Covas coa colaboración das administracións locais e autonómicas.
Os subcampións foron Benja e Álvaro. O torneo reuniu no Real Club Náutico arredor dun centenar de xogadores procedentes de Galicia, Asturias e Castela e León, consolidándose como unha das citas máis destacadas do calendario musístico da costa lucense. Desde LuMus agradecen “el apoyo del Concello de Ribadeo, del Real Club Náutico de Ribadeo, de Mapfre y del resto de colaboradores y patrocinadores que hicieron posible esta cita, que dio comienzo a primera hora de la mañana y se prolongó durante toda la jornada del sábado”.
O festival De Cabo a Cabo, organizado por Fanto Fantini cunha achega provincial de 20.000 €, puxo en valor a diversidade cultural de Burela, onde o 10% da poboación é de orixe caboverdiana. A programación espallouse por varios espazos da vila con música, intervencións artísticas e torneos deportivos, e contou coa presenza de artistas como Baiuca, DJ Danifox, DJ Kandole, Batuko Tabanka, Lilaina ou Saya. A contribución da Deputación permitiu cubrir a infraestrutura técnica e loxística, así como os custos de organización e contratación das actividades.
O Concello destaca que este novo éxito é froito do compromiso, do esforzo e da dedicación constante do deportista, cualidades que lle permiten seguir acadando resultados destacados a nivel estatal. Desde a entidade municipal transmítense os parabéns a González Villares por este subcampionato de España.



