Ribadeo, 5 de xuño, 2021. Na XXVI Feira da Ciencia e da Cultura do IES Ribadeo Dionisio Gamallo tivemos a sorte de contar coa colaboración de catro mulleres investigadoras.
A conferencia inaugural foi impartida para alumnado de 4º ESO por Sonia Villapol, neurocientífica natural de Bretoña que dende 2010 traballa en EEUU, actualmente como investigadora principal e profesora no Texas Medical Center de Houston. Ademáis, dende fai un ano, coordina o Equipo de Investigación Internacional da COVID-19. Na súa conferencia titulada “ A ciencia rescatounos da pandemia” ademáis de falar da Covid 19 e dos danos neurolóxicos que ocasiona, contounos que cada día busca financiación e ideas para o seu equipo de investigación e reflexionou sobre a importancia da cooperación internacional a nivel científico indicando que coa vacinación masiva, o final da pandemia está próximo.
Outra videoconferencia foi con María Vieites, doutora en física nuclear que traballa en Suiza, para o CERN, como investigadora no Grupo de Física de Altas Enerxías. Impartiu para nós a charla “O Cern: acelerando e detectando partículas”. Contounos como funciona o Centro Acelerador de Partículas, que é a máquina máis grande construída polo ser humano, deunos datos tan curiosos como que o túnel do acelerador está situado a 100 metros de profundidade e que traballan coas temperaturas máis frías de toda a galaxia, a -271,3ºC pero ademáis, tratou de que entenderamos a necesidade da antimateria nun mundo dominado pola materia. Do seu traballo diairo destacou que lle permite estar en contacto con colaboradores do CERN repartidos por máis de 80 países e que a información é compartida entre todos o que supón unha grande vantaxe á hora de investigar. Finalmente, María, que foi gran colaboradora como alumna en moitas Feiras da Ciencia, confesounos que ademais de investigar tamén lle gusta divulgar para achegar a ciencia ó público.
De xeito presencial, tivemos a sorte de contar con Ana Boullón, Doutora en filoloxía galega, profesora titular do departamento de galego da USC e que recentemente foi nomeada membro de número da Real Academia Galega (RAG), da que xa é correspondente. O seu ámbito de investigación céntrase sobre todo na onomástica, na edición de textos e na lexicografía. Pronunciou unha charla titulada “Os apelidos galegos” e na súa intervención, explicou a historia da creación dos apelidos e centrouse nalgúns propios da zona de Ribadeo. Como autoridade destacada tamén no ámbito da toponimia, rematou aludindo á polémica sobre a denominación da ría, defendendo, de xeito moi documentado o nome Ría de Ribadeo.
A cuarta muller investigadora coa que contamos na XXVI Feira da Ciencia e da Cultura foi Laura Calaza, licenciada en Matemáticas na USC coa especialidade en Estatística e Investigación Operativa, Máster en Técnicas Estatísticas, membro activo da Real Sociedade Matemática Española pero tamén dende 2015, membro do Instituto da Lingua Galega participando nos proxectos que se desenvolven dentro da Rede de Investigación de Tecnoloxías e Análise de Datos Lingüísticos (TecAnDaLi).
Impartiu dúas charlas: unha para alumnado de 3º ESO titulada “O debate do X” e outra para alumnado de 1º Bacharelato baixo o título “Dime como falas e direiche de onde eres”. Ter unha matemática falando de dialectoloxía galega supón para nós un valor engadido pois axuda a romper esa fronteria entre as ciencias e as letras. Están moito máis ligadas do que podemos imaxinar e Laura demostroullo sobradamente ó noso alumnado.
Dende o IES de Ribadeo Dionisio Gamallo, agradecémoslle a todas elas a súa colaboración desinteresada e dámoslles a noraboa polo seu traballo. Foi un honor contar con elas.
























O prólogo é da profesora de Debuxo Camino Casabella Pumares, artista con raíces no Alfoz do Castrodouro, que participará na presentación xunto ao presidente do colectivo. Cinco dos pintores estarán presentes no acto, xa que Alaxe faleceu hai tres anos. A portada do caderno é obra do ilustrador Xosé Blanco. O evento celebrarase o sábado 8 de agosto ás 20:00 horas no castelo do Castrodouro, en Alfoz do Castrodouro.
En total foron ofertadas preto de 80 prazas de surf, piragüismo e vela, destinadas a nenas e nenos con idades comprendidas entre os 9 e os 15 anos. As escolas desenvolvéronse en diferentes quendas nos meses de xuño e xullo. O concelleiro de Deportes, Francisco José Silvent, subliñou “a importante participación da rapazada ribadense nas escolas deportivas de verán, que organizamos desde o Concello de Ribadeo coa axuda dos clubs que as impartiron. Queremos agradecer ás familias a confianza depositada nas nosas actividades, que lles serviron aos asistentes para practicar deporte na auga e para pasar uns días aprendendo e perfeccionando técnicas”.
No encontro mantido na sede da delegación territorial da Xunta en Lugo, no que tamén estivo o director territorial da Consellería, Marco Antonio Fernández Piñeiro. abordáronse liñas de cooperación para a mellora de Infraestruturas e de seguridade viaria, de interese para este municipio. O departamento que dirixe M. Allegue segue prestando apoio aos municipios para executar actuacións que contribúan a mellorar a calidade de vida da veciñanza e a reforzar a competitividade económica.
Xa se poden ver auténticas "artistadas", todas coas serea como protagonista, enchendo o ambiente desa creatividade tan propia da celebración.
O corte estará vixente entre as 00:00 e as 05:00 horas da madrugada do venres 7 ao sábado 8 de agosto, co obxectivo de garantir a seguridade das persoas asistentes e o correcto desenvolvemento do evento, que terá lugar nos Xardíns Noriega Varela. Desde o Concello de Viveiro solicítase a colaboración da veciñanza e das persoas condutoras, recomendando planificar os desprazamentos con antelación e utilizar itinerarios alternativos durante o tempo que permaneza vixente esta restrición.
A mostra sobre Mimina, que repasa a súa traxectoria vital e artística e o seu papel esencial na creación de Sargadelos como empresa cultural, amplía o seu período de apertura até o 12 de agosto grazas á cesión das instalacións por parte do Concello de Cervo. A exposición poderá visitarse todos os días de 12:00 a 14:00 e de 17:00 a 20:00, e tamén se poden concertar visitas noutros horarios ou para grupos chamando ao 636020514 (Lucía).
No Campo de Fútbol de As Valgas poderanse ver desde as 21.30 horas as actuacións de Netos de Bandim, chegados desde Guinea Bissau; da Philippine Performing Arts Company, das Filipinas; e do grupo anfitrión O Arco da Vella. Un encontro único de culturas, ritmos e emocións que promete unha noite inesquecible.



