Burela, 5 de xuño, 2021. O Pescados Rubén Burela FS deu esta tarde un primeiro paso de xigante na súa loita por seguir gozando da mellor liga do mundo. Os laranxas souberon competir fronte á fortaleza e coraxe de Durán Ejido Futsal (2-3) como local, cunha boa defensa e aproveitando as ocasións no primeira parte. Con 0-3 para os de Sito Rivera, os andaluces recorreron ao xogo de cinco tras o descanso, con 1-3 no 36 e 2-3 a falta de tan só 8 segundos. Vista Alegre poderá decidir xa o venres 11 (21.00 horas) na segunda cita; en caso de ser necesario, o terceiro envite disputarase ás 12.30 horas, tamén na Mariña.
O Pescados Rubén Burela FS fixo valer a súa efectividade en tan só tres minutos para poñer terra por medio, entre o 13 e 16, despois duns compases iniciais con ocasións en ambas as porterías e con moito perigo dos galegos á contra cunha presión asfixiante. Quintela, pola banda, abriu o marcador, para darlle o relevo a Javi Rodríguez no 15, cun golazo desde pista laranxa que sorprendeu a Franco adiantado. O 0-3 subiu co sempre máxico Matamoros, de cabeza, nun saque de banda de David Pazos que lle cedeu Renato ao 10. Durán Ejido optou por xogo de cinco con algo máis de tres minutos por diante para o descanso; case sobre a bucina Renato acariñou o cuarto a porta baleira.
O porteiro xogador local reinou durante toda a segunda parte, con cambio de protagonismo, fronte á sólida defensa galega e ao sempre incomensurable Edu, que desartellou o perigo dos andaluces máis incisivos: A. Motos, Nacho Gil e Cristian Rubio. Non deixou de insistir Durán Ejido no xogo de cinco e Pescados Rubén non conseguía atopar o cuarto. A falta de 4 minutos os locais deron co revulsivo para crer na remontada, con A. Motos. Na recta final, Josema evitou sobre a liña de meta o 1-4, tras un rexeite, e a 8 segundos, para dar aínda máis emoción, A. Motos volveu ver portería, co definitivo 2-3.
Ficha técnica
Durán Ejido Futsal: Franco, Josema, Cortés, A. Motos, Guille, cinco inicial; tamén xogaron Juanillo, Cristian Rubio, Nacho Gil, Negro, A. Vargas, Musa, Nacho C., Bustos
Pescados Rubén Burela FS: Edu, Matamoros, Renato, David Pazos, Quintela, cinco inicial; tamén xogaron Javi Rodríguez, Iago Míguez, Giasson, Álex Diz, Pitero
Goles: 0-1, minuto 13, Quintela; 0-2, minuto 15, Javi Rodríguez; 0-3, minuto 16, Matamoros; 1-3, minuto 36, A. Motos; 2-3, minuto 40, A. Motos
Árbitros: Martínez Flores // Navarro Liza. Por El Ejido amarela a A. Vargas. Por Burela amarela a David Pazos, Pitero, Quintela.
Incidencias: Primeiro partido da fase de promoción de Primeira División disputado no municipal del Ejido.
Final del formulario




















Ás 16 horas deste mércores, o 112 Galicia tivo constancia dunha saída de vía a través do sistema de aviso e-Call do vehículo accidentado. Ocorreu no quilómetro 6 da LU-861, á altura de Santaballa. O propio implicado explicou nese momento que precisaba axuda para saír do vehículo. Nada máis ter constancia, os xestores do 112 Galicia solicitaron a acción de Urxencias Sanitarias de Galicia-061, Garda Civil de Tráfico, Bombeiros de Vilalba e servizos de mantemento da estrada. Os bombeiros axudaron a retirar á persoa do vehículo, mais non foi necesario excarcerar.
O centro conta con espazos para forza, cardio, adestramento funcional e alta intensidade, ademais de propostas acuáticas, ciclo indoor, pilates e programas Les Mills. Dispón tamén dunha área de relax con baño de vapor, duchas especiais e hidromasaxe. O director, Javier Canel, destaca que o obxectivo é ofrecer alternativas para que cada persoa atope o tipo de exercicio que mellor se adapte ás súas necesidades. En setembro, o centro ofrece unha proba gratuíta de tres días e matrícula de balde para novas inscricións.
A partir das 12:00 horas poranse á venda 10.000 abonos ao prezo mínimo garantido, dispoñibles exclusivamente na web oficial do festival. Os prezos serán de 195 € para o abono normal e 295 € para o Pandemonium, con opción de incluír camiseta. A organización recomenda acceder puntualmente á cola virtual e lembra que as entradas deben adquirirse só por canles oficiais para evitar falsificacións. O Resurrection Fest volverá reunir miles de asistentes en Viveiro nunha das grandes citas musicais do verán.
O programa inclúe unha actuación vermú de A Requinta de Lampai ás 14:00, un obradoiro de baile tradicional ás 17:30, os cantos de taberna polos bares a partir das 20:00, pinchos para os grupos participantes ás 22:30 e unha foliada aberta ás 23:30. Os grupos interesados poden inscribirse no 605582624.
A xornada incluirá feira de artesanía desde as 11:30, inauguración ás 12:30 e xantar popular ás 14:45, con tickets dispoñibles ata o 9 de setembro. Haberá showcookings, degustacións, pasarrúas, xogos tradicionais, concentración de Vespas e demostracións de oficios. A organización espera repetir o éxito da última edición, na que se serviron uns 800 pratos.
O delegado territorial da Xunta en Lugo participou este martes nos actos programados con motivo da festividade da Patroa de Ribadeo, Santa María do Campo.
Destacou o apoio da Deputación ao sector primario a través da Granxa Gayoso Castro, centro de referencia en recría, formación e innovación. O evento, organizado pola Asociación Pura Raza Cabalo Galego, incluíu o concurso morfolóxico de distintas categorías —ponis, cabalos do país, cruzados, percheróns, Pura Raza Galega e andadura serrada e chapeada— e unha exhibición de doma de alta escola con eguas de pura raza galega.


