Lugo 9 de xuño de 2021. O 18 de xullo disputarase en Viveiro a primeira edición Copa de Tiro Olímpico Deputación de Lugo, organizada polo Club de Tiro San Roque coa colaboración da área de Deportes. O deputado Efrén Castro o presidente do club viveirense, Juan José Casabella, presentaron esta tarde a competición coa que se retoma, despois de varias décadas, o título provincial.
A proba consistirá en tiradas de 150 platos máis unha final olímpica na que participarán os seis mellores tiradores. As incricións para participar na proba están abertas –a través de Whatsapp ao 616933646- ata o xoves 15 de xuño. A organización estima que o torneo reunirá en Viveiro uns 60 participantes de Galiza e do Occidente asturiano.
O deputado Efrén Castro explicou que “desde a Vicepresidencia da Deputación apoiamos a organización de copas provinciais noutras disciplinas, como o atletismo ou o piragüismo, que ao longo dos anos contribuíron a facer medrar a base deses deportes. Cremos que, no caso do tiro ao plato, a posta en marcha de competicións deste tipo tamén pode ser un aliciente para conseguir ese dinamismo a nivel deportivo. Tamén valoramos o impacto social e económico que o evento pode supoñer para Viveiro”, engadiu.
Juan José Casabella agradeceu o apoio da área de Deportes á organización da proba que, sinalou, “supón un respaldo importante para parte social do club”. Argumentou ademais que “a proba poñerá en valor o campo de Tiro de San Roque, que é o único da provincia con foso olímpico. A Copa será un escaparate para traermos ata aquí máis tiradores”.
Deportes traballa tamén na tramitación dun convenio para financiar obras de mellora do campo de tiro viveirense, unha infraestrutura singular xa que é a única da provincia que dispón de foso olímpico e das poucas do noroeste peninsular – xunto ao das Pontes e Xixón- que dispón de dúas canchas para organizar competicións federadas.
As obras, que se executarán en dúas fases, incluirán a substitución da cuberta do foso olímpico e no acondicionamento do local social. Ademais, reformarase a entrada ao recinto para mellorar a súa accesibilidade.























O alcalde, Pedro Fernández, salientou o seu impacto turístico e deportivo. A edición inclúe un atractivo especial: a Concentración da Selección Española OPEN, que adestrará en Tapia do 1 ao 6 de abril. O Goanna Pro é a segunda proba da Liga PRO, garantindo un nivel competitivo máximo. Datas: Semana Santa 2026. Lugar: Praia de Anguileiro. Destacado: Concentración da Selección Española (1–6 abril).
O delegado destacou a consolidación do evento como referente cultural na Terra Chá. O festival contará con Caamaño & Ameixeiras, Ulex e La Txama, ademais de actividades lúdicas. A cita será no campo da feira de Gontán, con entrada gratuíta.
A mostra reúne unha ampla selección de obras inspiradas na vida, a paisaxe e a identidade mariñá. O acto inaugural celebrarase o domingo 29 de marzo ás 18:00 horas e contará cunha actuación especial da chelista Amanda López López.
A Guía Repsol destaca 24 locais galegos como Soletes de primavera para gozar nesta Semana Santa. Galicia suma xa 357 establecementos recoñecidos con este distintivo, que non se renova nin se revalida, senón que se concede como categoría única. Na provincia de Lugo figuran seis Soletes: ‘Caserío Meiroi’ (Navia de Suarna), ‘Ebos’ (Vilalba), ‘Faragullas’ (Mondoñedo), ‘La Salina’ (Sarria), ‘Ramón’ (Lugo) e ‘Trespés’ (Monforte de Lemos).
A cita celebrarase en Burela entre os días 4 e 6 de setembro, e xa están confirmadas preto dunha ducia de actuacións, entre elas as de Arume, Depedro, Éxtasis, Gara Durán, Juventude o La Milagrosa. O Goberno galego vén cooperando cos organizadores do festival, “que alcanza a súa duodécima edición consolidado como un motor de dinamización económica y cultural para a localidade”, afirmou Arias.
O acto institucional, celebrado este venres, contou coa participación da directora xeral de Igualdade do Principado e coa música de Clandestías.



