Viveiro, 17 de xuño de 2021. O Concello de Viveiro organiza unha charla informativa sobre o acollemento familiar o vindeiro xoves 24 de xuño ás 19:00 na casa do concello. A xornada , baixo o nome, “Contigo Florece: xerando cultura de acollemento”, estará impartida pola Asociación Galega de Familias de Acollida “Acougo”.
A intención da charla é difundir e sensibilizar sobre o acollemento familiar, como unha medida de protección á infancia e á adolescencia. Asemade, o goberno local proporcionará información básica sobre o sistema de protección, para que a cidadanía se achegue a esta realidade creando cultura do acollemento familiar e impulsando esta medida no municipio.
A charla terá unha duración de dúas horas e un carácter activo e participativo, dando un rol protagonista ás persoas participantes. Entre os contidos, trataranse conceptos teóricos para entender o marco do sistema de protección a menores, a carteira de servizos nesta materia e os axentes implicados, as características básicas do acollemento familiar e unha aproximación emocional ao tema.
O Concello de Viveiro pretende con esta iniciativa continuar sensibilizando á poboación sobre as dificultades que atopan os menores neste tipo de situacións, unhas eivas que o goberno local está comprometido a eliminar.
Por motivos de aforo do espazo onde se realizará a charla, as persoas interesadas en asistir deberán confirmar a súa inscrición no teléfono 622672188 ou na ligazón: https://forms.gle/nxWSQRiqgQPA2NSg6




















José Luis Teso Celis é o vendedor da ONCE que repartiu estes cartos na localidade mariñá, desde o seu punto de venda situado na Avenida da Mariña, número 46.
Durante a xornada realizarase un mural inspirado na obra Diálogo (1946) de Luís Seoane, que Maruja Seoane levou a tapiz ese mesmo ano. A organización convida a toda a veciñanza a participar con lecturas, conversas, cantos, bailes e un xantar compartido.
O xoves haberá unha gran sardiñada no Campo da Pascua e o venres dedicarase ao Día do Neno con atraccións a prezos populares. A organización corre a cargo da Comisión de Festas de San Xoán de Covas coa colaboración das administracións locais e autonómicas.
O lume iniciouse ás 14.51 horas do luns e para a súa extinción mobilizáronse, polo de agora, 2 técnicos, 10 axentes, 15 brigadas, 16 motobombas, 1 pa, 5 helicópteros e 7 avións.
Os subcampións foron Benja e Álvaro. O torneo reuniu no Real Club Náutico arredor dun centenar de xogadores procedentes de Galicia, Asturias e Castela e León, consolidándose como unha das citas máis destacadas do calendario musístico da costa lucense. Desde LuMus agradecen “el apoyo del Concello de Ribadeo, del Real Club Náutico de Ribadeo, de Mapfre y del resto de colaboradores y patrocinadores que hicieron posible esta cita, que dio comienzo a primera hora de la mañana y se prolongó durante toda la jornada del sábado”.
O festival De Cabo a Cabo, organizado por Fanto Fantini cunha achega provincial de 20.000 €, puxo en valor a diversidade cultural de Burela, onde o 10% da poboación é de orixe caboverdiana. A programación espallouse por varios espazos da vila con música, intervencións artísticas e torneos deportivos, e contou coa presenza de artistas como Baiuca, DJ Danifox, DJ Kandole, Batuko Tabanka, Lilaina ou Saya. A contribución da Deputación permitiu cubrir a infraestrutura técnica e loxística, así como os custos de organización e contratación das actividades.
O Concello destaca que este novo éxito é froito do compromiso, do esforzo e da dedicación constante do deportista, cualidades que lle permiten seguir acadando resultados destacados a nivel estatal. Desde a entidade municipal transmítense os parabéns a González Villares por este subcampionato de España.



