Lugo, 23 de xuño de 2021. O Presidente da Deputación de Lugo, José Tomé Roca, xunto ao Alcalde de Alfoz, Jorge Val Díaz, supervisou o inicio das obras de construción dunha nave almacén de maquinaria no concello mariñano. Na visita tamén participaron a Deputada de Réxime Interior, Promoción do Territorio e Turismo, Pilar García Porto, e o Deputado de Promoción Económica e Social, Pablo Rivera Capón.
A institución provincial fai unha achega de 115.300 euros para esta nova edificación, que se levanta na Granda de San Pedro, xunto á piscina municipal e o colexio, mentres que o concello aporta 4.435 euros, dentro do convenio de colaboración asinado entre estas dúas institucións.
“Esta nave é moi necesaria porque agora mesmo a maquinaria municipal estase gardando ó aire libre, o que, ademais de expoñela a roubos, que xa se teñen producido, acelera o seu deterioro e provoca avarías que, de estar resgardada, non se producirían”, explicou o Presidente.
Ambos representantes asinaron unha addenda ó convenio de colaboración entre Deputación e Concello que permitirá levar a cabo obras complementarias á construción deste almacén mellorando aínda máis a seguridade. Trátase dun acordo entre as institucións nas que se invisten 20.146 euros de remanentes para esta fin tras a solicitude no mes de maio.
O Presidente tamén supervisou as estradas provinciais que están a ser melloradas con medios propios da Deputación. A LU-P-0202, de San Acisclo a Oiras, foi rexenerada en 8 quilómetros de vía con rego asfáltico, e a LU-P-0209, da Igrexa de Bacoi a Vilar, en dous quilómetros, ambos traballos están valorados en 52.835€. O Presidente destacou que “a mellora desta vía permite unha mellor comunicación entre as parroquias de Alfoz nunha vía que se achega aos 5 metros de ancho”. Así mesmo, o persoal do Parque Móbil provincial está a levar a cabo a limpeza da vía LU-P-0208, de Rúa, en Oiras, a Pereiro.
José Tomé destacou que a Deputación de Lugo está demostrando que é unha administración fundamental para achegar e mellorar os servizos públicos dos veciños e veciñas da provincia con actuacións como as que acomete en Alfoz a través da cooperación cos concellos.
O Presidente asegurou que manter en bo estado as comunicacións por estrada “é imprescindible para favorecer a igualdade de oportunidades e o equilibrio territorial, e, polo tanto, para fixar poboación no rural. Por iso, o mantemento e a mellora da rede de estradas é unhas das nosas liñas de actuación prioritarias”.
Pola súa banda, o Alcalde de Alfoz subliñou a importancia dun traballo coordinado entre as administracións e resaltou que “a Deputación demostra o seu traballo con feitos como as melloras que visitamos. En Alfoz estamos moi agradecidos polo esforzo levado a cabo, dende o Presidente ata os técnicos provinciais, que nos permiten cumprir cos compromisos que temos coa nosa veciñanza”.
























En total foron ofertadas preto de 80 prazas de surf, piragüismo e vela, destinadas a nenas e nenos con idades comprendidas entre os 9 e os 15 anos. As escolas desenvolvéronse en diferentes quendas nos meses de xuño e xullo. O concelleiro de Deportes, Francisco José Silvent, subliñou “a importante participación da rapazada ribadense nas escolas deportivas de verán, que organizamos desde o Concello de Ribadeo coa axuda dos clubs que as impartiron. Queremos agradecer ás familias a confianza depositada nas nosas actividades, que lles serviron aos asistentes para practicar deporte na auga e para pasar uns días aprendendo e perfeccionando técnicas”.
No encontro mantido na sede da delegación territorial da Xunta en Lugo, no que tamén estivo o director territorial da Consellería, Marco Antonio Fernández Piñeiro. abordáronse liñas de cooperación para a mellora de Infraestruturas e de seguridade viaria, de interese para este municipio. O departamento que dirixe M. Allegue segue prestando apoio aos municipios para executar actuacións que contribúan a mellorar a calidade de vida da veciñanza e a reforzar a competitividade económica.
Xa se poden ver auténticas "artistadas", todas coas serea como protagonista, enchendo o ambiente desa creatividade tan propia da celebración.
O corte estará vixente entre as 00:00 e as 05:00 horas da madrugada do venres 7 ao sábado 8 de agosto, co obxectivo de garantir a seguridade das persoas asistentes e o correcto desenvolvemento do evento, que terá lugar nos Xardíns Noriega Varela. Desde o Concello de Viveiro solicítase a colaboración da veciñanza e das persoas condutoras, recomendando planificar os desprazamentos con antelación e utilizar itinerarios alternativos durante o tempo que permaneza vixente esta restrición.
Os deslizadores acuáticos enchen de diversión a praia dos Bloques. Onte, martes, estiveron operativos pola tarde e hoxe, mañá e o venres estarán dispoñibles de 11:30 a 14:00 horas e de 16:00 a 19:30 horas. O concelleiro de Deportes, Francisco José Silvent, anima á rapazada “a achegarse á praia dos Bloques a gozar das actividades de verán que deseñamos desde o Concello. Hóuboas para todos os gustos e idades tanto na pista multideporte como na praia dos Bloques. Agardamos que disfruten estes días cos deslizadores acuáticos, xogando e pasando un mes de agosto o máis divertido posible”.
A mostra sobre Mimina, que repasa a súa traxectoria vital e artística e o seu papel esencial na creación de Sargadelos como empresa cultural, amplía o seu período de apertura até o 12 de agosto grazas á cesión das instalacións por parte do Concello de Cervo. A exposición poderá visitarse todos os días de 12:00 a 14:00 e de 17:00 a 20:00, e tamén se poden concertar visitas noutros horarios ou para grupos chamando ao 636020514 (Lucía).
No Campo de Fútbol de As Valgas poderanse ver desde as 21.30 horas as actuacións de Netos de Bandim, chegados desde Guinea Bissau; da Philippine Performing Arts Company, das Filipinas; e do grupo anfitrión O Arco da Vella. Un encontro único de culturas, ritmos e emocións que promete unha noite inesquecible.



