CERVO .- No día de onte -e despois de recibir a chamada da delegada provincial da Xunta de Galicia e do xefe territorial da Consellería de Medio Ambiente- o Concello de Cervo remitiu á administración autonómica unha primeira estimación de danos provocados polo temporal de choiva no termo municipal.
Nesta primeira valoración as perdas nos bens e infraestruturas municipais foron cuantificadas polos técnicos do Concello en 212.000 euros, distribuídos fundamentalmente en viais locais (130.000 euros), saneamentos (60.000 euros), abastecementos de auga (2.400 euros) e desperfectos en edificios de titularidade municipal (12.000 euros). Ademais, remitiuse tamén unha valoración provisional de danos acaecidos en propiedades privadas por valor de 306.000 euros.
O alcalde de Cervo, Alfonso Villares, sinalou que este inventario de perdas remitido á Xunta está feito de xeito provisional, “e non quita que a lista de danos se teña que ampliar co paso dos días porque aínda estamos traballando para restablecer a normalidade e cada día que pasa atopámonos con novos estragos derivados das choivas” recalcou.
O rexedor confirmou que na mañá de hoxe se puxeron en contacto co Concello representantes da Deputación e da delegación do Goberno solicitando tamén unha lista de danos “e ao igual que fixemos onte coa Xunta, remitímoslles a relación de incidencias que tivemos no noso municipio como consecuencia destas inundacións”.
Oficina para os cidadáns
Ao marxe desta valoración inicial remitida ás tres administracións, o rexedor quixo recordar que permanece a disposición dos veciños unha oficina na Casa Consistorial para que todas aquelas persoas que o desexen comuniquen os danos sufridos nas súas propiedades ou bens, xa sexa en vivendas, enseres, negocios, animais, ou calquera outro tipo de propiedade que se vira afectada polas choivas. “Isto permitiranos ter unha relación de danos o máis exhaustiva e rigorosa posible para que cando se fagan públicas as axudas públicas que se poidan artellar poidamos axilizar e canalizar do mellor xeito posible todas estas peticións veciñais” dixo o alcalde.
Sete días traballando
Villares recordou que aínda hoxe se continúan facendo tarefas para recobrar a normalidade no municipio. “Xa levamos case unha semana dende que aconteceron as choivas torrenciais e dende aquel día, traballadores municipais, membros do servizo de Protección Civil do Concello e operarios da Xunta seguen facendo traballos para restablecer a normalidade nos distintos puntos onde se produciron deperfectos a causa das enchentes e dos asolagamentos. Actualmente esta axuda da Xunta consiste nun camión, unha pala e seis operarios que están traballando xunto cos operarios municipais en tarefas que se centran fundamentalmente no restablecemento de vías municipais, e reparación e acondicionamento das redes municipais de subministro de auga e saneamento” precisou o alcalde.
Por último, Villares quixo salientar a labor destes traballadores e agradeceu unha vez máis a colaboración da Xunta de Galicia e da Axencia Galega de Emerxencias “por todo o traballo que desenvolveron xunto con nos xa dende o primeiro día no que se produciu este suceso”.




















No acto impuxéronlles o birrete e entregáronlles diploma e orla. Despois cantaron unha canción para as familias asistentes. Houbo moitos aplausos e algunhas lágrimas de emoción.
A presidenta do Consello da Cultura Galega, Rosario Álvarez, destacou o carácter participativo da iniciativa, organizada xunto á Xunta e co apoio do Concello. O director xeral de Cultura, Anxo Lorenzo, puxo en valor o traballo colectivo e a implicación das novas xeracións. O concerto estivo dirixido por Maximino Zumalave, coa formación Hércules Brass e Rosa Aneiros como mantedora. Ademais, anunciouse que a próxima edición estará dedicada a Xosé Neira Vilas.
O vendedor da ONCE Daniel José López Legaspi foi quen levou a sorte ao municipio desde o seu posto de venda situado na Praza Maior.
Trátase dun programa de actividades para a infancia e a mocidade que se desenvolverá en xullo e agosto con propostas educativas, deportivas e culturais pensadas para facilitar a conciliación familiar. A oferta inclúe ludoteca, talleres creativos e tecnolóxicos, deporte, contacontos e eventos comunitarios como o Mercado Infantil Solidario ou o Carnaval de Verano. As inscricións realizaranse do 1 ao 15 de xuño no Concello, con prioridade para menores empadroados. O programa reforza o compromiso municipal co apoio ás familias e cun verán activo e accesible para a mocidade do concello.
A comunidade educativa convida especialmente a antigos alumnos, mestres e familias a participar nesta xornada de reencontros e lembranzas.
A festa incorporou unha mesa doce decorada con temática de faros e unha sesión de coctelería dedicada á elaboración de vermús. As persoas asistentes recibiron ademais un detalle conmemorativo: unha botella de aceite de oliva virxe extra de Oleonavas, en homenaxe ás raíces familiares do propietario. O evento incluíu numerosos sorteos grazas á colaboración de diferentes empresas, con premios como comidas en O Noso Lar, na Bodega de Ana ou no Restaurante Nito, ademais de licores, paletillas e circuítos termais. Para esta ocasión preparouse tamén unha carta especial con táboas de carne e instalouse un mural conmemorativo no local. O establecemento agradeceu a fidelidade da clientela e o apoio da veciñanza ao longo desta década, fundamentais para acadar este aniversario tan significativo.
Tras máis de vinte anos dedicada ao debuxo científico, expón desde 2013 e a súa pintura, definida pola crítica como expresiva, colorista e próxima ao surrealismo, chegou xa a numerosos países europeos e americanos. 



