Lugo, 26 de xuño de 2021. O Presidente da Deputación de Lugo, José Tomé Roca, e o Alcalde de Meira, Antonio de Dios Álvarez, asinaron no Pazo de San Marcos un convenio a través do que a institución provincial destina 288.000€ para o acondicionamento da Campa do Plantío, uns terreos que servirán para dotar a este concello dun espazo polivalente para a celebración de todo tipo de actos, axudando a liberar o casco urbano do municipio.
“Esta é unha actuación moi importante para Meira, que non ten un espazo habilitado para celebrar os grandes eventos como a Feira de Exposicións ou a Festa da Xuventude, por exemplo”, sinalou o Presidente. Así mesmo, crearanse neste lugar 250 prazas de aparcamento, que actualmente son moi necesarias para dar resposta ás necesidades que hai na localidade.
“Será unha zona cerrada que tamén servirá para instalar a Unidade Móbil da ITV, que na actualidade utiliza a rúa Fray Vidal, cortando a circulación, ou a praza do Concello e a do Convento Cisterciense, coa incomodidade que supón para os veciños e as veciñas do municipio”, sinalou o Presidente, quen enmarcou este investimento provincial no compromiso da Deputación coa cooperación cos concellos da provincia para que poidan dotar de máis e mellores servizos públicos á veciñanza. Así mesmo, distinguirase unha zona deportiva e para autocaravanas.
O acondicionamento da Campa do Plantío, que contará cunha achega total da Deputación de Lugo de 288.000€ dividida en tres anualidades, contempla formigonar unha explanada dunhas dimensións de 48×85 metros na parte máis elevada do terreo, prolongando así a rúa dos Colexios, dende o cruce coa rúa Fray Vidal, xusto en fronte do Centro de Atención a Maiores da Deputación.
O proxecto inclúe dotar a estes terreos de zonas de acceso peonil, iluminación, plantación de árbores e un peche de madeira para integrar a obra na contorna.




















A comunidade educativa convida especialmente a antigos alumnos, mestres e familias a participar nesta xornada de reencontros e lembranzas.
Ao acto están convidadas a directora xeral de Desenvolvemento Rural e Industrias Agrarias, Mª Begoña López Fernández; o director xeral do Medio Natural, David Villar García; así como as alcaldías dos 14 municipios que forman parte da Reserva, entre outras autoridades.
A festa incorporou unha mesa doce decorada con temática de faros e unha sesión de coctelería dedicada á elaboración de vermús. As persoas asistentes recibiron ademais un detalle conmemorativo: unha botella de aceite de oliva virxe extra de Oleonavas, en homenaxe ás raíces familiares do propietario. O evento incluíu numerosos sorteos grazas á colaboración de diferentes empresas, con premios como comidas en O Noso Lar, na Bodega de Ana ou no Restaurante Nito, ademais de licores, paletillas e circuítos termais. Para esta ocasión preparouse tamén unha carta especial con táboas de carne e instalouse un mural conmemorativo no local. O establecemento agradeceu a fidelidade da clientela e o apoio da veciñanza ao longo desta década, fundamentais para acadar este aniversario tan significativo.
Tras máis de vinte anos dedicada ao debuxo científico, expón desde 2013 e a súa pintura, definida pola crítica como expresiva, colorista e próxima ao surrealismo, chegou xa a numerosos países europeos e americanos.
O Concello destaca que este logro é resultado do esforzo, da dedicación e da paixón polo deporte que o arqueiro demostra en cada competición, levando o nome de Cervo e do seu club ao máis alto. A administración local subliña o orgullo que supón contar con deportistas que representan valores como o traballo, a constancia e a superación.
A iniciativa forma parte do Plan de Sostibilidade Turística en Destino Xacobeo 2021, financiado con fondos europeos Next Generation. No acto proxectouse o tráiler e un capítulo completo. Tras a estrea, os contidos difundiranse nas redes sociais e no YouTube municipal, e no verán organizarase un novo evento para ver a serie íntegra.



