Lugo, 28 de xuño de 2021. A falta de proxecto para a provincia do goberno da Deputación, presidido polo socialista José Tomé, reflíctese en moitos aspectos da súa xestión, tanto nos servizos como nas infraestruturas. O bipartito levará ao pleno de mañá unha proposta para o incremento da taxa do servizo de recría. O portavoz popular, Javier Castiñeira, anuncia que “o grupo provincial do PP votará mañá en contra da subida da taxa do servizo de recría”.
Castiñeira sinala: “Concretamente, a suba é dun 7% con respecto á taxa actual, algo que dende o PP entendemos que non está xustificado. Os informes técnicos din que a concesionaria non é capaz de xustificar esta suba. No PP cremos que é un moi mal comezo para a nova directora da Granxa Gayoso Castro, Sonia Verdes, ex deputada socialista no Parlamento de Galicia e compañeira nesa Cámara do señor Tomé; o PP xa denunciou no seu momento que accedía a esa praza dende unha bolsa de traballo sacada en plena pandemia e con moi pouca transparencia”.
O portavoz popular considera “que os prezos son inxustificados, excesivos e póñense en igualdade de condicións aos dos servizos que prestan diferentes empresas privadas”. Para os populares “non se entende que un servizo público, como é este caso, teña o mesmo prezo que os que se están aplicando agora mesmo nas empresas privadas”.
Castiñeira di que a proposta que leva o bipartito ao pleno “é unha proba máis da falta de xestión do Partido Socialista na granxa Gayoso Castro e, como vén denunciando o PP, da falta de proxecto para a provincia, que trae como resultado, entre outras consecuencias, unha suba desproporcionada do 7% na taxa do centro de recría, que acabarán pagando os gandeiros da nosa provincia”.




















Varios grupos participan en obradoiros de cestería na Devesa e de manualidades en Rinlo, Cinxe e As Anzas. A Área de Benestar Social, Saúde e Familia quere “potenciar deste xeito a convivencia e encher de propostas os locais sociais do noso concello e de entretemento ás persoas que viven nas parroquias de Ribadeo”.
A programación inclúe propostas variadas como cociña, manualidades, cestería, risoterapia, baile e poda, pensadas para ofrecer alternativas de lecer e fomentar un envellecemento activo entre a veciñanza. Desde o Concello destacan que as actividades “están a ter unha resposta moi positiva por parte dos veciños e veciñas”, o que demostra o interese por este tupo de propostas. Neste sentido, poñen en valor a importancia de promover este tipo de iniciativas, xa que “contribúen a promover un envellecemento activo e melloran a calidade de vida das persoas, xa que fomentan a participación social e serven como punto de encontro”.
O tráfico estará regulado por semáforos e está previsto que este venres rematen as obras.
O xurado profesional outorgou o primeiro premio ao Restaurante Ca Vitoriano por “El susurro del llagar”, seguido do Blanco Hotel Spa e de Los Olivos. No xurado popular, o triunfo foi para Los Olivos, acompañados no podio polo Novak Café e A Mar de Fondo. O Concello de Navia destacou o impacto do evento no dinamismo da vila e o papel clave da hostalaría como motor económico e turístico.
Fixoo no marco do Campionato Galego de Coctelería celebrado no Hostal dos Reis Católicos.
O presidente, José Manuel Gómez Puente, destacou o bo tempo e o reencontro do grupo nun percorrido de 22 km entre Pedrafita e Triacastela. A próxima etapa será o 1 de maio, entre Triacastela e Sarria, e xa está aberta a inscrición no teléfono 623 22 68 25.
Ás doce en punto, tres foguetes —un por cada palabra do nome oficial— foron lanzados desde O Castrodouro, capital histórica do termo municipal e orixe da localidade, pois alí, hai 806 anos, Afonso IX concedeu o título de vila e todo un distrito que administrar; episodio histórico do que deriva o nome do concello. Os veciños reunidos mostraron a súa satisfacción pola recuperación da denominación histórica, afirmando moitos deles que nunca deixaran de empregar o nome completo. Do mesmo xeito, os maiores agradeceron aos impulsores da iniciativa a restitución do topónimo que a historia legou ao municipio alfocés.



