Ribadeo, 1 de xullo, 2021. A dous quilómetros da localidade de Ribadeo localízase a illa Pancha. Esta illa está na parte máis occidental da Ría de Ribadeo e alberga un faro construido no 1857, operativo ata 1983 e dependente da Autoridade Portuaria de Ferrol – San Cibrao. Polas súas características a Ría de Ribadeo ten recoñecidas varias figuras de protección:Zona Especial de Conservación “Río Eo”, Humidal Protexido “Ría de Ribadeo”, Zonas de Especial Protección dos Valores Naturais (ZEPVN) “Río Eo”, Reserva da Biosfera “Río Eo, Oscos e Terras de Burón”, Zona Húmida de Importancia Internacional (Convenio Ramsar) “Ría do Eo” e Zona de Especial Protección das Aves.
A illa alberga os dous faros de Ribadeo. O antigo foi construído no século XIX e posteriormente substituído polo actual a finais do século XX. Segundo algunhas guías turísticas, está considerado como un dos faros máis fermosos de Galicia e tamén é o primeiro deles entrando nesta comunidade desde Asturias. Forma parte do Roteiro dos Miradoiros. Ademáis a illa está a 8 quilómetros da praia das Catedrais, declarado Monumento Natural segundo a Orde do 5 de xullo de 2020 da Xunta de Galicia de xullo de 2020.
O 30 de xuño do 2015 a Autoridade Portuaria de Ferrol – San Cibrao outorga concesión de ocupación do dominio público portuario estatal a unha empresa privada. Segundo consta no título concesional a empresa promotora do proxecto ocupará “unha superficie de 500m² na illa Pancha”. Nesta superfie inclúense os seguintes elementos: antigo faro, antigo garaxe, rampa antigo garaxe, parcela contigua ao antigo garaxe, parcela de terro ao outro lado do camiño e parcela de terreo en torno a faro e garaxe.
Na primaveira do 2015, veciños e veciñas de Ribadeo preocupados polo proxecto que se ía a executar na illa Pancha constitúense como colectivo chamado “Por nuestro faro” e comezan un periplo de solicitudes administrativas e peticións de informacións, moitas delas desestimadas por silencio. Con data 1 de decembro do 2017 o concello de Ribadeo procede a conceder licenza de actividade para Apartamentos turísticos na illa Pancha quedando constancia do libre acceso público á illa. Na actualidade está non é posible acceder á illa estando as portas seladas con candado.
Ecoloxistas en Acción advirten que segundo a Directiva 92/43/CEE do Consello, do 21 de maio de 1992, relativa á conservación dos hábitats naturais e da fauna e flora silvestres o artigo 6. 3. recolle que “Calquera plan ou proxecto que, sen ter relación directa coa xestión do lugar ou sen ser necesario para a mesma, poida afectar de forma apreciable aos citados lugares, xa sexa individualmente ou en combinación con outros plans e proxectos, someterase a unha adecuada avaliación das súas repercusións no lugar, tendo en conta os obxectivos de conservación do devandito lugar. Á vista das conclusións da avaliación das repercusións no lugar e supeditado ao disposto no apartado 4, as autoridades nacionais competentes só se declararán de acordo con devandito plan ou proxecto tras asegurarse de que non causará prexuízo á integridade do lugar en cuestión e, se procede, tras sometelo a información pública”.
O artigo 36.2 da Lei do Chan de Galicia establece respecto ao Réxime de usos que no chan rústico de especial protección será necesario obter a autorización ou informe favorable do órgano que ostente a competencia sectorial correspondente con carácter previo á obtención do título habilitante municipal ou autorización autonómica nos casos en que esta fose preceptiva segundo o disposto no número seguinte.
A organización ecoloxista asegura a obrigatoriedade da avaliación das repercusións do proxecto sobre a Rede Natura 2000 resulta obrigatoria para todos os proxectos que poidan afectar de forma apreciable ás especies ou hábitats obxecto de conservación na Rede Natura 2000 á que pertence a illa Pancha – Ría de Ribadeo.
Ecoloxistas en Acción entende que o uso hoteleiro do faro da Illa Pancha vai máis aló da rehabilitación do faro e débese avaliar a afección turística na illa Pancha, tanto as súas consecuencias para o patrimonio natural como para a biodiversidade da contorna. Consideran que as actuacións poderían estar enmarcadas dentro do Código Penal polo daño causado a un espazo natural protexido.




















José Luis Teso Celis é o vendedor da ONCE que repartiu estes cartos na localidade mariñá, desde o seu punto de venda situado na Avenida da Mariña, número 46.
Durante a xornada realizarase un mural inspirado na obra Diálogo (1946) de Luís Seoane, que Maruja Seoane levou a tapiz ese mesmo ano. A organización convida a toda a veciñanza a participar con lecturas, conversas, cantos, bailes e un xantar compartido.
O xoves haberá unha gran sardiñada no Campo da Pascua e o venres dedicarase ao Día do Neno con atraccións a prezos populares. A organización corre a cargo da Comisión de Festas de San Xoán de Covas coa colaboración das administracións locais e autonómicas.
O lume iniciouse ás 14.51 horas do luns e para a súa extinción mobilizáronse, polo de agora, 2 técnicos, 10 axentes, 15 brigadas, 16 motobombas, 1 pa, 5 helicópteros e 7 avións.
Os subcampións foron Benja e Álvaro. O torneo reuniu no Real Club Náutico arredor dun centenar de xogadores procedentes de Galicia, Asturias e Castela e León, consolidándose como unha das citas máis destacadas do calendario musístico da costa lucense. Desde LuMus agradecen “el apoyo del Concello de Ribadeo, del Real Club Náutico de Ribadeo, de Mapfre y del resto de colaboradores y patrocinadores que hicieron posible esta cita, que dio comienzo a primera hora de la mañana y se prolongó durante toda la jornada del sábado”.
O festival De Cabo a Cabo, organizado por Fanto Fantini cunha achega provincial de 20.000 €, puxo en valor a diversidade cultural de Burela, onde o 10% da poboación é de orixe caboverdiana. A programación espallouse por varios espazos da vila con música, intervencións artísticas e torneos deportivos, e contou coa presenza de artistas como Baiuca, DJ Danifox, DJ Kandole, Batuko Tabanka, Lilaina ou Saya. A contribución da Deputación permitiu cubrir a infraestrutura técnica e loxística, así como os custos de organización e contratación das actividades.
O Concello destaca que este novo éxito é froito do compromiso, do esforzo e da dedicación constante do deportista, cualidades que lle permiten seguir acadando resultados destacados a nivel estatal. Desde a entidade municipal transmítense os parabéns a González Villares por este subcampionato de España.



