Ribadeo, 8 de xullo de 2021. O mercado de produtoras e produtores locais, que se celebra cada domingo ata o 10 de outubro na contorna da praza de abastos de Ribadeo, presentou a súa nova imaxe que dará unidade ao proxecto e o fará máis visible.
O Concello de Ribadeo fixo entrega dos materiais onde se pode ver a nova imaxe do Mercado dos Domingos. Trátase de manteis, mandís, bolsas de tela reutilizables ou marcapáxinas cos datos dos produtorxs, onde figuran os
seus contactos para poder facer os pedidos directamente.
O Mercado dos Domingos, organizado polo Concello de Ribadeo e a Asociación Produtores da Horta A Sucadoira, “ofrece un mercado de produtos de proximidade, onde se poden atopar produtos da horta, así como outros relacionados co sector primario como queixos, pan, ostras ou coitelos. Ademais este ano apostamos ademais pola eliminación do uso dos plásticos. Deste xeito, vanse repartir bolsas de tela reutilizables entre os compradores e premiarase a aqueles que acudan coa súa propia bolsa cunha participación para o sorteo de cestas de produtos, que se celebrarán ao longo do verán”, segundo explicou o concelleiro de Desenvolvemento Local e Comercio, Pablo Vizoso.
O edil ribadense subliñou que “coa implantación dunha imaxe conxunta preténdese dar unha maior visibilidade ao Mercados dos Domingos, que pon en valor a economía de proximidade, potencia o consumo de temporada e saudable, beneficia a nosa economía local e dinamiza a nosa vila”.























Actuarán Carlos Ares, Celia Becks, Futuro Alcalde e Alcalá Norte, e o sábado será a quenda de La M.O.D.A., Ángel Stanich, Puño Dragón e Repion. López destacou o impacto económico do festival, cun retorno estimado dun millón de euros, mentres que Rouco subliñou a súa importancia turística e a achega municipal de 120.000 €.
O evento celebrarase este sábado 25, de abril, na capital lucense. Durante a xornada matinal, o alumnado asistirá a clases impartidas por profesionais de distintas disciplinas, tanto do ámbito da danza clásica como da moderna. Pola tarde, ás 19:30 horas, o grupo da EMMeD subirá ao escenario do Auditorio Gustavo Freire xunto aos demais centros convidados, nunha actuación que servirá como peche desta xornada de convivencia e intercambio artístico.
Un home perdeu a vida este xoves tras sufrir un accidente cunha res no lugar de Carelle Grande, na parroquia do Burgo (Muras). O suceso tivo lugar sobre as 19 horas, cando un familiar deu a voz de alarma ao 112 Galicia e explicou que o implicado fora aplastado polo animal. De inmediato, activouse un operativo no que participaron Urxencias Sanitarias de Galicia-061, que desprazaron ao punto o helicóptero medicalizado con base en Santiago, e a Garda Civil. Unha vez alí, os profesionais sanitarios só puideron confirmar o falecemento do home.
Con motivo desta conmemoración, o Concello anima á veciñanza a participar no Certame do Día do Libro, unha iniciativa pensada para fomentar a creatividade en todas as idades. Categorías do certame: Infantil (3-6 anos): creación dun marcapáxinas orixinal. Primaria (7-11 anos): continuación dunha historia proposta. Adultos (12+ anos): relato, anécdota familiar ou continuación da historia proposta. Data límite: 30 de abril. Envío por correo: prensa@concellodecervo.com. Envío por WhatsApp: 683 315 939
A directora, Ana Traseira, e o brand manager, Carlos García, representaron ao centro lucense, que presentou a experiencia “A comunicación: unha nova ponte cara Lugo”, recoñecida co Accésit do Consello Social da UNED 2025. O proxecto destaca pola súa aposta pola innovación, a proximidade e a mellora continua na relación coa contorna. A UNED de Lugo agradeceu a oportunidade de participar nun espazo que reforza a colaboración e contribúe a construír unha universidade máis conectada, accesible e comprometida.
Varios grupos participan en obradoiros de cestería na Devesa e de manualidades en Rinlo, Cinxe e As Anzas. A Área de Benestar Social, Saúde e Familia quere “potenciar deste xeito a convivencia e encher de propostas os locais sociais do noso concello e de entretemento ás persoas que viven nas parroquias de Ribadeo”.
Fixoo no marco do Campionato Galego de Coctelería celebrado no Hostal dos Reis Católicos.



