Estou segura de que todos e todas as que xa temos unha certa idade lembramos perfectamente esa pregunta que, nun momento dado, escoitamos, nos fixeron, ou mesmo fixemos, cando nos presentaban a alguén alá pola nosa mocidade e que era case obrigada:
E ti , estudas ou traballas?.
Algúns anos mais tarde, alá pola movida dos 80, foi substituída, non sen certa retranca, por aquela de E ti, estudas ou deseñas?, que case sempre se lles facía a aqueles que, teoricamente, aínda estaban estudando, pero soamente dese xeito, teoricamente, porque aos libros se lles acumulaba o po nos estantes, as aulas as pisaban mais ben pouco, se acaso moi de cando en vez para quedar con algún colega, e os convertían nos eternos alumnos de facultades nas que impartían carreiras que semellaban non ter fin, a lo menos para eles, que seguían matriculándose ano tras ano, sen que a cobizada licenciatura chegara nunca xamais.
Tampouco traballar era unha opción que contemplaran porque, e este era outro argumento mítico, “A cousa está moi mal”, dicían, para, de seguido, deixarnos claro que tiñan outras aspiracións e que a eles, ou a elas, o que lles gustaba realmente, a súa vocación, era deseñar, o que fora, pero deseñar, todo servía, roupa, complementos…..e todos tiñan claro que desexaban e chegarían ademais a ser, auténticas iconas, referentes, nos deseños de aquelo que escolleran, case sempre relacionado co mundo da moda, polo que a resposta a pregunta en cuestión era, evidentemente, “Eu deseño”, pero claro, para eso había que agardar a que chegara a inspiración, que agás en raras excepcións adoitaba facerse agardar….se é que chegaba algún día!, polo que, mentres tanto, e dado que os ingresos dos proxenitores si seguían chegando puntualmente, a vivir!.
Non preciso dicir que aínda hai quen segue agardando pola inspiración de marras que non acaba de aparecer, e que, iconas, o que se di iconas daquela época, non coñezo a ningunha.
Como moito, cheguei a ver algún pequeno negocio que papá a mamá sufragaron, e que o mozo ou a moza en cuestión, aspirante a gran empresario e, por suposto! deseñador, rexentaron durante un tempo mais ben curto vestidos do xeito mais cool do momento mentres ollaban as páxinas do Elle ou do Vogue e se imaxinaban no back stage deses grandes desfiles das semanas da moda da época, rodeados de famosos que matarían por lucir os seus deseños, e asediados polos fotógrafos e xornalistas, ata que as moreas de facturas facían que os proxenitores tomaran cartas no asunto, instando ao peche, ou, con sorte, transformando a boutique alternativa e glamourosa na mercería de toda a vida a vista de que o deseñador ou a deseñadora non acababa de arrincar nin de amosar disposición para o traballo, e que os acredores xa comezaban, nalgún caso, a ser vellos coñecidos.
Varias décadas pasaron xa desde entón, e, malia que poida semellar o contrario, as cousas non mudaron tanto, e na actualidade, eso si, o Ti estudas ou traballas?, ou o Ti estudas ou deseñas? , poderían ser substituídos polo, E ti, traballas ou reivindicas?, porque xa é oficial, estamos mergullados de cheo na era das reivindicacións, pero das reivindicacións digamos tranquilas, das que non esixen moito esforzo, agás o puramente dialéctico, desde a casa, desde o sofá concretamente, a golpe de redes sociais, de likes, de consignas lapidarias, que lanzan aqueles que chegaron a conclusión de que están na posesión da verdade, e que defenden todo……. o defendible e o indefendible, sen permitir que se lles leve a contraria porque para eso saben de todo, entenden de todo, deciden quen serve e quen non, e, faltaría mais!, quen é digno ou digna de formar parte das súas filas, integradas, por suposto, polo mais selecto, e para o cal si que hai un requisito imprescindible que cumprir:
Ante o mais mínimo desacordo con eles, a quen ouse discrepar, hai que insultalo, insultar moito, ser o mais groseiro e agresivo verbalmente posible, algo doado, e que, vai contar, ademais, con inmediatos adeptos, que se van a apuntar a causa sen mais, sen pararse a pensar nin por un segundo se o instigador e instigadora ten ou non razón, instigador ou instigadora que vai deixar claro desde o primeiro momento que é unha autoridade na causa que escolleu como obxecto dos seus desvelos virtuais e como escusa para soltar todo o veleno que leva dentro e deixar de lado a escasa educación que, imos supoñer, ten.
Por suposto, todo aquel que discrepa, sexa persoa, ou medio de comunicación, é automaticamente cualificado de fascista, facha ou machista que son, e isto xa é tamén oficial, os novos insultos estrela, que manexan cunha soltura tal, que da gloria lelos, así, tolerantes, dialogantes….Un verdadeiro pracer!.
Nin que dicir ten que nunca, baixo ningún concepto, por mais que se demostren os seus erros, vai saír unha desculpa da súa boca, ou mai ben, do seu dedo, porque, como xa dixen, a súa inxente labor se limita as redes sociais.
Por suposto, ante a pregunta de si traballan ou reivindican……alguén adviña a resposta?.
Por suposto, o de traballar queda para os demais…e teño para min que se uniron ao grupo dos 80 que aínda segue agardando pola inspiración, porque eles, de traballar, non entenden.
Están chamados para causas maiores, para guiarnos a todos os que, sen as súas impagables ensinanzas, andaríamos perdidos, ou, a lo menos, actúan coma se así fora, e por isto, supoño, soamente reivindican!.




















No acto, o autor estará acompañado por Xosé Ramón Veiga, profesor de Historia Contemporánea na USC, e por Francisco Villamil, profesor de Ciencia Política na Universidade Carlos III. A Galicia moderna (1880-1939) desmonta a visión tradicional dunha Galicia rural, atrasada e pasiva no cambio de século, e amosa a profunda transformación económica, agraria e social que viviu o país nese período.
No acto intervirán o autor e Xoan Ramón Fernández Pacios, cronista oficial de Foz. A actividade está organizada pola Federación de Librarías de Galicia en colaboración co Concello de Foz.
Villares visitou a exposición fotográfica dedicada a Calvo-Sotelo, instalada na praza de Pancho Maseda, que forma parte do programa conmemorativo do centenario. A mostra reúne unha selección de imaxes seleccionadas pola propia familia do expresidente para achegar á cidadanía diferentes momentos da súa traxectoria persoal e política. A conmemoración, que se estende ao longo de todo 2026, busca poñer en valor a figura de Calvo-Sotelo e a súa relación con Ribadeo, onde deixou unha importante pegada vinculada, entre outras cuestións, ao impulso de infraestruturas.
Durante case dúas horas desenvolveuse unha conversa aberta arredor do mundo do espírito e do contido da obra, nun encontro ao que asistiu un grupo numeroso de persoas dispostas non só a escoitar, senón tamén a dialogar e compartir reflexións. Tras a intervención inicial de Pepe Peinó como responsable do proxecto, tomou a palabra o escritor Lionel Rexes, quen achegou novas perspectivas antes de abrir o debate ao público. As opinións, argumentos e matices sobre relixión, espiritualidade, Deus e os valores que sustentan a convivencia foron enchendo o espazo nun ambiente participativo e respectuoso, no que as diferenzas quedaron en segundo plano fronte á forza do diálogo, a solidariedade e o afecto.
O alcalde, Dani Vega, fixo un balance moi positivo: “foi un concerto moi especial nun marco espectacular, como é a igrexa parroquial de Ribadeo, e no que o gaiteiro Carlos Núñez encandilou aos asistentes co seu repertorio. Todos os asistentes disfrutámolo moito”. Xunto a Carlos Núñez estiveron o rexedor e as concelleiras de Cultura, Turismo e Seguridade, Begoña Sanjurjo, Marta Saiz e Montse Seijo.
A iniciativa xurdiu co obxectivo de xuntar o alumnado que coincidira na EGB, pero axiña se ampliou a todas aquelas persoas que compartiron pupitres e amizades tamén no instituto.
O público, totalmente entregado de principio a fin, amosouno cos intensos e prolongados aplausos que acompañaron toda a actuación. Ao remate, os asistentes expresaron o seu desexo de poder gozar no futuro de novos concertos do artista, que sen dúbida volverán entusiasmar ao público.



