Santiago de Compostela, 21 de xullo 2021. A viceportavoz parlamentaria do BNG, Olalla Rodil, cualifica a comparecencia do presidente da Xunta sobre as medidas a adoptar ante a quinta onda da pandemia “máis un mitin ca unha rolda de prensa”, no que “vemos unha vez máis como Núñez Feixóo está buscando como botar balóns fóra e escusas para non ter que asumir a súa responsabilidade como presidente das galegas e dos galegos”.
“Laiarse de que Galiza non ten vacinas non é a forma de conseguir que o antídoto chegue”, asegura para engadir a continuación que “se a vacina é a mellor garantía para protexer ao conxunto da poboación, ademais de queixarse pola falta de doses, o lóxico sería facer algo para poder acceder a esas vacinas”. Neste sentido, Rodil insiste en volver pedir dende o BNG ao Goberno galego que “presione ao Estado español e á UE para conseguir máis doses, dentro das que existen hoxe no mercado”.
De igual xeito, insta á Xunta a intensificar os rastrexos e a reforzar a Atención Primaria, a que cualifica de grande prexudicada en toda a pandemia, pero sobre todo nesta quinta onda. “A presión sobre os centros de saúde e especialmente sobre o persoal sanitario, que está exhausto, é brutal e hoxe é máis necesario ca nunca incrementar os recursos económicos e humanos para garantir que a base do sistema sanitario galego non continúe deteriorándose aínda máis do que xa está”, advirte.
A viceportavoz parlamentaria do BNG tamén fai un chamamento á mocidade para pedirlle “prudencia” porque a pandemia continúa e “é necesario que todas e todos cumpramos coas medidas sanitarias para frear o avance do virus”. “Dende o BNG queremos pedirvos un último esforzo e que sigades sendo igual de responsables que o fostes ata o de agora porque, aínda que sabemos que é difícil e estamos todas e todos moi cansos, protexéndonos todos e todas estamos garantindo a protección do conxunto da sociedade e mo especialmente das persoas vulnerables”, conclúe.





















Xa se poden ver auténticas "artistadas", todas coas serea como protagonista, enchendo o ambiente desa creatividade tan propia da celebración.
O corte estará vixente entre as 00:00 e as 05:00 horas da madrugada do venres 7 ao sábado 8 de agosto, co obxectivo de garantir a seguridade das persoas asistentes e o correcto desenvolvemento do evento, que terá lugar nos Xardíns Noriega Varela. Desde o Concello de Viveiro solicítase a colaboración da veciñanza e das persoas condutoras, recomendando planificar os desprazamentos con antelación e utilizar itinerarios alternativos durante o tempo que permaneza vixente esta restrición.
Os deslizadores acuáticos enchen de diversión a praia dos Bloques. Onte, martes, estiveron operativos pola tarde e hoxe, mañá e o venres estarán dispoñibles de 11:30 a 14:00 horas e de 16:00 a 19:30 horas. O concelleiro de Deportes, Francisco José Silvent, anima á rapazada “a achegarse á praia dos Bloques a gozar das actividades de verán que deseñamos desde o Concello. Hóuboas para todos os gustos e idades tanto na pista multideporte como na praia dos Bloques. Agardamos que disfruten estes días cos deslizadores acuáticos, xogando e pasando un mes de agosto o máis divertido posible”.
A mostra sobre Mimina, que repasa a súa traxectoria vital e artística e o seu papel esencial na creación de Sargadelos como empresa cultural, amplía o seu período de apertura até o 12 de agosto grazas á cesión das instalacións por parte do Concello de Cervo. A exposición poderá visitarse todos os días de 12:00 a 14:00 e de 17:00 a 20:00, e tamén se poden concertar visitas noutros horarios ou para grupos chamando ao 636020514 (Lucía).
Durante tres días desfrutan dun programa intenso de actividades na natureza: montaxe e desmontaxe do campamento, surf en Esteiro, tiro con arco, xincana e diversos xogos. A iniciativa está promovida polas Concellerías de Xuventude e Deporte xunto coa Oficina de Información Xuvenil.
Olimpia López, supervisou hoxe en Cospeito un control da campaña de velocidade da DGT, que busca previr sinistros nun verán de maior tráfico. Lembrou que a velocidade inadecuada está presente no 22 % dos accidentes mortais e apelou á responsabilidade dos condutores: cada km/h conta para salvar vidas.
No Campo de Fútbol de As Valgas poderanse ver desde as 21.30 horas as actuacións de Netos de Bandim, chegados desde Guinea Bissau; da Philippine Performing Arts Company, das Filipinas; e do grupo anfitrión O Arco da Vella. Un encontro único de culturas, ritmos e emocións que promete unha noite inesquecible.



