Lourenzá, 22 de xullo, 2021. O Sindicato Labrego Galego, en colaboración coa Asociación Labregas e a Confederación de Mulleres do Mundo Rural (CERES) organiza no local da Asocciación de Veciños de San Adriano de Lourenzá un curso de iniciación ós cultivos de horta en ecolóxico. En palabras do técnico do SLG Andrés Castro, que impartirá as clases, “trátase dun curso no que aprenderemos as nocións básicas do cultivo sen químicos das pequenas hortas familiares, o seu manexo e coidado, tanto dos cultivos como do solo e do medioambiente”.
O cursiño constará de catro sesións de 3 horas de duración, en horario de 18:30 a 21:30, os martes 3 e 10 de agosto e 7 e 14 de setembro, e dado o carácter das asociacións organizadoras e o tipo de financiación está adicado específicamente a mulleres en activo -se ben pode asistir até un 10% de varóns-.
Para anotarse pódese facer no teléfono 698159667 ou no email lourenza@sindicatolabrego.com
























A mostra reúne unha ampla selección de obras inspiradas na vida, a paisaxe e a identidade mariñá. O acto inaugural celebrarase o domingo 29 de marzo ás 18:00 horas e contará cunha actuación especial da chelista Amanda López López.
O actor e humorista continuará a súa xira pola comarca e presentará esta mesma proposta en Burela o venres 27 de marzo, ás 21:00 horas, na Casa da Cultura. O monólogo combina imaxes e historias, con contidos novos e outros xa coñecidos, sempre cun humor moi persoal. A función está recomendada para maiores de 14 anos e as entradas, a 5 euros, poderán adquirirse no despacho de billetes desde unha hora antes. O evento conta coa colaboración do Concello de Burela, a Xunta de Galicia, a Agadic e a Rede Galega de Teatros e Auditorios.
A Guía Repsol destaca 24 locais galegos como Soletes de primavera para gozar nesta Semana Santa. Galicia suma xa 357 establecementos recoñecidos con este distintivo, que non se renova nin se revalida, senón que se concede como categoría única. Na provincia de Lugo figuran seis Soletes: ‘Caserío Meiroi’ (Navia de Suarna), ‘Ebos’ (Vilalba), ‘Faragullas’ (Mondoñedo), ‘La Salina’ (Sarria), ‘Ramón’ (Lugo) e ‘Trespés’ (Monforte de Lemos).
O acto institucional, celebrado este venres, contou coa participación da directora xeral de Igualdade do Principado e coa música de Clandestías.
Habilitarase o Rego das Flores. Desde o Concello recoméndase á cidadanía ter en conta esta incidencia nos seus desprazamentos mentres se manteña a restrición.
A cita celebrarase en Burela entre os días 4 e 6 de setembro, e xa están confirmadas preto dunha ducia de actuacións, entre elas as de Arume, Depedro, Éxtasis, Gara Durán, Juventude o La Milagrosa. O Goberno galego vén cooperando cos organizadores do festival, “que alcanza a súa duodécima edición consolidado como un motor de dinamización económica y cultural para a localidade”, afirmou Arias.
Será un concerto acústico e intimista, pensado para gozar da súa música nun formato próximo. Entrada libre ata completar aforo.



