Viveiro, 30 de xullo de 2021. O Concello de Viveiro acollerá durante o mes de agosto o programa ‘Veran(e)arte’, con espectáculos culturais pensados para un público familiar, con aforos limitados e un cumprimento estrito de todos os protocolos Covid-19.
“Apostamos pola cultura segura, como xa fixemos en meses anteriores, cun programa que inclúe actividades por todo o concello para todas as idades e tendo sempre moi en conta a necesidade de extremar as precaucións”, afirma a alcaldesa de Viveiro, María Loureiro.
A concelleira de Cultura, Lara Fernández Fernández Noriega, explica pola súa parte que “terán cabida no programa todo tipo de expresións artísticas, desde circo, maxia, contacontos ou grupos musicias, cunha aposta moi clara pola cultura galega e local”.
O programa ten dúas modalidades, unha de espectáculos ao aire libre en espazos como os Xardíns Noriega Varela, o parque Pernas Peón, Covas ou Celeiro, e unha segunda con actividades no Teatro Pastor Díaz.
Todas as actividades serán de balde excepto o concerto familiar ‘Yo soy ratón’ (30 de agosto no Teatro Pastor Díaz). As charangas programadas actuarán exclusivamente pola mañá e farán parada só no templete da música (Xardíns Noriega Varela).
Un dos concertos programados, o de Guadi Galego o 16 de xullo no parque Pernas Peón, será inclusivo para a comunidade xorda, polo que estarán dispoñibles as mochilas vibratorias Subpac das que dispón o Concello de Viveiro. A reserva de entradas para este espectáculo comeza o día 3 de agosto. Será de luns a venres de 10:00 a 13:00 horas chamando ao 676 87 77 99. Só poderán reservarse dúas cadeiras por persoa.
Todos os eventos terán aforo limitado e protocolos Covid-19, polo que será preciso chegar 30 minutos antes para evitar aglomeracións. Para os espectáculos no Pastor Díaz é necesario reservar entradas no 982 560162 ou no mail rbg.cultura@viveiro.es
‘Veran(e)arte’ traerá ao concello concertos da banda de música, teatro infantil, monicreques e contacontos. Haberá só unha actividade exclusivamente para público adulto, a obra de teatro ‘Lope en feminino’, de Antonio Travieso, o día 7 de agosto no Teatro Pastor Díaz.
























O prólogo é da profesora de Debuxo Camino Casabella Pumares, artista con raíces no Alfoz do Castrodouro, que participará na presentación xunto ao presidente do colectivo. Cinco dos pintores estarán presentes no acto, xa que Alaxe faleceu hai tres anos. A portada do caderno é obra do ilustrador Xosé Blanco. O evento celebrarase o sábado 8 de agosto ás 20:00 horas no castelo do Castrodouro, en Alfoz do Castrodouro.
En total foron ofertadas preto de 80 prazas de surf, piragüismo e vela, destinadas a nenas e nenos con idades comprendidas entre os 9 e os 15 anos. As escolas desenvolvéronse en diferentes quendas nos meses de xuño e xullo. O concelleiro de Deportes, Francisco José Silvent, subliñou “a importante participación da rapazada ribadense nas escolas deportivas de verán, que organizamos desde o Concello de Ribadeo coa axuda dos clubs que as impartiron. Queremos agradecer ás familias a confianza depositada nas nosas actividades, que lles serviron aos asistentes para practicar deporte na auga e para pasar uns días aprendendo e perfeccionando técnicas”.
No encontro mantido na sede da delegación territorial da Xunta en Lugo, no que tamén estivo o director territorial da Consellería, Marco Antonio Fernández Piñeiro. abordáronse liñas de cooperación para a mellora de Infraestruturas e de seguridade viaria, de interese para este municipio. O departamento que dirixe M. Allegue segue prestando apoio aos municipios para executar actuacións que contribúan a mellorar a calidade de vida da veciñanza e a reforzar a competitividade económica.
Xa se poden ver auténticas "artistadas", todas coas serea como protagonista, enchendo o ambiente desa creatividade tan propia da celebración.
O corte estará vixente entre as 00:00 e as 05:00 horas da madrugada do venres 7 ao sábado 8 de agosto, co obxectivo de garantir a seguridade das persoas asistentes e o correcto desenvolvemento do evento, que terá lugar nos Xardíns Noriega Varela. Desde o Concello de Viveiro solicítase a colaboración da veciñanza e das persoas condutoras, recomendando planificar os desprazamentos con antelación e utilizar itinerarios alternativos durante o tempo que permaneza vixente esta restrición.
A mostra sobre Mimina, que repasa a súa traxectoria vital e artística e o seu papel esencial na creación de Sargadelos como empresa cultural, amplía o seu período de apertura até o 12 de agosto grazas á cesión das instalacións por parte do Concello de Cervo. A exposición poderá visitarse todos os días de 12:00 a 14:00 e de 17:00 a 20:00, e tamén se poden concertar visitas noutros horarios ou para grupos chamando ao 636020514 (Lucía).
No Campo de Fútbol de As Valgas poderanse ver desde as 21.30 horas as actuacións de Netos de Bandim, chegados desde Guinea Bissau; da Philippine Performing Arts Company, das Filipinas; e do grupo anfitrión O Arco da Vella. Un encontro único de culturas, ritmos e emocións que promete unha noite inesquecible.