A Mariña, 30 de xullo de 2021. O presidente da Mancomunidade de Concellos da Mariña, Fran Cajoto, realizou unha valoración moi positiva da visita realizada hoxe polo Secretario de Estado de Turismo, Fernando Valdés, á comarca.
Cajoto declarou que “é un impulso moi importante, esta é unha comarca na que cada vez o turismo ten máis relevancia. Con esa boa nova que nos trasladaba a ministra, con ese apoio decidido do Goberno do Estado ao proxecto de turismo sostible, que tamén está cofinanciado pola Xunta e pola Mancomunidade, para a comarca, con 3 millóns de euros, que vamos poder investir en xerar produto tamén fóra da tempada de verán e desestacionalizar un turismo, que cada vez é un recurso máis importante”.
O presidente da Mancomunidade subliñou que “é unha moi boa nova e estamos encantados de recibilo e de ensinarlle esta comarca tan preciosa que temos. Desexamos que nos acompañe en moitas máis ocasións. É un orgullo e un privilexio telo aquí hoxe connosco”.
O Secretario de Estado de Turismo, Fernando Valdés, na súa comparecencia ante os medios asegurou que “la visita tiene todo el significado del mundo, además en el momento actual. Yo creo que empezamos a recuperar poco a poco la actividad turística en todas las regiones de España, después de meses muy complicados. Y hacerlo en una comarca como A Mariña lucense y con una tan buena noticia como el compromiso de las tres administraciones para una inversión tan importante, de 3 millones de euros, en el desarrollo de un Plan de Sostenibilidad, que ha de transformar el destino, que tiene que mejorar el recurso y la capacidad que tiene esta comarca de mejorar su oferta, de desestacionalizar, de incorporar recurso de toda la zona interior, afectada por la despoblación, a la oferta turística, creo que sin duda merecía la pena la visita de la Secretaría de Estado, la mía en particular, para explicar el compromiso del Gobierno de España con esta propuesta turística”.
Valdés cre que “el hecho de que desde el Ministerio de Industria, Comercio y Turismo, desde la Secretaría de Estado de Turismo, claramente desde el año pasado se haya puesto el foco en los Planes de Sostenibilidad como la opción de futuro del liderazgo de España en materia de turismo a nivel internacional es un compromiso que se refleja precisamente en lo que representa el proyecto de A Mariña, una comarca que trabaja unida y que ha hecho una propuesta, sin lugar a dudas, de muchísima calidad, que ha entendido perfectamente la lógica de esa transformación del destino aprovechando la inversión pública para mejorar el recurso y la capacidad que tiene de distribuir las capacidades turísticas a lo largo de toda la comarca. Creo que es motivo de orgullo para todos, sin duda para los gallegos y para las gallegas”.
O Secretario de Estado de Turismo engadiu: “he tenido la ocasión de compartirlo con los alcaldes y alcaldesas de la Mancomunidad y espero que sea ésta la primera de muchas otras propuestas. Yo creo que tiene todo el sentido del mundo que desde el Gobierno de España, en colaboración con la Xunta, se hagan apuestas tan decididas por recursos turísticos como éste. A futuro y viendo como el turista cada vez más va a querer un turismo más experiencial, donde se junte no sólo su estancia en la playa sino la capacidad que va a tener para hacer una ruta de senderismo o las visitas que puede hacer a un paisaje inigualable. Todo eso nos ha de permitir colocar a la comarca, a Galicia y a España en la posición de liderazgo que siempre hemos tenido, pero incorporando nuevos recursos”.
Fernando Valdés participou nun almorzo de traballo no hotel Oca, de Foz, xunto ás alcaldesas, alcaldes, concelleiras e concelleiros da comarca. Estivo acompañado polo delegado territorial da Xunta en Lugo, Javier Arias, pola subdelegada do Goberno en Lugo, Isabel Rodríguez, e por Mayra García, responsable da Área de Economía da Deputación de Lugo.
O Secretario de Estado de Turismo visitou a praia das Catedrais, en Ribadeo; a ponte vella de Fazouro, en Foz, para visualizar o Camiño do Mar; e o Monte San Roque, en Viveiro.






















O programa inclúe inscricións, concertos, exhibicións, rutas e exposición de vehículos. Con motivo do evento, haberá cambios temporais de tráfico no casco urbano, con prohibicións de circulación e estacionamento en varias rúas e modificacións de sentido. O Concello pide á veciñanza que respecte a sinalización para garantir o correcto desenvolvemento das actividades.
A piscina abrirá de luns a venres de 8:30 a 13:00 e de 15:30 a 22:00, e os sábados de 8:30 a 14:30. O ximnasio manterá horario continuo de luns a venres, de 8:30 a 22:00, e os sábados de 8:30 a 14:30. A tempada arrinca tras diversas melloras nas instalacións, entre elas a renovación da cuberta do polideportivo, cun investimento de 195.000 euros, así como a substitución de portas de emerxencia, a intervención en pontóns das piscinas e o cambio das huellas de volteo. O Concello continúa así reforzando o mantemento e a seguridade dun complexo utilizado diariamente por numerosos veciños e deportistas.
Este luns, 14 de setembro, visitaron Mondoñedo, a Praia das Catedrais e Santa Cruz. A viaxe evocou as lecturas de Cunqueiro e as súas Crónicas do sochantre, nun percorrido que incluíu a catedral mindoniense e o barrio dos Muíños, ademais da emblemática praia de Augas Santas. Pola tarde participaron nunha exhibición de billarda grazas á estimable colaboración dos billardeiros da comarca. O martes partiron de regreso a Loktudi.
A conselleira do Medio Rural, María José Gómez, acompañada pola directora xeral de Relacións Institucionais e Parlamentarias, Sandra Vázquez, e a directora xeral de Urbanismo, Encarnación Rivas, asistiu á ofrenda da Virxe dos Remedios en Mondoñedo.
O director xeral agradeceu aos membros e traballadores da entidade todo o seu labor na defensa dos dereitos dos máis novos. Deste xeito, puxo en valor a súa traxectoria e o compromiso cun modelo integrador e inclusivo no que os menores do sistema de protección vivan nunha contorna totalmente familiar. Neste sentido, Jacobo Rey fixo fincapé na importancia da colaboración entre a Xunta e o tecido social para seguir fortalecendo un sistema que garanta o benestar dos nenos e adolescentes, con centros como San Aníbal que conforman un auténtico fogar.
A programación arrancará de 13:00 a 15:00 horas cos pinchos de benvida e unha sesión vermú a cargo do DJ Peabody. A continuación, de 15:00 a 17:00 horas, terá lugar a comida na Finca San Antonio, cun menú composto por salpicón de rape e langostinos, codillo con patacas, pan, postre, café, chupito e bebida incluída. Os tickets teñen un prezo de 40 euros e poden adquirirse en O Rincón, Confitería Alianza, Comercial Anjor e Perruquería Oriola; os menores de 5 anos asistirán de balde e os de 6 a 10 anos contan cun desconto do 50 %. Xa a partires das 18.30 horas haberá sesión de música con Toxo Guayaba.
Este luns, 14 de setembro, deu comezo un novo curso de español dirixido a persoas estranxeiras da man de Ecos do Sur, que se desenvolverá ata o 9 de outubro. A formación será dun total de 80 horas e as clases terán lugar de luns a venres, de 9:30 a 13:30 horas no Centro de Formación Ocupacional. O concelleiro de Inmigración, Mario Pillado, destacou o valor destas propostas para “facilitar ferramentas útiles ás persoas estranxeiras residentes no municipio e favorecer a súa integración, tanto social como administrativa”.



