Cervo, 2 de agosto de 2021. O Concello de Cervo vai renovar a rede de abastecemento en diferentes zonas da parroquia de Sargadelos.
En concreto, tal e como explicaron o rexedor, Alfonso Villares e a tenente alcalde, Dolores García Caramés, no encontro que mantiveron co pedáneo da zona, José Luis Peña, a actuación levarase a cabo en dúas vías, na que une a Ponte do Río Xunco ata a estrada do Vilar, e na que discorre desde a Fonte Santa ata o cruce da Ponte do Rego de Sargadelos e suporá un investimento de preto de 50.000 euros, todos eles procedentes de fondos municipais – 48.169,83 euros concretamente-.
O obra consistirá fundamentalmente na substitución da rede de abastecemento de auga potable existente, o que implica a apertura das correspondentes gabias nas vías obxecto da actuación e a correspondente reposición do firme afectado.
Estes traballos veñen sumarse e complementar unha recente actuación realizada nesta mesma parroquia de Sargadelos na que se melloraron distintas arterias de comunicación.
En concreto, actuouse nos últimos meses nun tramo de case 2,5 quilómetros que se corresponde co camiño que discorre desde o cruce da Casa da Administración ata o cruce da Ponte do Rego; o que supuxo un investimento de case 40.000 euros financiados pola Xunta de Galicia, con fondos AGADER dentro do Plan Marco de Melloras de Camiños Municipais de Acceso a Parcelas Agrícolas 2020-2021.
Villares explicou que a obra -xa rematada- foi concibida co obxectivo de mellorar o firme do camiño sen variar a súa natureza, conseguindo unha boa evacuación e drenaxe das augas pluviais coa execución de canles, cunetas ou medios canos ao longo de todo o seu trazado.
Así mesmo –engadiu- tamén se realizou a limpeza dos pasos salva cuneta e a reposición dos que se atopaban deteriorados e colocouse a sinalización vertical necesaria para mellorar a seguridade viaria do camiño.
O rexedor fixo fincapé na importancia deste tipo de actuacións “que contribúen a poñer en valor o noso rural dotándoo de servizos de calidade e facéndoo máis atractivo para vivir e para o asentamento de novas familias”.






















Subliñou o traballo colectivo, o papel do voluntariado e a participación de arredor de mil corredores. Tamén puxo en valor o impacto económico e social da proba e o apoio institucional que permite o seu crecemento, incluída a difusión en streaming que levou a CAMOVI e a Viveiro a todo o mundo.
O presidente, José Manuel Gómez Puente, destacou o bo tempo e o reencontro do grupo nun percorrido de 22 km entre Pedrafita e Triacastela. A próxima etapa será o 1 de maio, entre Triacastela e Sarria, e xa está aberta a inscrición no teléfono 623 22 68 25.
Ás doce en punto, tres foguetes —un por cada palabra do nome oficial— foron lanzados desde O Castrodouro, capital histórica do termo municipal e orixe da localidade, pois alí, hai 806 anos, Afonso IX concedeu o título de vila e todo un distrito que administrar; episodio histórico do que deriva o nome do concello. Os veciños reunidos mostraron a súa satisfacción pola recuperación da denominación histórica, afirmando moitos deles que nunca deixaran de empregar o nome completo. Do mesmo xeito, os maiores agradeceron aos impulsores da iniciativa a restitución do topónimo que a historia legou ao municipio alfocés.
Viveiro, 20 de abril, 2026. A proba volveu converter Viveiro nun punto destacado do deporte e da convivencia, ademais de supoñer un impulso económico para o municipio. María Loureiro destacou que a Camovi “é un exemplo de colaboración e esforzo colectivo, que sitúa Viveiro no mapa e dinamiza a economía local”. O Partido Socialista lembra o seu apoio histórico á carreira e reafirma o seu compromiso para seguir contribuíndo ao seu crecemento. O PSOE agradece tamén á veciñanza a súa acollida e implicación, fundamentais para que o evento continúe medrando ano tras ano.
Castro destacou o labor da Asociación e o potencial da tradición do ferro como motor económico, social e cultural para Riotorto, subliñando a importancia de impulsar iniciativas que garantan futuro para estes oficios. A Deputación de Lugo mantén unha colaboración estable coa entidade, cunha achega de 14.000 euros. No marco deste apoio, a Asociación avanzou na documentación dos oficios do ferro, catalogando ferramentas, técnicas e a historia das antigas “ferrerías de monte”.
O responsable provincial destacou "o traballo realizado pola organización ao longo destes anos para consolidar unha proba deportiva de primeiro nivel, que atrae tanto deportistas do máximo nivel competitivo como participación popular"



