Cervo, 2 de agosto de 2021. O Concello de Cervo vén de dixitalizar o proceso de reservas das dúas pistas de pádel municipais situadas no complexo da Veiga.
Así, deste este luns, as persoas interesadas xa poden acceder ao espazo de reservas de Espazos Deportivos https://reservas.concellodecervo.com/, crear o seu usuario, e seleccionar o día e a franxa horaria que mellor se adapte ás súas circunstancias. Unha vez realizado o pago da pista recibirán un correo eléctrónico que acredita dita reserva.
Unha vez realizado o trámite, as chaves da instalación estarán a disposición das persoas usuarias na piscina municipal en horario de 10:30 a 13:30 horas, de luns a venres; e de 10:30 a 13:30 horas, os sábados (durante o verán). Un horario que se amplía no inverno sendo de 9:00 a 15:00 horas e de 16:00 a 22:00 horas (de luns a venres) e de 9:00 a 13:30 horas e de 17:30 a 20:30 horas, os sábados.
Tal e como explicaron o rexedor, Alfonso Villares, e o edil de Deportes David Rodríguez, “levamos meses traballando para poder ofrecer este servizo ás persoas usuarias destas instalacións municipais, co obxectivo de axilizar o proceso de reserva, e simplificar o procedemento” –xa que ata o de agora as persoas usuarias debía achegarse ata o Concello de xeito presencial para facer o trámite-.
Esta aplicación –explican- “permite dar un novo salto de calidade ás nosas instalacións, tendo en conta tamén o recente investimento que fixemos nas propias pistas de pádel”. Unha actuación que consistiu en cubrir a pista que carecía de protección; e pecháronse as dúas lateralmente a partir dunha altura de 2,45 metros, “co que as condicións de xogo melloraron substancialmente, podendo utilizar as pistas sexa cal sexa a situación meteorolóxica”.






















Subliñou o traballo colectivo, o papel do voluntariado e a participación de arredor de mil corredores. Tamén puxo en valor o impacto económico e social da proba e o apoio institucional que permite o seu crecemento, incluída a difusión en streaming que levou a CAMOVI e a Viveiro a todo o mundo.
O presidente, José Manuel Gómez Puente, destacou o bo tempo e o reencontro do grupo nun percorrido de 22 km entre Pedrafita e Triacastela. A próxima etapa será o 1 de maio, entre Triacastela e Sarria, e xa está aberta a inscrición no teléfono 623 22 68 25.
Ás doce en punto, tres foguetes —un por cada palabra do nome oficial— foron lanzados desde O Castrodouro, capital histórica do termo municipal e orixe da localidade, pois alí, hai 806 anos, Afonso IX concedeu o título de vila e todo un distrito que administrar; episodio histórico do que deriva o nome do concello. Os veciños reunidos mostraron a súa satisfacción pola recuperación da denominación histórica, afirmando moitos deles que nunca deixaran de empregar o nome completo. Do mesmo xeito, os maiores agradeceron aos impulsores da iniciativa a restitución do topónimo que a historia legou ao municipio alfocés.
Viveiro, 20 de abril, 2026. A proba volveu converter Viveiro nun punto destacado do deporte e da convivencia, ademais de supoñer un impulso económico para o municipio. María Loureiro destacou que a Camovi “é un exemplo de colaboración e esforzo colectivo, que sitúa Viveiro no mapa e dinamiza a economía local”. O Partido Socialista lembra o seu apoio histórico á carreira e reafirma o seu compromiso para seguir contribuíndo ao seu crecemento. O PSOE agradece tamén á veciñanza a súa acollida e implicación, fundamentais para que o evento continúe medrando ano tras ano.
Castro destacou o labor da Asociación e o potencial da tradición do ferro como motor económico, social e cultural para Riotorto, subliñando a importancia de impulsar iniciativas que garantan futuro para estes oficios. A Deputación de Lugo mantén unha colaboración estable coa entidade, cunha achega de 14.000 euros. No marco deste apoio, a Asociación avanzou na documentación dos oficios do ferro, catalogando ferramentas, técnicas e a historia das antigas “ferrerías de monte”.
O responsable provincial destacou "o traballo realizado pola organización ao longo destes anos para consolidar unha proba deportiva de primeiro nivel, que atrae tanto deportistas do máximo nivel competitivo como participación popular"


