Viveiro a 17 de agosto de 2021. Unha nova orde de axudas para proxectos naqueles GALP que teñen orzamento dispoñible nos obxectivos estratéxicos do plan financeiro do programa de axudas da EDLP.
A xestión das axudas mantense como ata o de agora en colaboración cos GALP de cada zona, que actúan como entidades colaboradoras no seu respectivo ámbito territorial, nas condicións e coas obrigas asumidas nos convenios asinados coa Consellería do Mar.
Convócanse estas axudas para o exercicio orzamentario do ano 2021, en réxime de concorrencia competitiva, e o procedemento que regula a presente orde correspóndese co código #PE155A.
Os proxectos que se presenten poderán ser para investivestimentos de carácter produtivo e non produtivo e perseguirán a consecución dalgún dos seguintes obxectivos:
a) Aumento do valor, creación de emprego, atracción da mocidade e promoción da innovación en todas as fases da cadea de subministración dos produtos da pesca e da acuicultura.
b) Apoio á diversificación dentro ou fóra do sector da pesca comercial, á aprendizaxe permanente e á creación de emprego nas zonas pesqueiras e acuícolas.
c) Impulso e aproveitamento do patrimonio ambiental das zonas pesqueiras e acuícolas, incluídas as operacións de mitigación do cambio climático.
d) Fomento do benestar social e do patrimonio cultural das zonas pesqueiras e acuícolas, incluído o patrimonio cultural pesqueiro, acuícola e marítimo.
e) Reforzo do papel das comunidades pesqueiras no desenvolvemento local e da gobernanza dos recursos pesqueiros e actividades marítimas locais.
O prazo de presentación de solicitudes de axuda será dun mes a contar dende o día seguinte da publicación desta Orde.
Consulta o DOG completo: https://www.xunta.gal/dog/Publicados/2021/20210817/AnuncioG0427-040821-0001_gl.pdf?fbclid=IwAR3pgabCwW4cl7sCIS52-M2a3yd5ymCuVprgRZyDs75K10giBV_MFX6HaIo





















Durante esas xornadas realizaranse estudos xeotécnicos imprescindibles para planificar correctamente as actuacións previstas, o que require que a maquinaria e o persoal traballen directamente sobre a infraestrutura, impedindo o paso de vehículos. Recoméndase ás persoas usuarias empregar rutas alternativas durante o corte, que só permitirá o acceso ás dúas vivendas situadas na Barxa. O Concello pide desculpas polas molestias e agradece a colaboración da veciñanza.
Afirman que os accesos ao Campo da Festa resultan moi dificultosos, especialmente para persoas con carriños de nenos ou cadeiras de rodas. Critican que a obra se trasladase a esta zona xusto antes das festas, deixando outros tramos a medio facer e sen ter en conta as necesidades dun barrio que consideran “marxinado”. Sinalan tamén á alcaldesa como responsable de evitar esta situación. A veciñanza esixe un arranxo inmediato do acceso, aínda que sexa provisional, e a instalación dunha sinal luminosa na alambrada situada ao final da obra.
A actividade, dirixida pola especialista Nuria Torrado, ofreceu ás crianzas un espazo para desfrutar, moverse, xogar e aprender a conectar co seu corpo e coa respiración mediante exercicios e dinámicas adaptadas ás súas idades. No último día, a rexedora Dolores García Caramés achegouse para compartir un anaco cos participantes, escoitar as súas impresións e agradecer o traballo da monitora, incluso sumándose a algunhas das actividades. A proposta pecha cun moi bo sabor de boca, como unha experiencia para aprender, divertirse e medrar en movemento.
Ao longo destas semanas, arredor de 20 nenos e nenas iniciáronse e melloraron as súas habilidades neste deporte, desfrutando do exercicio, aprendendo e pasándoo en grande. O Concello agradece a participación da rapazada e o apoio das familias, e reafirma a súa aposta polo deporte e por ofrecer alternativas de ocio activo para os máis pequenos. A actividade estivo organizada polas Concellerías de Xuventude e Deporte e pola Oficina de Información Xuvenil.
A actuación estará a cargo da Coral Polifónica de Ribadeo coa colaboración do Coro Sagrado Corazón. A entrada solidaria ten un prezo de 6 euros e poderá adquirirse na billeteira do teatro o mesmo día, en horario de 12:00 a 13:30 e desde as 19:00 horas. O evento conta coa colaboración da AECC Lugo, o Concello de Ribadeo e o espazo cultural Castillo San Damian.
Trátase dun espazo seguro, educativo e dinámico, no que os máis pequenos poden comezar o día antes da entrada ás aulas. As solicitudes poden presentarse no Concello de Cervo ou na Casa da Cultura, e o servizo comezará o 9 de setembro. Cervo Madruga, un programa pensado para seguir apoiando ás familias do municipio.
Unha xornada de convivencia que comezará ás 11:30 h na Alameda, con misa de campaña, sesión vermú, comida, sorteo e festa ata as 19:00 h. A principal novidade é o menú con paella, sobremesa, bebida e café. Para participar é preciso vale: 7 € para persoas empadroadas e 10 € para non empadroadas e acompañantes, dispoñible nas oficinas municipais, onde tamén se pode solicitar transporte. Senllos concellos animan á veciñanza maior a sumarse a esta cita de encontro e recoñecemento.



