Viveiro, 18 de agosto de 2021. Nos usos políticos existe, desafortunadamente, unha tolerancia considerablemente máis alta que na maior parte dos outros campos de relación social con respecto á interpretación da realidade. Pero, incluso en política, e nun tempo como o que nos toca vivir, hai límites. Pois ben, en opinión do portavoz popular, Óscar Rodríguez, a alcaldesa de Viveiro, María Loureiro (PSOE), descoñece os límites en canto ao tolerable no que se refire ao recurso á demagoxia e a impostura política. Só así, sinala Rodríguez, é posible que despois de que o seu partido, o PSOE, rexeitara en varios ámbitos (un deles, a Deputación, da que Loureiro forma parte) as iniciativas do PP para non incluír ao lobo do Listado de Especies Silvestres en Régimen de Protección Especial veña agora demandando “unha reunión coa conselleira de Medio Ambiente, Ángeles Vázquez, co obxectivo de tratar a problemática do lobo que está a afectar ao municipio”.
A alcaldesa parece que, tarde, mal e arrastro, empeza a comprender, agora que choven as críticas cidadáns, “a problemática situación que acontece dende hai meses e que se está agravando dende hai un tempo derivada dos animais que aparecen atacados polo lobo, como ovellas, vacas ou cans, e outros que desaparecen”. O texto entrecomiñado está sacado da páxina de Facebook do Concello de Viveiro; no mesmo texto dise que o problema “afecta á provincia de Lugo, e concretamente, entre outros, ao Concello de Viveiro”. A alcaldesa de Viveiro forma parte da Deputación na que o PSOE rexeitou a iniciativa popular para non incluír ao lobo do Listado de Especies Silvestres en Régimen de Protección Especial; por certo, no Parlamento de Galicia acadouse acordo no seu momento.
Rodríguez tamén sinala: “Ten razón a señora Loureiro cando na citada páxina do Concello de Viveiro di que nos últimos tempos a situación empeorou” e “ademais de sucederse os ataques no rural, cada vez estanse incrementando máis na zona urbana, con proximidade ás vivendas, co perigo que esta situación pode implicar non só para os animais domésticos senón tamén para as persoas”. Os populares din que ten razón a alcaldesa de Viveiro: a situación empeorou. O portavoz popular sinala: “E máis empeorará se o Goberno de España non recúa neste asunto. E vostede, señora Loureiro, e o PSdeG serán os responsables, e non lle vale de nada intentar desviar a atención cara á Xunta; a responsabilidade é do Goberno de España, é dicir, do PSOE, que é tanto como dicir do partido ao que vostede representa no Concello de Viveiro”. Rodríguez lembra que o Consello de Estado cuestionou seriamente a orde pola que se incluía o lobo no citado listado de protección especial.
O portavoz popular di: “María Loureiro debe deixar de intentar enganar aos veciños e esforzarse por ser máis coherentes e menos demagoga”. Engade: “Canto mellor sería que falase cos seus compañeiros de Madrid e deixaran as cousas como estaban, porque o lobo xa tiña suficiente protección sen chegar a estes extremos”. Tamén destaca que o Goberno de Pedro Sánchez “ten o rural totalmente desatendido e María Loureiro está facendo o mesmo coas nosas parroquias”.






















O público poderá degustar embutidos de porco celta da gandería Celtagal, de Mondoñedo. O deputado de Rural Daniel García, Alba Fernández, da organización das festas, e Iván Rodríguez e Jose Barreira, representantes de Asoporcel, presentaron a iniciativa, que se inclúe no programa de fomento do consumo de razas autóctonas Un gusto de rural, un rural de gusto. O programa, posto en marcha en 2025 para socializar as calidades gastronómicas das carnes de razas autóctonas galegas con diferentes receitas, prevé este ano 37 degustacións en mercados, feiras e outras celebracións populares. Na organización, que conta coa colaboración das asociacións Puraga, Asoporcel e Boaga, prímase o emprego de materia prima de gandeiras e gandeiros locais.
O obxectivo é facilitar que os mozos e mozas que o desexen poidan facer uso destas instalacións. A medida permitirá empregar o campo para a práctica deportiva e para a organización de partidos informais durante o período estival. Desde o Concello de Viveiro sublíñase a importancia de ofrecer espazos deportivos accesibles durante as vacacións de verán e de favorecer hábitos de lecer activo entre a mocidade.
A convocatoria foi realizada polo Concello para amosar a solidariedade de Ribadeo con esta catástrofe natural.
No evento participarán todas as seccións da escola, que amosarán o traballo desenvolvido ao longo do ano. A entidade adianta tamén que está a ultimar os preparativos da XL Feira do Bonito, da que ofrecerá máis información proximamente.
Renova o seu compromiso co club despois de facerse cargo do equipo a mediados da campaña pasada. O técnico pontenovés afrontará este novo ciclo con traballo, compromiso e ilusión para seguir liderando a nave celeste.
O evento, organizado por O Arco da Vella coa colaboración do Concello de Barreiros e o CEIP San Miguel, contará coa participación dos grupos ACF Gamelas e Anduriñas de Espasante e O Arco da Vella de San Miguel de Reinante. Antes do festival haberá un pasarrúas con saída desde a Praza do Souto.



