Foz, 12 de setembro, 2021. No día de onte, sábado 11 de setembro, celebrouse na localidade cántabra de Oruña de Piélagos o Campionato de España media maratón. O noso embaixador e representante na proba foi Simón Río.
O noso atleta, que compartiu o evento con figuras de renome no panorama do fondo español como o ‘Chiki’ Pérez ou Toni Abadía, fixo un gran papel neste campionato. Simón ocupou o 66º posto da xeral (486 participantes) e o 30º posto da súa categoría (senior), detendo o crono en 1h 14’07”.
Se xa é meritoria a participación neste campionato e o resultado acadado, cobra máis valor ao saber que, na última semana de preparación antes da proba, Simón arrastrou molestias no seu pé dereito e na zona do tendón de Aquiles que non lle permitiron planificar nin render ao máximo das súas prestacións.
A verdade é que se nos esgotan os adxectivos con Simón. Pouco se pode dicir dun compañeiro que é un exemplo de constancia, disciplina e ganas de seguir mellorando día tras día.























Trátase dunha viaxe para dúas persoas con estancia de catro noites nun hotel de catro estrelas en réxime de todo incluído, voos e equipaxe. O sorteo tivo lugar o pasado mes de xuño.
A cita previa pode solicitarse a través do teléfono 981.928.080 ou da web
A medida tamén fai que as familias perdan a gratuidad do comedor escolar, asumindo un gasto novo. O Concello reclama recuperar a parada mentres non exista unha alternativa segura e manter tanto o transporte como o comedor gratuíto, pedindo unha solución urxente que non prexudique ás familias de Mántaras.
Un total de 32 participantes déronse encontro nesta segunda edición, demostrando o seu nivel e desfrutando dunha mañá de competición e compañeirismo. Os gañadores das diferentes categorías foron: Antón Pernas (Sub 8), David Bustabad (Sub 10), Xulio Pernas (Sub 12), Deivid Pérez (Sub 14), Manuel Castro (Sub 16) e Breixo Alvite (Sub 18). A alcaldesa de Cervo, Dolores García Caramés, entregou os trofeos e medallas aos vencedores. O Concello felicita a todas as persoas participantes polo seu esforzo e por contribuír ao crecemento do xadrez no municipio, reafirmando a súa aposta polo deporte, pola participación e por ofrecer novas oportunidades para gozar e aprender.
A proba , organizada polo Club Ciclista Viveiro, reuniu máis de 130 ciclistas e coroou as campioas galegas de todas as categorías femininas -desde infantil ata master-, e aos campions galegos de infantil e cadete. A Praza da Galeguidade acolleu a saída e meta da competición, que se desenvolveu nun circuíto estático de 18,9 quilómetros pasando polo Porto da Gañidoira, a 699 metros de altura.
Trátase de dous MG ZS Hybrid+ Comfort, equipados coa tecnoloxía híbrida autorrecargable Hybrid+, que permite combinar eficiencia e un menor consumo no uso habitual. Segundo os datos do fabricante para este modelo, presenta unhas emisións de entre 113 e 115 g/km de CO₂ e un consumo de combustible de entre 5 e 5,1 litros aos 100 quilómetros, segundo o ciclo WLTP. A adquisición supuxo un investimento de 51.848,50 euros, IVE incluído, financiado a través do Fondo de Compensación Ambiental correspondente ao ano 2026.



