Ribadeo, 16 de setembro de 2021. O alcalde, Fernando Suárez, amósase satisfeito de ter aprobado definitivamente o Peprich e de que teña entrado en vigor o mes pasado. O traballo do equipo de goberno para darlle un novo impulso ao casco vello continúa agora solicitándolle á Xunta unha nova figura xurídica que substitúa ao Ari. Trátase do Plan Rexurbe para o conxunto histórico da vila.
O rexedor dixo: “estamos moi ledos e moi orgullosos de termos aprobado definitivamente o Plan Especial de Protección do Conxunto Histórico (Peprich) e de que este xa teña entrado en vigor desde o mes pasado”.
Suárez Barcia contou que “de feito, desde hai semanas estamos notando un incremento de consultas para rehabilitar ou desenvolver actuacións no casco vello que ata o momento non se podían levar a cabo precisamente pola falta desta normativa tan imprescindible nos últimos anos. Seguramente nos vindeiros tempos entrarán solicitudes de licencias de obras que serán outorgadas pola Xunta de Goberno e que seguirán contribuíndo a mellorar e a revitalizar un dos conxuntos históricos máis importantes do país”.
O alcalde ribadense sinalou que “con todo, desde o Concello de Ribadeo queremos seguir coa nosa política de impulsar a mellora dos inmobles, con diálogo, con determinación, tamén con firmeza se é necesario, pero coa vontade última e única de que ao mellorar as edificacións particulares estaremos mellorando tamén a riqueza colectiva de vivir nun entorno digno e atractivo”.
O equipo de goberno traballa en dous obxectivos inmediatos: “nestes días estamos enviando unha nova remesa de notificacións con ordes de rehabilitación tanto de edificios (fachadas, carpintería de exteriores, cubertas, canalóns, etc) como de limpeza e desbroce de leiras cheas de maleza, así como reiteración de varias multas coercitivas para os que non fixeron caso dos requirimentos anteriores”.
Fernando Suárez subliñou: “e por outra banda, queremos dar un novo impulso ao casco vello agora que temos en vigor o Peprich coa solicitude á Xunta de Galicia dunha nova figura xurídica que veña substituír a Área de Rehabilitación Integral (ARI). Trátase da solicitude dun Plan Rexurbe para o conxunto histórico da vila. Este plan contempla a dinamización aínda máis profunda deste ámbito, tanto en actuacións públicas como privadas, contando cunha maior contía e porcentaxe de axudas económicas destinadas á rehabilitación de vivenda”.
O rexedor explicou que “o Plan Rexurbe preténdese para o ámbito de todo o conxunto histórico, aínda que se van suxerir varias accións especiais en ámbitos degradados como o barrio de Cabanela, ou edificios como o actual xulgado de paz ou a contorna e máis a capela da Virxe do Camiño. Nestas actuacións singulares as administracións públicas actuantes dispoñerán de instrumentos xurídicos e económicos para impulsar melloras importantes”.
E engadiu que “desde o goberno municipal, xunto aos técnicos municipais, xa mantivemos xuntanzas e contactos desde hai varios meses para presentar formalmente esta petición perante o Instituto Galego da Vivenda e o Solo, dependente da Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda. Contamos levar este asunto ao vindeiro pleno da Corporación Municipal que celebremos”.























A xornada incluirá feira de artesanía desde as 11:30, inauguración ás 12:30 e xantar popular ás 14:45, con tickets dispoñibles ata o 9 de setembro. Haberá showcookings, degustacións, pasarrúas, xogos tradicionais, concentración de Vespas e demostracións de oficios. A organización espera repetir o éxito da última edición, na que se serviron uns 800 pratos.
O acto celebrarase este venres 4 de setembro ás 20:30 horas na sala de exposicións. Servirase un viño e un pequeno petisco. A mostra permanecerá aberta ao público ata o 4 de novembro.
Unha iniciativa destinada "a expresar apoio, afecto e solidariedade con Ceuta". A concentración terá lugar diante da Casa do Concello.
O Concello destacou que esta primeira edición nace para impulsar a creación literaria e manter vivo o legado de Manuel García-Galano. A obra gañadora, definida pola autora como unha historia de suspense psicolóxico sobre amizade, lealdade e segredos, engádese á programación cultural da XXXIII Feira Campomar. Con este premio, o concello inicia unha traxectoria destinada a honrar a figura do escritor a través da literatura.
Villares felicitou á entidade lucense polos éxitos acadados na última tempada e puxo en valor “o traballo e dedicación dos nadadores e nadadoras e o esforzo do equipo técnico” do club. Recalcou en especial o impulso ao deporte base dende idades moi temperás, en liña coa aposta da Xunta por fomentar a actividade física entre os nenos e nenas con accións como o programa de deporte escolar Xogade, que no curso pasado chegou case ao 60% do alumnado galego.
A convocatoria enmárcase na iniciativa promovida pola FEMP para trasladar desde as entidades locais o seu apoio e solidariedade coa Cidade Autónoma de Ceuta. Deste xeito, Viveiro únese á convocatoria xunto con concellos de todo o territorio, amosando o seu respaldo institucional á Cidade Autónoma.
A obra premiada aborda a emigración galega desde unha voz feminina, e o pregón destacou o traballo colectivo e a transmisión entre xeracións dentro da Banda. Con este acto, o Concello dá inicio a unha programación festiva que nos próximos días combinará tradición, cultura, deporte e música para todos os públicos.



