Viveiro, 23 de setembro de 2021. O goberno local anuncia que o sábado haberá unha recepción ao atleta olímpico Adrián Ben, que recibirá a consideración de fillo predilecto de Viveiro. O portavoz municipal do PP, Óscar Rodríguez, considera que a alcaldesa, María Loureiro, ten unha oportunidade de ouro para anunciar, durante a recepción, a construción das largamente esperadas pistas de atletismo de Lavandeiras. Noutro caso, quererá dicir que o goberno municipal renuncia a levar adiante dito proxecto, de ampla demanda social, e que, unha vez máis, opta polo anquilosamente e por deixar ao Concello sen infraestruturas e servizos necesarios para Viveiro. Os populares presentaron en febreiro do ano pasado unha moción para a construción das pistas e para que leven o nome de Adrián Ben.
Óscar Rodríguez sinala: “Hai ano e medio, o grupo popular presentou ao pleno unha moción para a creación das pistas de atletismo do campo de Celeiro. Pasou o tempo e nada se fixo. O asunto vén de vello, de moi atrás, porque xa o 30 de xaneiro de 2009 o alcalde socialista naquel momento propón a creación de oito pistas de atletismo, dúas de tenis, unha polideportiva e outra de aeromodelismo, todo elo ubicado en Lavandeiras. Nese mesmo ano, La Voz de Galicia, o 29 de maio, publica que o presidente da Deputación fixa en dous millóns de euros a inversión prevista por este organismo en Lavandeiras e inclúe un campo de fútbol, oito pistas de atletismo, vestiarios e gradas”.
Rodríguez engade: “En 2013, máis compromisos; dise que os 110.000 euros do fondo ambiental serán para as pistas de atletismo de Celeiro; dicíase que o proxecto xa estaba redactado. Pero nada se fixo. Pasou o tempo, e nada de nada. Outros concellos están facendo os seus deberes e nós, aquí, de seguir así, anquilosados, como sempre”.






















Xunto a este grupo de alumnos e profesores estiveron o alcalde, Dani Vega, e a concelleira de Seguridade, Montse Seijo.
A edición incorpora como novidade a primeira inmersión da imaxe da Virxe no porto, prevista para o 11 de xullo. O Día do Carmen, o 16, manterá os actos máis emblemáticos, como a Misa Solemne, a Procesión Mariñeira e a descarga pirotécnica. O programa inclúe verbenas, concertos, actividades infantís, o Día do Bollo e o desfile de Cabezudos. O Concello e SofiTapia animan á participación nunhas festas que volverán converter a vila nun punto de encontro. Os actos no Auditorio Municipal serán de entrada libre ata completar aforo.
Durante a súa estancia na capital, tiveron a oportunidade de coñecer o Senado, onde foron recibidos, entre outros representantes, polo senador lucense José Manuel Balseiro, veciño de San Cibrao e pola deputada no Congreso, Cristina Abades, que traballou durante anos na Casa do Concello. Balseiro deulles a benvida á Cámara e acompañounos nun percorrido polas súas principais dependencias, explicándolles o funcionamento da institución e o labor que desenvolven os senadores. O parlamentario agradeceu á asociación Terra-Mar a organización desta iniciativa, que contribúe a achegar as institucións aos cidadáns e a fortalecer os vínculos entre a Mariña e a representación que exerce a provincia de Lugo no Senado.
Ademais, a medida responde a razóns de seguridade e operatividade, xa que a presenza de público nestas xornadas impide que os camións de recollida poidan acceder e circular con garantías por esta zona. Durante eses cinco días, os contedores permanecerán instalados nos seus emprazamentos habituais para que a veciñanza e os visitantes poidan depositar neles os residuos. Ademais, o servizo de limpeza reforzará as tarefas nos puntos vinculados á celebración do festival. O Concello solicita a colaboración da cidadanía para manter os espazos públicos nas mellores condicións posibles.
"Este éxito é froito do teu esforzo, dedicación e constancia, e é un orgullo para todo o noso concello. Desexámosche moitos máis éxitos deportivos e que sigas representando a Cervo e ao Club Deportivo San Ciprián con tanta ilusión e talento", salientan desde o consistorio.
A mostra reúne imaxes tomadas en Galicia, Cataluña, Aragón, Andalucía, Senegal e Escocia, ofrecendo un percorrido pola biodiversidade e polos vínculos entre distintos ecosistemas. O fotógrafo, naturalista especializado en ornitoloxía, invita a contemplar a natureza cunha mirada pausada e consciente a través de 50 especies de fauna. Permanecerá aberta ata o 29 de xullo.
Con este xesto simbólico, expresou a súa solidariedade co pobo venezolano, trasladando o seu apoio ás familias das persoas falecidas, feridas e afectadas por unha traxedia que continúa deixando un elevado número de vítimas e miles de damnificados.



