Viveiro, 23 de setembro de 2021. O Concello de Viveiro forma parte da iniciativa de Belinda Washington, que baixo o nome de “Los viajes de Belinda”, ten como obxectivo a promoción da Mariña, traendo a persoas populares para coñecer e descubrir a comarca.
Dentro deste proxecto, Viveiro acollerá a un destes grupos, nos que está confirmada a asistencia, ademais da propia Belinda Washington, de Mariló Montero, Miriam Díaz Aroca, Itziar Castro, María Isabel Díaz (Vis a Vis) e Carol Rovira (Luimelia).
O grupo chegará hoxe e ata o vindeiro domingo pernoctarán en Viveiro, onde desfrutarán dunha serie de actividades organizadas pola Concellaría de Turismo. No programa inclúense diferentes rutas e visitas, así como varias comidas e ceas en diferentes establecementos hostaleiros do municipio ou a representación do conxuro da queimada.
Tamén se organizou un acto para recbiri ao grupo hoxe, ás 20:00 horas, diante do Hotel Urban, cunha alfombra vermella e un grupo de danzas e gaitas, animando a todos os veciños e veciñas que o desexen a participar neste recibimento.
O goberno municipal considera que esta iniciativa de Belinda Washington, na que participa o Concello de Viveiro, contribuirá á promoción turística do municipio. Deste modo, daranse a coñecer as múltiples posibilidades que a vila ofrece aos visitantes e mostrando os seus recursos como un destino turístico de calidade.























Varios grupos participan en obradoiros de cestería na Devesa e de manualidades en Rinlo, Cinxe e As Anzas. A Área de Benestar Social, Saúde e Familia quere “potenciar deste xeito a convivencia e encher de propostas os locais sociais do noso concello e de entretemento ás persoas que viven nas parroquias de Ribadeo”.
A programación inclúe propostas variadas como cociña, manualidades, cestería, risoterapia, baile e poda, pensadas para ofrecer alternativas de lecer e fomentar un envellecemento activo entre a veciñanza. Desde o Concello destacan que as actividades “están a ter unha resposta moi positiva por parte dos veciños e veciñas”, o que demostra o interese por este tupo de propostas. Neste sentido, poñen en valor a importancia de promover este tipo de iniciativas, xa que “contribúen a promover un envellecemento activo e melloran a calidade de vida das persoas, xa que fomentan a participación social e serven como punto de encontro”.
O xurado profesional outorgou o primeiro premio ao Restaurante Ca Vitoriano por “El susurro del llagar”, seguido do Blanco Hotel Spa e de Los Olivos. No xurado popular, o triunfo foi para Los Olivos, acompañados no podio polo Novak Café e A Mar de Fondo. O Concello de Navia destacou o impacto do evento no dinamismo da vila e o papel clave da hostalaría como motor económico e turístico.
Fixoo no marco do Campionato Galego de Coctelería celebrado no Hostal dos Reis Católicos.
Ocorreu pasadas as 15:30 horas. Un traballador tivo que ser evacuado ao hospital logo de caerlle o tronco dunha árbore enriba mentres realizaba tarefas no monte en Cervo. Aínda que estaba liberado e consciente, precisaba asistencia sanitaria. Os profesionais de Urxencias Sanitarias de Galicia-061 trasladárono finalmente ao Hospital de Burela. Neste operativo tamén participaron a Garda Civil e a Policía Local de Cervo.
O presidente, José Manuel Gómez Puente, destacou o bo tempo e o reencontro do grupo nun percorrido de 22 km entre Pedrafita e Triacastela. A próxima etapa será o 1 de maio, entre Triacastela e Sarria, e xa está aberta a inscrición no teléfono 623 22 68 25.
Ás doce en punto, tres foguetes —un por cada palabra do nome oficial— foron lanzados desde O Castrodouro, capital histórica do termo municipal e orixe da localidade, pois alí, hai 806 anos, Afonso IX concedeu o título de vila e todo un distrito que administrar; episodio histórico do que deriva o nome do concello. Os veciños reunidos mostraron a súa satisfacción pola recuperación da denominación histórica, afirmando moitos deles que nunca deixaran de empregar o nome completo. Do mesmo xeito, os maiores agradeceron aos impulsores da iniciativa a restitución do topónimo que a historia legou ao municipio alfocés.



