Ribadeo, 5 de outubro de 2021. O Concello e Acisa asinaron hoxe un convenio extraordinario de colaboración por importe de 17.000 euros, que terá como obxectivo principal a renovación da imaxe comercial e turística de Ribadeo. O presidente de Acisa, Francisco Iriarte, agradeceu o apoio do Concello para poder desenvolver este proxecto. A sinatura tivo lugar esta mañá no salón de plenos. Na mesma participaron o alcalde, Fernando Suárez, o concelleiro de Comercio, Pablo Vizoso, así como o presidente e o xerente de Acisa, Francisco Iriarte e Jesús Pérez.
O concelleiro de Desenvolvemento Local e Comercio, Pablo Vizoso, declarou que “o comercio é unha actividade primordial na economía local de Ribadeo e Ribadeo é un referente comercial e de servizos en toda a comarca. O Concello tamén ten como obxectivo primordial acadar, modernizar e fomentar o comercio de Ribadeo para que resulte interesante e máis atractivo para quen nos visita e tamén, por suposto, para os nosos veciños e veciñas”.
Vizoso Galdo explicou que “con estas bases asinamos con Acisa o convenio extraordinario de colaboración Ribadeo preto de ti, cunha achega económica de 17.000 euros de fondos procedentes do Concello, e que ten como obxectivo principal a renovación da imaxe comercial e turística de Ribadeo centrándonos en dúas grandes liñas. Por un lado, a renovación de elementos da sinalética como marquesiñas, banderolas dos comercios, muppis, pantallas e outras estruturas e elementos informativos da vía pública. Apoiámonos tamén na tecnoloxía a través do sistema QR web que, deste xeito, vai estar presente como un distintivo en tódolos escaparates e os accesos dos diferentes establecementos asociados a Acisa, para poder ser escaneado de forma sinxela dende o seu teléfono móbil polos veciños de Ribadeo e por quen nos visite, e ter acceso á información relevante en diferentes ámbitos, incluída a programación cultural, eventos ou guías de ocio e, por suposto, a información comercial e turística do noso concello”.
O presidente de Acisa, Francisco Iriarte, manifestou que “vimos de firmar este convenio co Concello de Ribadeo polo que estamos moi agradecidos porque grazas a el imos ter un investimento de algo máis de 20.000 euros para, entre outras cousas, a identificación dos locais de Acisa de Ribadeo. Queremos agradecer expresamente o esforzo económico que realiza o Concello de coa firma deste convenio extraordinario, que se suma aos 15.000 euros do convenio ordinario deste ano 2021, como axuda directa á nosa entidade”.
Lembrou que “xa comezamos cambiando a imaxe corporativa o ano pasado e neste, grazas a este apoio e tamén con fondos propios, imos cambiar os muppis informativos que temos en Ribadeo co plano, vai aparecer a información cultural do Concello e contaremos cun código QR-web que identificará a todos os nosos socios e socias, escaneándoo levará á veciñanza e aos visitantes á maior e mellor fonte de información, turística, comercial e hostaleira”.
Iriarte Quintana subliñou que “imos cambiar unha cousa que para nosoutros é moi importante, dar a benvida e dar as grazas coa instalacións duns muppis na entrada e saída de Ribadeo.
Posteriormente imos pasar a cambiar as identificacións que temos nos nosos locais de Acisa. Insistimos en dar as grazas ao Concello porque sen eles era imposible facer isto, a nosa achega é moi pequena e a deles para nosoutros é moi grande, 17.000 euros para nosoutros era unha cantidade inalcanzable. Agora a desfrutalo en canto estea todo listo”.
E engadiu que “este é un proxecto enfocado á modernización, actualización e especialmente á dixitalización da información turística e comercial de Ribadeo. Deste xeito respondemos aos compromisos que a actual directiva estableceu cos seus asociados e asociadas na última asemblea xeral e que eran unha reclamación constante desde hai anos”.



















Ocorreu pasadas as 15:30 horas. Un traballador tivo que ser evacuado ao hospital logo de caerlle o tronco dunha árbore enriba mentres realizaba tarefas no monte en Cervo. Aínda que estaba liberado e consciente, precisaba asistencia sanitaria. Os profesionais de Urxencias Sanitarias de Galicia-061 trasladárono finalmente ao Hospital de Burela. Neste operativo tamén participaron a Garda Civil e a Policía Local de Cervo.
Subliñou o traballo colectivo, o papel do voluntariado e a participación de arredor de mil corredores. Tamén puxo en valor o impacto económico e social da proba e o apoio institucional que permite o seu crecemento, incluída a difusión en streaming que levou a CAMOVI e a Viveiro a todo o mundo.
O presidente, José Manuel Gómez Puente, destacou o bo tempo e o reencontro do grupo nun percorrido de 22 km entre Pedrafita e Triacastela. A próxima etapa será o 1 de maio, entre Triacastela e Sarria, e xa está aberta a inscrición no teléfono 623 22 68 25.
Ás doce en punto, tres foguetes —un por cada palabra do nome oficial— foron lanzados desde O Castrodouro, capital histórica do termo municipal e orixe da localidade, pois alí, hai 806 anos, Afonso IX concedeu o título de vila e todo un distrito que administrar; episodio histórico do que deriva o nome do concello. Os veciños reunidos mostraron a súa satisfacción pola recuperación da denominación histórica, afirmando moitos deles que nunca deixaran de empregar o nome completo. Do mesmo xeito, os maiores agradeceron aos impulsores da iniciativa a restitución do topónimo que a historia legou ao municipio alfocés.
Viveiro, 20 de abril, 2026. A proba volveu converter Viveiro nun punto destacado do deporte e da convivencia, ademais de supoñer un impulso económico para o municipio. María Loureiro destacou que a Camovi “é un exemplo de colaboración e esforzo colectivo, que sitúa Viveiro no mapa e dinamiza a economía local”. O Partido Socialista lembra o seu apoio histórico á carreira e reafirma o seu compromiso para seguir contribuíndo ao seu crecemento. O PSOE agradece tamén á veciñanza a súa acollida e implicación, fundamentais para que o evento continúe medrando ano tras ano.
Castro destacou o labor da Asociación e o potencial da tradición do ferro como motor económico, social e cultural para Riotorto, subliñando a importancia de impulsar iniciativas que garantan futuro para estes oficios. A Deputación de Lugo mantén unha colaboración estable coa entidade, cunha achega de 14.000 euros. No marco deste apoio, a Asociación avanzou na documentación dos oficios do ferro, catalogando ferramentas, técnicas e a historia das antigas “ferrerías de monte”.
O responsable provincial destacou "o traballo realizado pola organización ao longo destes anos para consolidar unha proba deportiva de primeiro nivel, que atrae tanto deportistas do máximo nivel competitivo como participación popular"



