Santiago de Compostela, 05 de outubro de 2021. O secretario xeral do PSdeG, Gonzalo Caballero, reclamoulle hoxe á Xunta que “deixe de buscar culpables e empece a buscar solucións” para o mantemento dos postos de traballo da fábrica de Vestas en Viveiro. O responsable socialista mantivo un encontro cos traballadores da factoría na concentración convocada polo comité de empresa na capital de Galicia.
O líder dos socialistas galegos emprazou ao goberno galego a “realizar un esforzo de coordinación” coas demais administracións para liderar unha fronte común co único obxectivo da continuidade dos postos de traballo dunha empresa fundamental para Viveiro. Lembrou que o goberno galego ten competencia exclusiva en materia industrial, e que ten que actuar sobre unha factoría localizada en Galicia e cun ERE presentado nesta comunidade.
Emprazou ao goberno galego a empregar tódalas vías posibles para frear un ERE que foi presentado ao mesmo tempo que a multinacional anunciaba o peche, demostrando “mala fe cos seus traballadores”. A decisión unilateral da empresa deixa a 115 persoas sen traballo nun momento especialmente difícil, que supón un “duro golpe para toda a comarca da Mariña.





















O alumnado de 2º curso das familias profesionais de Instalacións e Mantemento, Imaxe Persoal e Administración e Xestión remataron o curso e a súa formación en centros de traballo co que xa conseguiron a súa titulación como técnicos de grao medio ou grao superior para incorporarse ao mercado laboral. Desde o IES Perdouro, destácase o alto grao de empregabilidade destas ensinanzas e a importancia que para o ámbito laboral ten a incorporación destes profesionais, ao mesmo que lles trasladamos os parabéns pola súa recente titulación.
Destacou o labor da asociación xuvenil A Rumboia, que en poucas edicións converteu o evento nun referente cultural da Terra Chá e nun motor para o turismo e a economía local. O cartel inclúe Caamaño & Ameixeiras, Ulex, La Txama, Boyanka Kostova, Bea Fernandes e Lucasiito B2B Somiiux. Haberá tamén actividades para todas as idades —xogos, obradoiros, contacontos e artesanía— no campo da feira de Gontán, con entrada gratuíta.
O Parque María Cristina da Caridá volverá encherse de oficios, sabores, música e tradición os próximos días 4 e 5 de xullo
O xoves haberá unha gran sardiñada no Campo da Pascua e o venres dedicarase ao Día do Neno con atraccións a prezos populares. A organización corre a cargo da Comisión de Festas de San Xoán de Covas coa colaboración das administracións locais e autonómicas.
O delegado gabou o traballo realizado polo Motoclub A Cadeira para dar continuidade a esta proposta logo do éxito do pasado ano, “deixando claro desde a primeira convocatoria o seu poder de atracción e o importante papel de dinamización económica e social que xogan iniciativas deportivas e lúdicas como esta”. Na programación destacan a subida nocturna ao monolito da Cadeira, os simuladores de pilotaxe de moto GP e a exhibición de Stunt3Show, ou unha ruta turística. Ademais, houbo sesións vermú, música en directo, sorteos de premios, acampada gratuíta -cuberta e exterior- e food trucks, entre outras actividades.



