A Mariña, 12 de outubro de 2021. A terceira andaina deste outono de A Mariña en Ruta percorrerá Burela o vindeiro sábado, día 16.
A ruta polo porto de Burela permitiralles aos asistentes viaxar no tempo ata a orixe prehistórica desta vila, que co paso dos séculos converteuse nun dos principais portos do Cantábrico. A bordo do barco museo Reina del Carmen coñecerán a pesca tradicional do bonito, un dos produtos gastronómicos mellor valorados en Galicia, así como as labores diarias dos mariñeiros durante as costeiras. Oficios como as redeiras e instalacións como os estaleiros e a lonxa son testemuñas vivas do carácter mariñeiro de Burela, un pobo cunha xeografía marcada pola rasa cantábrica e unha paisaxe esculpida con formación xeolóxicas tan singulares como a chamada Igrexa de Coedo. A ruta por Burela será guiada por Lidia de la Fuente. As prazas ofertadas son 25, e aínda quedan prazas libres, segundo informan desde a Mancomunidade de Concellos da Mariña Lucense.
O pasado sábado, día 9, Trabada foi a protagonista da segunda andaina de A Mariña e Ruta, que completou as 25 prazas ofertadas. Os asistentes fixeron a Ruta da Fraga da Becerreira (PR-G 81, homologada pola Federación Galega de Montañismo que preserva as formacións vexetais do bosque húmido atlántico en moi bo estado, e que durante un percorrido de 6 quilómetros serviulle ao guía Boris Vilar para amosar e dar a coñecer mellor toda a biodiversidade e beleza paisaxística que alberga a natureza da localidade de Trabada, situada na Reserva da Biosfera do Río Eo, Oscos e Terras de Burón.
Ao remate da ruta os participantes coñeceron de primeira man o recen inaugurado Museo Etnográfico José Rocha e todos aqueles utensilios esenciais para a vida no rural así como moitos aspectos do estilo de vida de antano. Foi unha mostra de que Trabada ofrece grandes oportunidades a nivel natural e cultural, mantendo unha forte pegada que se fai patente aínda na actualidade do estilo de vida tradicional do rural galego.
A Mariña en Ruta está organizada pola Mancomunidade de Concellos, coa colaboración da Xunta de Galicia e da Deputación de Lugo, para axudar á dinamización da comarca no outono. A Pontenova o 23 e Riotorto o 30 deste mes serán os vindeiros destinos de A Mariña en Ruta.























O Concello destacou que esta primeira edición nace para impulsar a creación literaria e manter vivo o legado de Manuel García-Galano. A obra gañadora, definida pola autora como unha historia de suspense psicolóxico sobre amizade, lealdade e segredos, engádese á programación cultural da XXXIII Feira Campomar. Con este premio, o concello inicia unha traxectoria destinada a honrar a figura do escritor a través da literatura.
Unha iniciativa destinada "a expresar apoio, afecto e solidariedade con Ceuta". A concentración terá lugar diante da Casa do Concello.
A actuación estará a cargo da Coral Polifónica de Ribadeo coa colaboración do Coro Sagrado Corazón. A entrada solidaria ten un prezo de 6 euros e poderá adquirirse na billeteira do teatro o mesmo día, en horario de 12:00 a 13:30 e desde as 19:00 horas. O evento conta coa colaboración da AECC Lugo, o Concello de Ribadeo e o espazo cultural Castillo San Damian.
Villares felicitou á entidade lucense polos éxitos acadados na última tempada e puxo en valor “o traballo e dedicación dos nadadores e nadadoras e o esforzo do equipo técnico” do club. Recalcou en especial o impulso ao deporte base dende idades moi temperás, en liña coa aposta da Xunta por fomentar a actividade física entre os nenos e nenas con accións como o programa de deporte escolar Xogade, que no curso pasado chegou case ao 60% do alumnado galego.
A convocatoria enmárcase na iniciativa promovida pola FEMP para trasladar desde as entidades locais o seu apoio e solidariedade coa Cidade Autónoma de Ceuta. Deste xeito, Viveiro únese á convocatoria xunto con concellos de todo o territorio, amosando o seu respaldo institucional á Cidade Autónoma.
A obra premiada aborda a emigración galega desde unha voz feminina, e o pregón destacou o traballo colectivo e a transmisión entre xeracións dentro da Banda. Con este acto, o Concello dá inicio a unha programación festiva que nos próximos días combinará tradición, cultura, deporte e música para todos os públicos.
Durante esas xornadas realizaranse estudos xeotécnicos imprescindibles para planificar correctamente as actuacións previstas, o que require que a maquinaria e o persoal traballen directamente sobre a infraestrutura, impedindo o paso de vehículos. Recoméndase ás persoas usuarias empregar rutas alternativas durante o corte, que só permitirá o acceso ás dúas vivendas situadas na Barxa. O Concello pide desculpas polas molestias e agradece a colaboración da veciñanza.



