Lugo, 19 de outubro de 2021. O vicevoceiro do Grupo Provincial do PP, José Antonio García, comezará a desenvolver tarefas de coordinación e asistencia política-técnico-administrativa ás agrupacións locais, dento do Comité Executivo que preside Elena Candia. Deste xeito, o popular ven de renunciar no día de hoxe á acta de deputado provincial para dedicarse a este cometido, que será clave de cara ás vindeiras eleccións municipais.
A presidenta provincial deposita así no sarriao a súa máxima confianza, pois a nova responsabilidade que asume conleva unha importante dedicación e carga de traballo. Neste senso, José Antonio García agradece á dirixente provincial o apoio depositado na súa persoa, abríndose con elo unha nova etapa para o vicevoceiro na Deputación. “É unha nova tarefa coa que me comprometo, e fágoo ilusionado. Pretendo ser o enlace que precisan sobre todo aquelas agrupacións que teñen menos recursos para facer oposición e poder cambiar os gobernos actuais, dirixidos polo PSOE e o BNG”, afirma.
García quere ter tamén un recoñecemento público para todo o Grupo Provincial, e que vai dende a propia Candia no seu momento, ata o voceiro actual, Javier Castiñeira, como aos deputados e ao persoal do Gabinete. A este respecto, pon en valor o traballo que se está a facer a nivel provincial da man do portavoz Castiñeira. Precisamente, deste último destaca “a súa capacidade para traballar en equipo e de escoita permanente, como así se demostra na súa actividade diaria cos compañeiros, alcaldes, voceiros e veciños”.
Coa decisión de García dáse cumprimento tamén a un compromiso orgánico, asumido ao inicio do mandato, e que existía na comarca de Sarria. Como presidente do PP local, anuncia que tamén acordou con Elena Candia abrir unha programación de traballo máis intensivo para reforzar e renovar a estrutura da agrupación local de cara aos comicios de 2023; data para a que a formación popular se marca recuperar a alcaldía e poñer fin á parálise na que este municipio está inmersa a consecuencia do goberno independente de Claudio Garrido.
Neste senso, avanza que tamén “iniciaremos un período de reflexión e consultas na nosa formación e no que estou disposto a dar un paso atrás pero, por suposto, seguirei traballando no Partido local e provincial”.

















Este domingo, 8M, celebrouse un xantar no restaurante O Noso Lar no que participaron máis de 100 mulleres con posterior baile na Casa do Mar.
Reuniu na xornada deste sábado no pavillón de deportes a 700 ximnastas procedentes de diferentes puntos da provincia de Lugo e tamén dun club convidado de Pontevedra. Foi un día intenso de deporte e de convivencia, que tivo unha importante repercusión na hostalería local. Desde o Concello felicitan a todas as participantes, subliñan o traballo da organización (Escola Porta Norte) e agradecen o apoio das entidades colaboradoras.
Unha comedia orientada para público infantil escrita e dirixida por Bea Campos. Hora: 18h.
No marco do 8M, esta empresa de comunicación e publicidade decidiu celebrar a súa traxectoria reunindo a 18 mulleres diferentes para compartir as súas experiencias no ámbito persoal e profesional, co obxectivo de render un homenaxe á muller.
No acto, organizado coa colaboración da Vicepresidencia da Deputación e a área de Cultura do Concello, entregouse o Premio do Público ao filme Antes de Nós, de Ángeles Huerta, a obra máis votada pola cidadanía. A deputada de Cultura Iria Castro destacou que este encontro serve como adianto da gala e subliñou o orgullo de converter Lugo no epicentro do audiovisual galego durante estas semanas cheas de actividades arredor dos galardóns.
Cabe sinalar que o concello de Castro de Rei solicitou xa a súa adhesión ao novo convenio de xestión da biomasa nas faixas secundarias asinado entre a Consellería do Medio Rural e a empresa pública Seaga. Destacou así que a prevención é unha tarefa compartida por administracións e propietarios. Sinalou tamén as importantes novidades que presenta este convenio con respecto aos anteriores acordos, como é o incremento do orzamento, que ascende ata os 25 millóns de euros anuais.
A charla será impartida por Diego Fernández Méndez, colaborador da asociación, quen repasará a evolución do sector conserveiro e o seu impacto económico e social no municipio. A actividade inclúe un recoñecemento ás mulleres traballadoras de Conservas Albo, coincidindo coa conmemoración do 8M, cunha mención especial ás últimas empregadas que pecharon esta etapa histórica. A xornada rematará cunha degustación de produtos da marca.